miércoles, 11 de marzo de 2015

Ridículo.

Ridículo, lamentable, patético, bochornoso …………………… quedaría sen adxectivos para falar do que representou o Real  Madrid na noite de onte foi un dos partidos que máis vergoña pasei como madridista, será que os que  se xogan o finde apenas o podo ver ?, , demos moita peniña, xa non recordaba partidos así, se chega ser outro o rival penso que queiman o Bernabéu.


Por onde empezar, pois eu creo que o gran problema é de colocación e desequilibrio. Os equipos saben que o noso mediocampo está en inferioridade e atacan esa debilidade. O como é moi fácil, superar a inexistente primeira zona de presión e crear superioridade no medio.

Os tres de arriba ou non presionan, ou presiona un, ou fano solos e xa está o fillo feito. Como o equipo non é un bloque, senón que se divide en ataque e defensa os equipos contrarios poden facer festa. A defensa volve estar moi aculada, pegada a frontal do área co que hai 60 metros de distancia entre dianteiros e defensa. Se por encima  os medios non son especialistas pois branco e en botella e aínda que o foran é moita pradera que controlar.

Ademais se lle sumamos  as numerosas perdas en ataque o que deixaba sempre a BBC , Isco, un lateral como mínimo e moitas veces a Khedira, de que vai Khedira pero a culpa é de quen o pon ,  superados cun simple balonciño. Si o equipo non está xunto é imposible.

Así foi non gañamos un rexeite en todo o partido froito do absoluto desorde que fomos. Esa é a razón principal agora falaremos un pouco das menores, que non menos importantes.

A tripleta máxica  non se involucran e así é imposible roubar arriba e saír pitando cara a portería contraria.

O Real Madrid ten furados por tódolos lados e iso é porque estes xogadores non poden e outros non queren  facer bo o 4-3-3, o cal me leva a outro punto,  hai que voltar o 4-4-2.

Pero un 4-4-2 de verdade e para el dou dúas opcións quizais tres  e que elixa Carlo. Unha con Bale na esquerda e con gañas de ser interior e non pasar de todo, senón por moito que me doia terá que ir para a banqueta el , ou Benzema pero penso que a día de hoxe debería ser el.

A segunda opción e quitar a Kroos do posto de 5, a día de hoxe vese superado e fundido. Creo que onte non pillou un rexeite na frontal e mira que houbo uns cuantos, entre que non é un especialista e non pode, pois iso.

Quen debe xogar de 5 pois ou Illarra ou Lucas, así de claro, con Kroos, Isco e Modric no medio e arriba Cristiano e outro , a día de hoxe penso que Karim volvo a repetir. Ademais un tirón de orellas a máis de un non lle viría mal, están acomodados pois a disfrutar da comodidade do banquillo. Outro problema o acomodados que están os suplentes, ou o que os amargou Carlo. Podería quedar unha terceira opción subindo a un dos laterales titulares  o medio campo pero os suplentes non convencen.

O que me leva o seguinte tema, faleino antes de arrancar o partido que non me gustaba a alineación. Non me gusta que xogue Khedira por diante de Illarra e Lucas, un xogador que xa non pensa no Real Madrid non debe xogar no Real Madrid salvo forza maior. Tampouco me gusta que xoguen Coentrao e Arbeloa xuntos e vai e poñe os dous, penso que Nacho a día de hoxe é mellor lateral que calquera dos dous.

As razóns moi simples, Coentrao debe de ser o peor profesional da plantilla si quixera era un moi bo suplente, pero pasa de todo, vive lesionado, que tio. O caso de Arbeloa é distinto, penso que é un gran profesional pero xa non da o nivel do Real Madrid e díxeno fai tempo, dame pena por Álvaro pero é o que hai.

Si por encima Carlo despois de non darlle un “puto minuto” en séculos os suplentes os pon os tres xuntos, pasa o que pasou. Isto era  moi de “Bigotes” experto nestas laudes.

Chegamos a outro tema recurrente nos meus artigos que non vou desenrolar outra vez , non pos os suplentes en todo o ano podendo e despois cando che fan falla pasa o que pasa, culpa de Carlo. Non lle gusta ningún suplente penso, onte Lucas Silva a grada, para que o fichamos, que fai Casemiro en Porto ? Tampouco lle gustaba ? Demasiados interrogantes para un adestrador na picota , o Nou Camp pode dictar sentencia. Onte funme para a cama ca sensación de que ía custar traballo entrar entre os tres primeiros e iso é moi grave para este Real Madrid. Debeu quitar un de arriba e poñer un home máis no medio para controlar algo o partido, era un cambio simple coma contra o Vilarreal cando puxo a Illarra, pero nin de iso se deu de conta Carlo , a cara o final do partido decíao todo.


Entramos no tema final do que vou falar para non aburrirvos, o partido foi unha evidencia de que os rivais chegan moi fácil, que despois xoguemos sen porteiro e tema noso. Casillas xa non da o nivel do Real Madrid e penso que o equipo o sabe, creo que é outra das causas de que o equipo acule tanto. Onte despois do seu lamentable partido, exerceu coma capitán por primeira vez, para a galería ?

Isto todo sen ver as imaxes impactantes  que a bo seguro nos ofrecerán a mediodía os programas deportivos, medo me da e aínda así xa queimaría todo. Ou traballan coma un grupo no campo sen distancias ou aínda pode empeorar isto. Fai un ano dixéronlle a Isco os pesos pesados, amigo aquí ou corres ou vas listo, a ver si se aplican o conto todos, 10 km menos cos alemáns correu  onte o equipo, así que non todo foi desorde.




No hay comentarios:

Publicar un comentario