jueves, 23 de mayo de 2013

Mou End & Mou Shadow !


Pensei unha e outra vez como encarar un artigo falando da marcha de Mou e finalmente foi sinxelo tirar do que escribín perante a Era Mou, que case se corresponde co tempo do blog , e que cada quen saque a súa propia conclusión. Simplemente Mou.



Así que se estades aburridos xa sabedes por onde pasarvos e poñervos a ler, eu agradeceríao enormemente, pero para os que non este será como un resumo. Así alonxareime das ventaxistas opinións dos periolistos un servidor dixo o que dixo, non vai trocando si hai nordés ou vendaval. O dos periolistos daría para un serial, pasouse do queremos que xogue Albiol e non Pepe a facerse fans de Pepe, ventaxismo.

Mou nin foi tan malo como algún nos quere vender , nin tan bo coma outros poucos o queren facer tamén. Nin cando o fixo ben era Deus nin ahora é o diaño. Non conseguiu o seu gran obxectivo que era a ansiada Décima non nos enganemos, acadou menos títulos dos esperados xa que por moito que digan as semis de Champions non son títulos, son unha obrigación que non se conseguía pero non son títulos. Deixa a  impresión que foi de máis a menos.

Aínda que non era un adestrador do meu gusto, a touro pasado penso que foi un acerto o seu paso polo Real Madrid o gran problema foi que non foi quen de ler a grandeza do clube e como lidiar con certas cousas, de facelo penso que os resultados podían ser outros.

 Non todo foi malo pola súa presenza. Acadou o que ninguén acadara a confianza de Florentino nun técnico, a prensa tanto tempo pedindo e agora criticando, non gustou que se cargara o seu amigo Valdano . Acadou que boa parte do madridismo o seguira de forma incondicional fixera o que fixera.

Acadou que o Real Madrid se achegara cada vez máis e incluso superara nos en últimos enfrontamentos directos o Barça, dos últimos sete so perdemos un. E o que máis me gustou, moi criticado por outros, que os xogadores do Madrid nestes partidos deixaran de ser “irmanciñas da caridade” , antes parecía que se rían de nos e incluso aplaudiamos. Como sacou de quicio a San Pep e os seus raparigos, o clube  digno de ver. Ata falan de prima no Barça por igualar os 100 puntos de Mou, incrible non ?

Logramos saír  a eses partidos ca sangue nos ollos como ten que ser, podemos levarnos ben pero sobre o céspede hai que defender os nosos cores como o facían eles, o Pep Team era moi dado a rodear o árbitro neses partidos , a ver se perdura no tempo. Na miña honesta opinión iso naceu o día da manciña de Piqué, ese día todo cambiou para Mou e para os xogadores. Mou  aquel luns  non foi fiel a si mesmo e todo trocou dende aquel día nos enfrontamentos directos, aquela noite aterrou Mou en España. Os seguintes aquel ano xa foron diferentes e chegaron as rarezas.

Problema que este acercamento e bos resultados nos enfrontamentos directos non deu o resultado final  apetecido, xa que como sempre digo no Real Madrid o que contan son os títulos sen iso todo pasa a un segundo lugar.

Como sempre dixen a Era Mou buscaba resultados por encima de todo e cando faltaron todo se ven abaixo. Ese foi o gran problema, todo é por e para o resultado o meu chamado pacto co diaño,  o portugués é un personaxe e busca todo para acadar resultados, toda esa agresividade verbal pode voltarse na túa contra e fixo. O case non enche a sala de trofeos.

Demasiadas guerras externas e internas, foron a súa perdición. As dúas primeiras tempadas foron indo ben, pero esta dende o principio viviuse  ca sensación de que o vestiario se lle fora das mans e pouco a pouco se lle foi indo algo máis co vestiario. O peor a impresión  que deu os últimos meses de desgana , de buscar a saída a prezo cero para ter un mellor contrato co Chelsea, a un servidor deixoulle esa sensación. Sobre todo dende a eliminación en Champions, unhas semis que pareceu non encarar cas gañas de anos anteriores. A tempada pasada foi a gran oportunidade perdida. Non pode decir nada Florentino da presión, iso é o Real Madrid presión, hai que saber aturala senón non vales.

Aínda así atentos  que a súa sombra quedará impregnada no Bernabéu para o bo e para o malo, na próxima tempada xa se poden aplicar os xogadores xa que as miradas estarán sobre eles, non estará Mou para frealo todo, algo bo que tiña o acaparar tanto deixaba menos presión para os futbolistas,  e un xogador por encima de todos Iker Casillas, o cal ollarán/ollaremos con lupa. Florentino tampouco terá ese paraventos.

Aquí vou contestar a eterna pregunta mortificadora de  certo sector do barcelonismo, Diego López gañouse a titularidade aínda que Mou lla deu por razóns equivocadas, ese certo barcelonismo aproveita agora para arrimar a sardiña e di que podíamos ser campións do mundo sen Iker, pode ser contesto eu , non deixa de ser fútbol ficción, tamén poderíamos ser campións do mundo sen Iniesta logo igual marcaba o gol Navas, fútbol ficción o fin e o cabo os case, os quizais e as suposicións non valen de nada no fútbol pero dannos moito que falar nos bares. O que si sempre dixen é que Iker ten un aura especial as últimas tres finales de Copa que perdeu o Real Madrid non as xogou e creo que Iker nunca perdeu unha final a partido único ou non o recordo.

Como sempre digo, pasaron os adestradores, pasaron os xogadores , pasaron os presidentes e o madridismo perdura, quizais veña outro con menos nome que consiga os éxitos prometidos. Iso é algo que debemos facernos mirar, deixar de estar fondeados en glorias pasadas, necesitamos mirar cara adiante, cara o presente e o futuro que é onde debemos obter as glorias, iso é o que realmente importa e aprender e mellorar cos erros, da a impresión  que caemos unha e outra vez na mesma pedra ou nunha parecida. Sen autocrítica non hai mellora.

P.d. Necesitamos unha liña a seguir, un adestrador (gratis ), un lateral dereito, un medio ofensivo, un dianteiro centro ,  non me gusta Neymar, non me gusta Benítez, non creo que Cavani sexa mellor ca Higuaín , non quero que Marcelo ou Modric entren en ningunha operación, gústame Bale sempre o fixoe agora é infinitamente mellor xogador que cando o descubrín, agora cubre todo o fronte de ataque, se hai que tolear por algún xogador debe ser por el e non por Neymar sen ser ningún dos dous a prioridade a fichar. Isco o mesmo conto , como vai xogar o novo adestrador, é prioritario ? todas estas preguntas dan para un próximo artigo.

Non descarto unha última rolda de prensa explosiva de Mou !

Todo o que escribín sobre o Real Madrid no blog , sempre Mou no transfondo, aquí as entradas máis antigas  para que poidas criticarme con ou sen razón,dende aquel 26 de Xaneiro de 2011.



No hay comentarios:

Publicar un comentario