lunes, 9 de marzo de 2015

Fisober B - Lira. 1-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – CONCELLO DE CARNOTA – LIRA F.S.F. : 1-1.

FISOBER B : Alejandra, Andrea Piroja, Nuriña, Paula Fandiño e Laura ; tamén xogaron : Tamara, Andrea Muíño e Antía.


LIRA : Lía, Inés, María Tobio, Sandra e Barbara ; tamén xogaron : Alba, Martina e María.

ÁRBITRO : Victoria Mosquera, CRONO : Rita López.

GOLES : Co 0-0 chegouse o descanso ; 1-0 Antía, 1-1 Sandra.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo.

O filial do Fisober acadou o  seu  primeiro  punto  na segunda volta e o primeiro punto coma local esta tempada, nun derbi no que despois de moitas semanas puido contar con máis de un cambio para o partido. Un encontro que puido gañar  xa que a tres minutos do final estaba en vantaxe no electrónico.

Co equipo liracho chegaba Alba Cambeiro que tantas tempadas militara no primeiro equipo do  Fisober e que deixara o equipo na tempada 2011-12.

A cadete baiesa Antía que anotaba o seu primeiro gol na Liga Provincial, nesta tempada na que se está a producir o seu debut na categoría e no clube. Un gol que chegou no arranque da segunda metade.

O  gol de Antía  foi neutralizado a tres minutos para o final pola visitante Sandra, poñendo o definitivo 1 a 1 co que se chegou o final do partido. Reparto de puntos o igual que na primeira volta.

O filial non terá partido ata o vindeiro día 28 no que visita a pista de A Baña onde milita outra ex coma María Maroñas  xa que a próxima semana deben descansar e a seguinte para a Liga.


Dende aquí darlle a Noraboa a Eva Lema, actualmente no Viaxes Amarelle e  que pertenceu moitos anos a disciplina do Fisober F.S.F. xa que ven de lograr ca selección galega sub 21 o Campionato de España disputado este fin de semana en Murcia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario