lunes, 2 de marzo de 2015

Ponteceso - Fisober B.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : CONCELLO DE PONTECESO – FISOBER “B” F.S.F. : 4-0.

CONCELLO DE PONTECESO : Salomé, Martina, Noa, Elsa e Sandra ; tamén xogaron : Carmén, Cintia e Ana.

FISOBER B : Alejandra, Andrea Piroja, Nuriña, Paula Fandiño e Laura ; tamén xogou : Antía.


ÁRBITRO : Paula Garrido  , CRONO  : Jose A. Lamas.

GOLES : Ana 2 goles, Elsa e Cintia 1 gol. Todos eles na primeira metade.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Ponteceso.

As necesidades do primeiro equipo que se levou a Tamara e Andrea Muíño xunto cas baixas que padece o filial, deixaron a  solo seis xogadoras en condicións  de xogar o derbi , as seis máis noviñas por certo  que a pesar de que os resultados non están a acompañar, deixan todo na pista e móstranse coma un grupo moi  unido.

O partido tivo pouca historia dominio local e as visitantes tentando aproveitar algunha contra.

Un gol tempraneiro e tres goles case seguidos nun tramo de despiste visitante  no último cuarto da primeira metade mataron definitivamente o partido.

Na segunda metade mesmo guión pero menos ocasións e electrónico xa non se moveu.


A vindeira semana o filial de novo terá derbi fronte o Lira en Vimianzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario