miércoles, 24 de junio de 2020

O relato.

Pois o conto de que o Madrid controla os árbitros, a Liga, Federación .... queda moi bonito pero a realidade é ben distinta, sobre todo cando miras os datos e ves que o Madrid controlador leva dúas Ligas das últimas once e o Barça oito, mira que somos malos nin controlando todo damos ganado. En cambio en Champions temos mellores resultados, algo raro é. Tocará sacar uns datiños para desmontar todo, as míticas estratexias de manipulación mediática, o madridismo preparado ata para o COVID. A historia xa está montada e vai ti a desmontala coma con Franco e o Madrid.

En xaneiro xa fixemos un artigo onde dábamos unha serie de contas e webs para estar informados da eterna mentira na que vivimos, deso saben moito nese lugariño de alí arriba.

É moi bonito ver falar ao Chuflas e tirar pedriñas, pero despois ves que ten negocios co capo de todo esto, como xogan con nos, e como os periolistos non destapan nada, ilusos que somos.

A semana foi moi bonito, atraco arbitral do Madrid en Donosti con tres accións acertadas do colexiado, pero o bonitiño da un puñetazo e unha pisada na canilla e nin mu, iso é o relato e o control. Como desaparecen imaxes de Masche derribando a Di María na "mítica" remuntada co PSG, como non hai imaxes de Sergi Roberto dándolle un puñeiro a Marcelo, ou das de bonitiño está semana, pero das dos xogadores do Madrid planos a full. Si fai un xogador do Madrid as do bonitiño esta semana falan ata en Pernanbuco.

Controlamos todo e cómennos dous penal no Campo Novo e un gol anulado da que solo hai unha imaxe, no partido máis controlado do ano, en fin. De Mallorca, Levante.... xa nin falamos. Canto periodista digno hai no pais. Pero claro despois ves que a web do Madrid é a máis visitada do mundo deportivo, e daste conta que hai que falar do Madrid e mal a poder ser para poder vivir no pesebre este. O ruido na prensa tamén sirve para gañar ligas. Mostrar un ou outro frame tamén da polémica e gaña ligas. Solo hai que ver a de Ramos en Pamplona con frame ou os dez segundos de imaxe, Diego Carlos dunha ou doutra maneira, en cambio co bonitiño desaparecen imaxes, manipulación. Hai que ver de que medios salen as cousas e quen os controla, directa ou indirectamente, investigar e listo.

Cantas portadiñas dan as cousas do Madrid e como buscamos a basuriña señores periolistos, en cambio dos traspasos raros do Barça para cadrar contas, cero investigación. Ou porque os periolistos non preguntan polas accións do bonitiño e nas roldas de prensa do Madrid e todo preguntas polémicas, eso tamén é parte do relato.

Ahora vamos cuns datiños de Maketo & friends, os datos non minten din os periolistos estes días:

Messi 720 partidos co Barça, 0 partidos de sanción. Con Arxentina 138 partidos e 2 expulsións.

Cristiano 438 partidos co Madrid e 15 partidos de sanción. Con Portugal 161 partidos e 0 expulsións.

Suárez 273 partidos co Barça e 1 expulsión. Con Uruguai, Ajax e Pool en 327 partidos pois 47 partidos de sanción.

Ramos en 444 partidos co Madrid pois 24 expulsións. Con España e o Sevilla 209 partidos pois 0 expulsións.

Outra cousa destes días as horas de descanso, que ten que ver o que descansen o Madrid e o Barça entre eles se non se enfrentan o importante é como descansan fronte aos seus rivais estas xornadas, igual levan un susto os periolistos.

No post-Covid descanso fronte a rivais cos horarios oficias que hai a día de hoxe:

FCB : Descansa 35,50 horas máis cos seus rivais entre a xornada 29 a 35. Na X29:-2,50 , X 30: -26,50, X31: +19 , X 32: +21,50, X33:+ 5, X34: +24 , X35: -5.

RM: Descansa 95,5 horas menos cos seus rivais entre a xornada 29 e a 35, casi nada. Na X29: -45,50, X30 : -2,5, X31: - 50,50, X32: +24, X33: +24, X34: -26,5 , X35: -18,5.

O máis guapo é que a competición saque datos  para atacar o Madrid, comparar peras con limóns non vale,  o socio do Chuflas, jajaja.

Datos do saldo arbitral de expulsións e penals nas 10 últimas xornadas de liga nas últimas 15 ligas: (150 partidos)

FCB: +30 ( +9 +21)
RM: -3 (-6 +3)

Por exemplo ATH ten +15 (+10+5) , VLC +13 (+1+12), SVLL + 5 (+4+1), ATM -2 (-4+2)

Madridistas non compredes que a prensa é branca, investigade e despois decidide pero non fagades caso a todo o que vos di a prensa, e o mesmo para todo, economía , política , hai que leer de todo e decidir non tan solo o que nos gusta.

Temos que loitar a liga contra todos non queda outra, contra nos mesmos tamén que cometemos erros imperdonables, pero que non nos vendan o que non é, aquí damos datos e lugares onde buscalos, Maketo Lari, Hechicero, Juanpa e despois vos decides.

Non digo que perdamos as ligas polos árbitros solo que non nos benefician como din, tan solo que algúns xogan con rede e venden o contrario. Nos axudamos moito, pero e si a rede axuda de vez en cando, xogaríamos máis tranquilos, sen nervios. Quen sabe.


Para rematar unhas palabras de Alistair Hisoka :

Hay mucha, mucha gente que le da la misma importancia a Piqué que se da él a sí mismo. Y eso tiene mérito, eh. Tienes que rozar casi la obsesión. Se hicieron largos los tres meses sin fútbol para los amantes del balompié. Está claro.

Y luego hay que tocar otro tema.. Si eres del Barça y has vivido los títulos de tu equipo en los últimos 10-12 años y tienes capacidad para enfadarte en serio por lo de ayer, tú estás fatal de lo tuyo, eh. Con lo que tus ojitos han visto. Vamos a querernos un poco más, por favor.

Y sobre el penalti a Vini... Cuesta más aceptar que es falta porque se la hacen a él. Le hemos visto pifiarla tantas veces delante del portero que asumimos con naturalidad que le pegue así sin que le toquen cuando arma la pierna. Se la hacen a otro y se discute menos la jugada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario