martes, 21 de febrero de 2023

Editorial. Viñen falar do meu libro.

 Con todo o que está a saltar nos últimos días co caso "nicrariense" levan días vindome a mente cousas  aqueles tempos do inicio do blog, daqueles tempos de Mou, no que loitábamos contra unha especie superior. Tantos e tantos minutos gastados co Naumosky apoiando contra os poseedores da verdade absoluta, seguro que se está a escarallar alá arriba. E hoxe escribímolas, aínda que xa noutros sitios se acordaron tamén.



Cando os Ronceros e Juanmas de turno culés che dicían aquelo de que eran os inventores do fútbol e que solo había unha forma de xogalo, falaban de valors e humiltat. Contaban que a estas alturas xa terían máis Champions ca nos e sobre todo mais títulos

Tamén contaban non sei que de canteira vs carteira. Que os seus raparigos nunca marcharían e que xogaban por pipas. Que pensarán agora que o mellor xogador da súa historia se foi por cartiños e incluso quixo marchar un ano antes por medio dun burofax. Solo hai que ver as contas de fichaxes e ventas dos últimos anos e ver como se lles caeu iso tamén. E claro que o seu mellor xogador da historia os desangrase e despois os deixase, tivo que ser moi duro. Sobre todo vendo como Flo deixou marchar a Cris.  E non falemos de lonas diante do estadio rival  ou abrazar  maniquíes, todo valors e humitat.

Do seu Eau de Pep, que non pararía de gañar Champions con eles ou onde estaría, que serían imbatibles ata o fin dos días. Un ano Champions para os culés, outro para o pepteam.....Bo adestrador obvio pero despois hai que gañar, como non gañe este ano a ver que conta.

Recordo tamén cando me decían que xa tiñan ao novo Puyol, Piqué,  Xavi, Iniesta.....falaban dos Bartra, Jeffren, Tello e demais cracks da canteira.

Que dirán agora do seu super Eric que tiña Adn culé, en cambio Araujo ( que é un crack por certo) , dicían que non entendía a súa saída de balón.

O tempo vai poñendo todo no seu sitio. Como ben dicíamos, nin os bos son tan bos, nin os malos eran tan malos, as cousiñas están sempre nunha gama de grises, a saber a que lado do gris, pero cara un ladiño algo sempre van.

Que pasaría si o noso capi tivera negocios cos presis da fede e da league, buff, e si o collen nos audios xa nada, que os de Flo eran case un chiste.

Cando che miraban por enriba do ombreiro e comezaban a desertar sobre fútbol, como os verdadeiros filósofos que eran. Explicando as maravillas vividas e que ti por ser do Madrid non entendías, que non estabas, nin estarías ao seu nivel.

Seguro que  moito madridista sufriu isto aqueles anos. E non digo que que sexamos perfectos, somos iguais ou parecidos pero queríannos vender todo o contrario. Solo había unha verdade e era a deles, a nosa non era válida. 

O que pasa é que claro como un ten blog queda todo aquí e poden sacarme os erros e as meteduras de pata do pasado, incluso sacando o cachiño que lles convén. Das súas faladurías baratas pois non podemos tan facilmente, pero están chantadas na nosa mente e hoxe deulles por saír. Acórdome dun becario alemán moi futboleiro e moi do Bayern  que estivo na empresa medio ano e que marchou asustado de todo o que se movía a prol dos culés en España e para colmo leváronlle a Lewan.

E claro din que falo dende a parcialidade, home, son madridista, non son imparcial e perfecto como querían facernos crer eles. " Son madridista, unha persoa terrible. Podemos gañar no campo pero a batalla da bondade xa a temos perdida. Enfrontámonos a xente que non xoga por diñeiro, senón para pasalo ben e donalo a ONG´S, non protestan por árbitros, non gastan cantidades indecentes de diñeiro en fichaxes....., que tempos vivimos. Obviamente eu aquí veño a falar do meu libro, perdón do meu blog, a súa versión noutros sitios e claro que é boa leela.

Por certo creo que o Madrid debe quedar caladiño co tema porque faga o que faga vai actuar mal o Madrid, esa parte do relato por moito que nos vendan non a controlamos, así que mellor caladiños esperando acontecementos. Pero nalgún momento ten que falar, pero dando a súa opinión, non a que queren a que tantas veces o deixan solo. Sendo dono das súas palabras, non esclavo das palabras doutros.

Ademais en breve van intentar vendernos, se non o están facendo xa, que é todo para igualar forzas, que o Madrid tamén o fai, que algo terá que ver Flo, centralismo.... Pero a merdé penso que sale de dentro de alguén que quere pillar o equipo como SAD e que está sacar a merda de todos estes anos.

Diránnos que foron martirizados polo estado durante séculos. Vamos a ver señores que a quen máis defenderon os estados da nación foron aos madrileños, vascos e cataláns. Solo habería que ir un día a clase do señor Vence Deza, ( economista e no seu día líder do BNG) e xa estaría. Os señores de Madrid sempre temeron aos vascos e cataláns e déronlle sempre moito vicio, como diría X. Vence, e por eso os envidiaba como nacionalista galego. Nos a ter embalses e virotas e eles a ter de todo, pero eso é fariña de outro costal. E claro non nos poden argumentar como din de outros que somos pouco traballadores.

Spoiler: Poden estar tranquilos, non vai pasar nada, pero o que nos estamos a divertir estes días, e que igual o tema do Relato ten algo de verosimilitude pois debe facerlles pupiña e os antis van seguir sendo antis.

E mira si será xigante o Madrid que mediu a súa corpulencia cun prodixio chamado Messi e todo o que había ao seu redor e gañou. Sen o estímulo de tan colosal enemigo seguramente non tivese a necesidade de esforzarse por emular algo irreal. Desmerecer o adversario e quitar valor aos teus logros. Cada día que pasa os nosos teñen máis e máis valor.

Como di Ali: As leis foron pensadas e redactadas por persoas. Son tamén as persoas as que se encargan de darlles valor e de velar polo seu cumprimento. Polo tanto, si o sístema está corrupto ou podre, a quen protexen as leis?

Pero claro non hai mal que cen anos dure. Últimamente vexo cada día máis camisolas do Madrid nos nenos polas rúas, incluso penso que maioritariamente. Chamoume a atención unha foto o outro día dunha sele feminina da Costa onde se vían maioritariamente camisolas do Madrid, hai esperanza xente.

Disfrutade do momento que todo se acaba, mais pronto que tarde, igual esta noite vs Pool xa sufrimos do noso.

Como di a teoría das excusas.  Pero no crean en esos que les dicen que el mundo se divide entre ganadores y perdedores. El mundo, para mí, se divide entre buenas y malas personas. Ésta es la división más importante. Luego entre las malas personas habrá, lamentablemente, ganadores y entre las buenas personas, claro, habrá quien pierda también.”




No hay comentarios:

Publicar un comentario