jueves, 26 de marzo de 2015

A Barca.

Vou a dar a miña opinión sobre o tema do Santuario da Barca , xa que dende onte levo visto bastantes declaracións de maior ou menor gusto. Non fun ver o Santuario por dentro , nin é que me apeteza moito. No tema da arquitectura son un neofito , como a maioría supoño.

Persoalmente non creo que se deba copiar o anterior Retablo , nin nada parecido, non tería sentido penso. Deberá facerse un novo que poída ter un valor engadido. Para a xente de idade é complicado iso, incluso para min ,pero non queda outra ten que ser así. Meu sobriño que vai para 2 anos recordará o do futuro e nos sempre teremos o do pasado na mente, algo co que non poderá competir o novo Retablo,  así de simple. Na medida do posible que unira o pasado e o futuro , así debe de ser o novo Santuario, o como deixollo para os especialistas.
Onte vin moitas risas e comentarios sobre o comportamento do pobo durante a entrega, de peli de Berlanga , incultura , ignorancia.... , pero a xente debe pensar que para moitas personas ver iso así é un shock , listos hai abondos polo mundo xa o vemos tódolos días , a incultura debe de estar toda en Muxía parece ser , en fin. Hai que contextualizar señores e saber o que representa o Santuario para o pobo e moitos sentidos, non solo no relixioso. 
Os calificativos de certos arquitectos ( penso que os comentarios que vin foron de parte interesada )nas redes sociais calificando a incultura da xente chocan un pouco. Evidentemente non sei de arquitectura e xa dixen o que opino que se debe facer , pero polo que escoitei tiveron algún que outro erro de funcionalidade , P. Ex. A Barca non entra no seu camarín ou algo así   . , portas que non abren ...... Sinceramente a min por moito que me digan que os mobles son de cereixo, a min parécenme de Ikea, a vostedes ?
Pero o que si sabe é Antón Castro o maior experto sobre o Santuario que coñezo,  de sobrado prestixio ,  e acaba de comparar a restauración co EcceHomo ou como se escriba , así que señores arquitectos tan ben non o deberon facer . Entrevista moi interesante en Radio Voz a súa.
Sobre gustos non hai nada escrito , pero ser arquitecto non implica mofarse da suposta incultura da xente, hai que entender e poñerse na pel da xente e ver o tema cunha certa perspectiva i educación. Tamén fago extensible isto a certos "periolistos" que opinan sin corroborar certos datos.

 Aquí coma en outros moitos temas de maior ou menor importancia , coma sempre,  o gran perxudicado é o pobo.


Un saúdo.

Escrito previamente no meu Facebook. Non é habitual que non fale de deporte no blog pero , hoxe merece a pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario