lunes, 23 de marzo de 2015

Alovera - Fisober. 6-3.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : ALOVERA – FISOBER F.S.F. :6-3.

ALOVERA : Verónica, Desi, Virginia, Elisabeth e Rocío ; tamén xogaron : Leticia, Jessi, Esther i  Eli.

FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Mai e Tamara.


ÁRBITROS : Israel Ortega e Victor Sotodosos , CRONO : Patricia Monreal.

GOLES : 1-0 Rocío, 2-0 propia porta, 2-1 Tamara, ( descanso ) 3-1 Leticia, 4-1 Elisabeth, 4-2 Noelia, 4-3 Myrella, 5-3 Leticia, 6-3 Virginia.

Partido disputado na tarde do sábado no P. M. La Dehesa de Alovera en Guadalaxara.

De novo un partido igualado no que o Fisober puido traer algo para a Costa pero volveu sen botín algún, pagou caro o seu mal inicio e a falla de gol cando o partido se igualou, ante un Alovera que aproveitou mellor os seus momentos de partido.

O inicio do partido non foi nada bo para as costeiras xa que os tres minutos Rocío poñía en vantaxe as locais complicando aínda máis o partido. O Fisober non se atopaba nada cómodo e as locais dominaban o partido o seu gusto.

Co paso dos minutos o Fisober foi entrando no partido e a súa primeira ocasión clara foi a cargo de Inés.

Pero os once minutos todo se puxo máis costa arriba se cabe, cando un despexe de Inés golpeou na cara a Mai , entrando mansamente na porta visitante, queda claro que a sorte tampouco esta cas costeiras.

Solo dous minutos despois Tamara reducía distancias para o Fisober, unha Tamara que acadaba o seu primeiro gol en Segunda División. Ese gol deu folgos as visitantes que gozaron duns bos minutos finais desta primeira metade, con moi boas ocasións para Mai e Noelia , pero o resultado xa non se moveu ata o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade non foi o mellor para as costeiras. Leticia avisaba cunha gran ocasión para as alcarreñas.

Unha Leticia que os sete minutos desta segunda metade facía o tres a un. Máis se compricaban as cousas cando Elisabeth transformaba un discutido penalti no catro a un que parecía pechar definitivamente o partido.

Cando todo parecía xa  perdido apareceron os mellores minutos costeiros i é que si algo ten este Fisober é que nunca se rende, loita ata o final, cun partido que se voltou tolo con ocasións en ambas porterías.

Noelia reducía distancias a once para o fin e Myrella deixaba o partido nun pano , cando aínda restaban oito minutos. Daba a impresión  que o partido tolo lle viña mellor as visitantes e as locais pediron tempo para tranquilizar a cousa. Ocasións en ambas porterías e protagonismo tamén para as porteiras.

As ocasións máis claras para as costeiras foron por mediación de Inés e Mai. Cando a dous e medio para o fin o Fisober tiña preparado xa o xogo de cinco, unha contra local finalizaba co gol de Leticia que poñía o partido case imposible.

Aínda así o Fisober sacou o xogo de cinco con Leti arriba, e gozou de moitas e boas ocasións, para Noelia, Ana e incluso un pau de Inés, pero quen si acertou foi o Alovera que nun roubo acadou o definitivo seis a tres obra de Virginia.


O Fisober non puido traer nada de Alovera co que decidirá boa parte da súa tempada no derbi da vindeira semana fronte o Leis Pontevedra en Vimianzo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario