lunes, 30 de marzo de 2015

Baña - Fisober B. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : A BAÑA F.S.F.  – FISOBER “B” F.S.F. : 1-2.

BAÑA : Eva, Daniela, Rocío, Nerea e María Maroñas ; tamén xogaron : Andrea, Lucía, Lidia, Fany e Tania .

FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Andrea Muíño e Laura ; tamén xogaron : Andrea Piroja e Paula Lema.


ÁRBITRO : José Rodríguez ; CRONO : Roberto Míguez.

GOLES : 0-1 Nuriña, 1-1 Andrea, ( descanso ) , 1-2 Paula Fandiño.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal San Vicente de A Baña.

Despois de case unha volta sen facelo o filial do Fisober  rachou a súa xeira negativa e volveu acadar unha vitoria, algo que viña merecendo e polo que viña traballando nas últimas semanas.

O filial do Fisober fixo unha moi boa primeira metade . Despregando un fútbol sala moi asociativo e que lle permitiu crear boas ocasións.

Froito do dominio , mediada esta primeira metade, un balón filtrado por Paula Fandiño cara Nuriña deixouna no man a man ca porteira, da cal se desfixo cun excelso amago marcando a pracer o primeiro gol visitante.

Pero o dominio non se traduciu en goles e non desaproveitaron as locais para igualar nos últimos minutos desta primeira metade por mediación de Andrea.

Con igualada chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade foi moito máis tola e con menos orde. O filial xa non foi quen de coller o dominio do partido. Pero mediada a segunda metade aproveitou unha xogada de pizarra despois dun saque de esquina para levarse o partido cun gol que rematou con lanzamento  de Paula Fandiño.

As costeiras aguantaron o resultado para levarse uns tres puntiños que viñan merecendo fai tempo.


Destacar que as executoras dos  goles do filial foron as xogadoras máis noviñas da convocatoria, Nuriña e Paula Fandiño, pero que foron grazas o traballo de tódalas súas compañeiras,  no día que volvía  Paula Lema despois de varios meses de ausencia e no que se enfrontaban a súa ex compañeira María Maroñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario