lunes, 2 de marzo de 2015

Unami - Fisober. 7-1.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : UNAMI C.P.  – FISOBER F.S.F. : 7-1.

UNAMI : Elena, Marina, Sofía, Laura e Lucía ; tamén xogaron : Patri, Cris, María i Estela.

FISOBER : Leti, Tamara, Inés, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Raquel e Andrea Muíño.


ÁRBITROS : Sergio Moreno e Javier Rodríguez , CRONO : Aroa Jiménez.

GOLES : 1-0 Lucía, 2-0 Laura , ( descanso ) , 3-0 Lucía, 3-1 Noelia, 4-1 Laura, 5-1 Laura, 6-1 Cris, 7-1 Laura.

Partido disputado o pasado sábado no P. Pedro Delgado de Segovia.

A pesar do que indique o resultado final o Fisober mantívose no partido ata os minutos finais con ocasións claras para o 3 a 2  que non logrou materializar, nun raro partido no que recibiu na primeira metade dous penaltis en contra e un dobre penalti na frontal pero en ningún dos tres casos as locais foron quen de superar a Leti.

Arrancaba o partido con dominio local e cun Fisober tentando aproveitar algunha contra. O dominio do Unami non se traducía en ocasións moi claras e así ían pasando os minutos.

A ocasión máis clara por banda local foi un lanzamento o trabe por mediación de María no minuto oito.

Todo trocou os dez minutos cando os colexiados sinalaban un penalti que Patri enviaba fora. E os catorce minutos de novo os colexiados sinalaban un penalti a favor das locais, pero Leti era quen de detelo.

O equipo costeiro descentrouse  co segundo penalti e máis cando nese mesmo minuto Lucía adiantaba as segovianas. Foron minutos de agobio sobre a porta visitante que eran solventados por Leti que mantiña vivo o seu equipo.

A pouco máis de dous minutos para o fin desta primeira metade os colexiados sinalaban un dobre penalti na frontal que era detido por Leti. Cando parecía que o Fisober ía saír vivo desta primeira metade perdendo pola mínima , un gol na última xogada por mediación de Laura caía coma unha lousa sobre as visitantes.

Peor  comezaba a segunda metade cando no segundo minuto Lucía poñía o terceiro gol local. Parecía o golpe definitivo para as costeiras. Pero coma en toda está tempada chea de dificultades apareceu o corazón que ten este equipo e deu un paso adiante, non se rende e deixa ata a última gota de suor na pista.

Chegaron os mellores minutos visitantes. Cun lanzamento o trabe de Noelia e un o pau de Inés. O gol tiña que chegar e foi por mediación de Noelia os nove minutos. O partido abriuse moito con oportunidades por ambos lados.

E ata tres grandes ocasións tiveron as visitantes para apretar o partido. Tamara e Inés por partida dobre puideron reducir diferenzas e poñer nerviosas as xogadoras locais. Pero ese gol non chegou.

O que si chegou foi o gol de Laura a pouco máis de tres minutos para o fin que este si foi definitivo para a moral das costeiras. Que recibiron tres novos goles dende aquí o final obra de Laura, Cris e novamente Laura a quince segundos para o fin.

Destacar que foi o primeiro viaxe co primeiro equipo da xogadora do filial Andrea Muíño e que Ana quixo viaxar  co equipo a pesares de non estar aínda dispoñible para xogar o que amosa o compromiso do grupo a pesares dos resultados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario