lunes, 23 de marzo de 2015

Fúuuuuuuuuutbol !

Onte o rematar o partido escribía : “Supoño que o barcelonismo estarà indignado por ganar xogando a contra , eso fai 2 anos non era fútbol decían. Mentras durou Don Luka Modric fomos infinitamente superiores. Si queren aplicarse , temos sorte cas lesións e volve pronto James hai Liga”. Agora vou explicar un pouco esas palabras.


Despois de tantas discusións absurdas do que era ou non era fútbol por parte do barcelonismo  onte viuse claro unha cousa, morreu o Tiki-taka non ? O Barça gañou cun balón parado e cunha contra e  a súa afección disfrutaba, polo tanto levaban mentíndonos e mentíndose uns anos. O conto do tiki-taka non o crían nin eles, eso era UN CONTO . Como dixo Mascherano : “El fútbol lo es todo, no solo la posesión. Buscamos ser un equipo total”. Supoño que Xavi lle diría algo no vestiario, un non sabemos gañar ou así. Algo que eu levaba anos tentado explicarlle os culés e onte por fin recoñeceron, xa que eu aínda non me atopei con ningún que dixera , así non se pode gañar, despois do comentario  vivín un record de respostas tanto no Face , coma no Juasap, apelando o resultado OMG. Que tan esclaviños somos das nosas palabras. O resultado señores o resultado, grazas por recoñecelo aínda que sexa tan a destempo i entre liñas.

Agora vou falar un pouco do partido, dividido en dúas fases claras, antes e despois do 2-1. Como dixo Modric exemplo no campo e fora : " Desde o 2-1 non fumos un equipo ". Non debemos esquencer que o fútbol son 90 minutos, non 60 se non aproveitas cando es mellor pois despois pasa o que pasa, somos o Real Madrid non vivimos de sensacións, vivimos de títulos, polo tanto funme decepcionado co resultado e os minutos finais , onde non chegamos nada. Non somos Paco para que nos gusten as sensacións eh ! A nosa famosa PEGADA onde andará.

Queda clara a importancia de Luka neste equipo , que importante é. Son moi de Bale pero espero máis del, tan negativa é a crítica sen sentido que está a sufrir como sobreprotexelo, as cousas analízanse con sentidiño e onte non estivo moi alá, nin Isco ollo. Xa sabemos que Bale é a mellor maneira de pegarlle o presi, el merece as críticas coma outros, nin máis nin menos.

Pero é que o banquillo non está a forzar nada a situación, Jesé non está !  está a ser  o peixe que se morde o rabo, se non xoga non colle ritmo, pero cando xoga non merece xogar, un problema vaia. E o resto  peor aínda. Carlo ten algo de culpa de non rodalos cando podía.

Non me gustaron os cambios, que manía con despoboar o medio para poñer xente arriba. Se non lle chegan balóns xa podes poñer a quen queiras que non a van cheirar, claro exemplo foi Messi que sen a bola foi un pantasma polo campo.

Preocupante tamén que onte con gañas de traballar arrasamos o Barça se o fixeran co Vilarreal e Bilbao, quizais a Liga sería nosa, por iso non perdonaría un ano sen títulos importantes.

O que me leva a outro tema importante, cun Barça en declive e sendo nos mellores, o noso pasotismo estalle a regalar títulos, algo que non se pode permitir. Vannos limpar outra Liga, sendo peores. Señores xogadores , somos o Real Madrid. Se facemos os 30 puntos a Liga é nosa, debemos e podemos facelo, coa ansia de 60 minutos de onte non co pasotismo de outros días. Pero ollo temos o Barça a 4 puntos ,  Valencia e Atleti a 4 e 5 se nos despistamos.

Para rematar vou falar de Casillas, sigo pensando que non é noso maior problema, pero si un problema, xa non da o nivel, onte para o final si! pero para salvar o average non o partido. Bravo parou cando o partido se estaba a decidir, nos momentos claves , el cando o Madrid estaba roto.  Por certo Ramos que non anda moi alá ca súa concentración, pon a defensa 10 metros máis arriba, importante,  aínda que nos goles vaia por deus.

P.d. o reparto de cartóns é cando menos discutible, como me diría alguén que coñezo, condicionou e moito nas contras no Barça que tiveramos toda a defensa con cartón. Pero perdemos por falta de pegada e de condición física.

P.d 2 : É máis fácil xogarlle o Barça que o Atleti, a defensa do Barça é unha festa.

P.d. 3 : O video que veredes de siareiros increpando en Valdebebas é un montaxe, dos amigos de.....

Grazas Lucho por liberarnos do Tiki-taka, non foi sen tempo.



Anteriores sobre o Real Madrid.


No hay comentarios:

Publicar un comentario