jueves, 23 de febrero de 2023

Damos e mollámonos cos nomes 23.

 Pois hoxe toca un remake dous anos despois do Mollámonos cos nomes e Damos os nomes do ano 2021, a ver que tal, de moitos non vamos trocar a opinión. E facémolo antes deste mes tolo no que pode pasar calquer cousa e non queremos estar despois maniatados polos resultados. E claro tamén dependerá de se segue o Carlo, suben a Raúl, ven Poche ou Tuchel, apostan por Xabi, moitos condicionantes. Ca Liga perdida, hai que xogalo todo as competicións do KO e rotar en Liga con senso. Ala vai:



Courtois: Creo que a día de hoxe ninguén dubida do belga. 

Lunin: Coma nos 21 pensamos que é un gran porteiro para ser suplente do Madrid, pero está a sombra do mellor e despois non ten moita sorte o rapaz. Si prefire quedar ben, senón pois un suplente veterano de garantías sería boa opción.

Luis López: Pois para terceiro porteiro o que prefira o club. El mesmo, Lucas Cañizares, Mario, Diego o que toque para o ano.

Carvajal: Ten que quedar pero polas pifias que fai e polas lesións debería ser o suplente de garantías, non o titular. Sinceramente deberíamos fichar un home para titular no lateral dereito ou un gran competidor para el.

Lucas Vázquez: Quédalle un ano de contrato e non o van vender, xogador de rol e de emerxencias e cupo, pouco máis que dicir.

Odriozola: Recordamos, Pois parecíanos no seu día un fichaxe espectácular. Finalmente foi un fracaso total o seu fichaxe, un Illarra 2.0 o que nos fai pensar que fichar a Real non nos resulta. Venta segura e a perder o minimo de cartos posible, nos tamén picaríamos co seu fichaxe. Non quererá marchar e teremos que comelo outro ano máis. Co cal non podemos fichar un lateral suplente. 

Vinicius Tobias: Pois igual temos que fichalo en propiedade e se marcha Odriozola podería quedar na primeira plantilla, pero certas dúbidas con el, había que testalo no primeiro equipo. Bo en ataque, en defensa, así, así. Aquí gusta máis Álex ca el.

Militao: O mellor defensa que temos, un titán, Adn Real Madrid, case nolo desperdicía Zizou, dámoslle grazas as lesións do Churu e Varane no seu día.

Nacho: Despois de Militao o noso mellor defensa, para ser titular en calquer posto, de lateral dereito, esquerdo ou central. Remata contrato e por como o tratamos igual marcha, unha pena.

Vallejo: O que o renovou no seu día pode estar contento. E por enriba o Carlo utilizouno de lateral.Non marcha nin con auga quente.

Rafa Marín: Se marchan Nacho ou colocamos a Vallejo, debería ocupar o seu sitio, ollo que remata contrato no 24. Moi aproveitable para nos, a ver como levan o tema do rapaz porque non pensamos que sexa un calquera.

Alaba: Mala tempada do austriaco despois da excepcional anterior, claramente para lateral en partidos Top non está.

Rudiger: Tíñamos dúbidas con el, e claramente son certas. Pero non o vamos chimpar, central suplente e peor ca Nacho. Lateral suplente de emerxencia tamén.

Mendy: Non sei porque ten tan mala prensa, para nos insustituible, pero apesta a que o van vender. Solo ofrece dúbidas polas lesións. Din que pecha moito a Vini en partidos pechados, pero igual neses debe xogar outro. Como Fabio e Marcelo, Marce era moi bo pero houbo certos partidos que xogou Fabio.

Fran García: Parece que vai vir o que non sabemos é si de suplente de Mendy ou para máis cousas. Despois do ceo e o inferno final no Castela, no Raio revalorizouse, pero non o temos nada claro con Fran, aquí somos máis de Miguel. Ollo con Obrador tamén.

Kroos: Outro que remata contrato. Debería quedar ata que el queira pero xa cun rol menos protagonista.

Lukita: Igual ca Kroos. Non deberían compartir minutos de titular xa, ou un ou o outro. Debería renunciar a sele xa se quere seguir, vai na idade. Como moito a Nations League esa e para casa.

Ceballos: Dependendo do que queira cobrar e do rol para nos é renovable, cada minuto que sae come o campo, actitude moi boa de Dani.

Fede: O falcón é dos nosos de sempre. Pode xogar en calquer posto do medio e incluso de lateral.

Camavinga: Para nos é un 5 claro, xogador Top con Adn e cero presión sobre el.

Tchouameni: O francés non nos remata de entrar polo ollo, somos moi de Fede e Cama. Importante o seu encaixe cos anteriores porque deben ser o mediocampo do Madrid do futuro. A ver para o ano, porque a xente teno por enriba de Cama e nos por debaixo.

Bellingham: Parece ser o único nome na palestra a un precio desorbitado, sinceramente non o controlamos o club saberá, espero que non sexa a costa de Cama. Supoño que rematará na Premier. Hai que ter en conta que é futuro e que Kroos e Lukita están nas últimas.

Vinicius: Non hai máis palabras señoría. Sempre lle tivemos fe.

Karim: Confíamos que renove pero necesita un suplente xa, vai darlle algo.

Rodrygo: De Rodry sempre tamén, non ofrece dúbidas.

Asensio: Remata contrato e non debería seguir, pero ao final renovará xa veredes. Ten gol pero pouca sangue.

Mariano: Por fin remata a era Mariano, picamos con el coma bobos, culpables aquí tamén.

Hazard: Non nos damos safado del tamén, vaia pufo nos colaron.

Despois temos en recámara xente que cremos que nos podería valer. Que non funcionen noutro lugar non quere dicir que non valgan para aquí e o contrario. Solo hai que recordar a pouca bola que lle daban a Fede no Depor. Aínda que sinceramente arriba necesitamos un dianteiro e quizais alguén para banda dereita.

Reinier: Creo que agora con ocos nos pasaportes podería axudar arriba se nos desfixéramos de Hazard e non dan fichado ninguén para arriba. Moitas lesións este ano.

Álvaro: Non é "Jaland" como queren vendernos pero de suplente loitador válenos o rapaz tamén se non queren gastar, incluso Latasa vale para ese rol. Mariano da primeira volta en Lyon era así, pero este gana moito menos.

Arribas: Somos moi de Sergio por aquí tamén, pero todo depende do ascenso ou non do Castela e de Asensio e Hazard que son os que deixarían ocos.

Peter: Perdeu protagonismo este ano pero de revulsivo un aniño arriba non nos disgustaría.

Brahim: Outro que nos vale e que dependerá do que pase cos de arriba coma Arribas e de si o Milán paga ou non.

Kubo: Está na Real e témoslle medo a todo aquel que funciona na Real. Temos o 50% do pase e supoño que solo se moveran por el se a rompe moitísimo ou se alguén o quere levar tipo Fran García.

Non lle gastamos moito a Flo aquí que non se queixe. Os Dotor, Marvel, Noel, Aranda  pensamos que non valen para o primeiro equipo. A importancia de en que categoría xogue o Castela é chave, pero sinceramente pensamos que o ascenso directo vai ser para o Depor. A xente da Fábrica hai que fogueala non pode vivir no filial con 23 anos. A Mario Martín non o teño moi controlado e Íker non está sendo o que esperaba, bo pé pero pouco gol. Ainda que como dicímos igual funciona mellor arriba que no filial. 

Hai que ter xente rodada en tódolos postos que hai moito partido e moita lesión, por exemplo agora atrás e arriba andamos pelados. E pillar algún veterano en cesión ou algún descarte interesante dos 1000 xogadores que ten o Chelsea por exemplo, baratiño para non cabrear ao Flo.

Creo que non nos esquencemos de ninguén.

PD : Ollo a Gabri Veiga, vale.

Anteriormente:

Mollámonos cos nomes 21.

Damos os nomes 21.

Rt Anfield.

Viñen falar do meu libro.

Sentimento mundial.

Benidorm Fest.

A Fábrica.



No hay comentarios:

Publicar un comentario