miércoles, 15 de julio de 2015

Uno di Noi.

Cando alá por Xaneiro de 2011 nun curso nacía este blog, cumpríase un dos meus soños. Poder falar alegremente de deportes nunha páxina para expresar as miñas opinións e que os meus amigos, colegas, coñecidos, ex compañeiros , puideran leelas  alá onde estiveran e cando puideran  e crear un debate, coma os que tiñamos cando nos atopabamos, nun bar, na Facultade ou onde fora. Con algunha que outra falta de ortografía pero o galego de agora é moi difícil, e en muxián non deixan escribir, ademais un estudou Economía non periodismo.


Pretendía facer fincapé no Real Madrid, xa fora basket ou fútbol, pero non únicamente e buscando, siareiros con sentido crítico, indepentemente dos seus cores ou preferencias, a min o que me gusta é a polémica, iso si con educación. Non sabedes o feliz que me fai cando recibo algún “juasap”, correo, ou comentario no Face sobre as publicacións, xa que para iso se fan.

Nos últimos anos foi o blog e o seu Face foi o vinculo invisible cun bo amigo  , posiblemente  o máis fiel, valioso e clásico seguidor  do blog. Gústame pensar que lle daba forzas e o distraía nos malos momentos que pasou nos últimos tempos, o blog e o Comunio, como non  ( co Comunio é difícil de competir ).

Con esa ilusión escribía e con esa ilusión vou seguir escribindo, xa que alá onde estea a bo seguro que terá un minuto para pasarse por aquí. Seguirá disfrutando do noso querido Modric ou do Chapú tan loitador e “corajudo” coma el.

A bo seguro que non é o mellor lugar, nin foron as mellores palabras pero neste momento son as que me saen  e necesitaba dicilas antes de escribir un novo artículo.


Para sempre uno di noi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario