lunes, 16 de marzo de 2015

Fisober - Atlético B.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – FUTSI ATLÉTICO B : 0-1

FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Raquel, Mai e Tamara.


ATLÉTICO B : Cris, Mali, Ainhoa, Marta e Rocío ; tamén xogaron : Sandra, Laura, Elena, Alicia e Marilia.

ÁRBITROS : Jesús Montero e J. M. Carreira , CRONO : J. A. Fernández.

GOLES : Chegouse con  0-0 ó tempo de lecer , 0-1 Marta.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo cun pavillón ateigado de público  pola visita do filial do Atlético.


Nun partido moi igualado e cheo de emoción a vitoria caeu do lado madrileño que foi o único capaz de perforar a porta contraria cun solitario gol de Marta.

O comezo do partido sinalou o guión do partido , dominio visitante cun conxunto local esperando a media pista na busca de saír en rápidas contras. E xa no primeiro minuto o Fisober acadou  a súa contra , na que Noelia enviou cruzado lambendo o pau esquerdo da portería madrileña.

Os minutos foron pasando con ese desenrolo , control do balón do filial “colchoneiro” e as costeiras cun enorme traballo defensivo, tentado aproveitar as súas contras. Ningún dos dous equipos gozaba de ocasións moi claras e de chegar aparecían as porteiras para resolver con solvencia.

Con igualada a cero chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade nada cambiou na película do partido, todo transcorría de modo semellante a primeira, dominio visitante e gran traballo defensivo local. Os catro minutos da reanudación Mali enviaba un balón o trabe na mellor ocasión visitante ata eses momentos.

Os dous equipos  seguían confiando nas súas posibilidades. A mellor ocasión local foi mediada esta segunda metade cando un lanzamento lonxano de Mai golpeou nunha xogadora visitante e cando parecía que se coaba , cuns siareiros que xa cantaban o gol, apareceu unha man milagrosa de Marilia que puido trocar o partido.


Deulle alas as locais a ocasión que disfrutaron dos seus mellores minutos, pero Marilia , porteira visitante na segunda metade, mostrouse infranqueable. E as visitantes que tamén tiñan as súas , tampouco podían superar a Leti.

Pero a cinco minutos para o fin a visitante Marta non errou e marcou un gol que a postre foi definitivo. O gol foi un  duro golpe para o cadro costeiro, que arriscou máis e tentouno ata o fin pero as madrileñas mostráronse moi tranquilas e seguras. Sendo elas agora as que gozaban de ocasións a contra, tendo unha moi clara a dous para o fin.

Neses dous últimos minutos decidiron arriscar as costeiras  subindo a Leti o ataque de cinco con posesión de balón  pero sen acadar froitos.

En definitiva o Fisober volveu a dar a cara nun partido igualado pero sigue sen sumar nun Pavillón de Vimianzo que non lles está a traer sorte está tempada a pesares do bo traballo que está a realizar o equipo coma local. A mellor noticia foi a volta da capitana Ana lesionada dende Xaneiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario