jueves, 23 de abril de 2015

5 Coruña-Fisober B.1-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. : 1-0.

5 CORUÑA : Gema, María Veiga, Ali, Anita e Lupe ; tamén xogaron : Leny, Mel , Sofía e Ana.

FISOBER B : Alejandra, Paula Fandiño, Tamara, Nuriña  e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Paula Lema, Andrea Piroja e Laura.


ÁRBITRO : J. M. Carreira ; CRONO : Berta García.

GOLES : 0-1 Nuriña , 1-1 Ali , con ese resultado chegouse o tempo de lecer e despois foi definitivo.

Partido disputado na mañá do domingo no herculino Pavillón do Novo Mesoiro. Un filial que chegou A Coruña , cuns cores inhabituais que parece que lle deron sorte, camiseta branca e pantalón negro.

O filial acadou un meritorio punto ante o terceiro clasificado onde brilou a boa disposición, o traballo, cun equipo moi solidario en tódolos aspectos do xogo.

O bo partido das rapazas do filial costeiro refrendouse os catro minutos cun gol de Nuriña. Pouco lle durou a ledicia as costeiras  xa que Ali igualaba os seis minutos.

A pesar do tempraneiro empate as visitantes non se descompuxeron e seguiron coa súa boa labor. Con circulación do balón e algunha  ocasión, a mellor nesta primeira metade  por parte da goleadora Nuriña que enviou un balón o pau.

As herculinas tentaban moito lanzamento  lonxano que non acadaba o resultado esperado.

Na segunda metade acrecentouse o dominio local na súa busca da vitoria , pero as costeiras tamén tiñan as súas ocasións.

Un pau de Paula Fandiño e ocasións para Andrea Muíño e Tamara foron as mellores pola banda visitante.


Nos últimos minutos o empuxe das herculinas  meteu atrás o filial, pero resolveron e aguantaron o tirón  neses   últimos minutos e acadaron un balsámico punto despois de moito e moi bo  traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario