lunes, 18 de abril de 2022

Luigi Today: Ollo o piollo.

 Acabamos de enterarnos dunhas novas sorprendentes:



O capitán do Real Madrid acaba de ser pillado nuns audios falando de negocios co presi da fede, pero como é o capi do Madrid todo queda en nada, os fíos de Flo tapan todo. Ese presi é o xefe dos arbis entre outras cousas e de dúas competicións nas que participa o Madrid. Por certo as comisións son legais ou que pensades outra cousa é como son de éticas.

Tamén controla a competición na que o seu equipo é líder, despois de comprar unha praza e subir algunha que outra categoría, así de fácil.

Ese mesmo capi ten negocios co presi da competición nacional en varias cousas, entre outras patrocinio dunha gran competición doutro deporte. Unha competición histórica que mudou por completo para o seu negocio.

O mesmo capi que dixo fai uns meses que o fútbol pertence aos fans, minutos despois da superpifia. Pero que se leva unha competición que sería no Bernabéu para os socios dos club que lle paga, cara un pais do golfo, para mellorar a igualdade da muller por aqueles lares.

Tamén coñecemos hoxe que un avalista de Flo para ser presidente do Madrid é o que controla as imaxes que chegan ao VAR e ademais é socio do Madrid, que truán o Flo. Por certo a persoa que está detrás de todas esas imaxes, traballou no seu día en RMTV e para máis INRI é supermadridista confeso.

Por certo o presi do Espanyol vai comer habitualmente ca prensa e paga algún que outro favor. Ademais moitos dos periodistas que cubren a info do Barsa son espanyolistas confesos, como diría Mou son barcelonistas disfrazados. Incluso un dos míticos ten o fillo xogando no Espanyol e non deixar de facer lamidas ao mister perico.

Nun partido de volta da segunda competición europea a que o Madrid caeu despois de ser eliminado de Shempions, no Bernabéu había 30.000 alemáns vestidos de azulgrana e mofandose dos madridistas que foron, e por encima chotean o Madrid, deixando fora tamen da segunda competición europea. A culpa foi dos turoperadores que enganaron o club mercando as entradas dende IP´s de direntes destinos. Tamén de socios malvados que non queren o Madrid e que revenderon a súa entrada por uns euros. Non sinten o club. 

Hai rumores tamén que a caixa desa noite non cadra, que estará a facer a directiva de Flo, da que por certo xa dimitiron ou chimparon a uns cantos.

A débeda do Madrid é xa incalculable e a conversión en SAD está cada vez máis preto. Ademais din que Flo está a redirixir créditos de curto a longo prazo. Din tamén que move pasta do arranxo do Bernabéu para fichaxes, pero aínda non hai un andamio no Bernabéu.

Parece ser tamén que negociou Flo directamente certas cousas de créditos raros con presi da competición nacional, e non sei que do mister da sele e xogadores que van convocados, cousas moi raras todas. 

P.d. : @Ice_Landic montou un fío para desmontar todo isto, pasade por alí e xa veredes a quen credes. En inglés, nivelazo para contrarrestarnos.

Calquer parecido ca realidade da nosa nova e pura coincidencia. Aquí non facemos periodismo, so facemos rir a xente, a investigación ten que ser vosa e xa nos informaredes, pero vaia mafia o Tito Flo, cantas cousas fan el e os seus amigos e xogadores.

Se vos enterades doutras cousas avisade, por favor. Aínda que o Relato madridista tapa todo e vai ser difícil contrarrestalo, sabemos pinguiñas de todo e rápidamente nos falan doutras polémicas inventadas para que non falemos do capi.

P.d. : Nun pais cheo de corruptos pensades que no fútbol non hai?

Anteriormente:

Luigi Today. 

Superpifia. 

Política de comunicación. 

O relato. 

Estratexias de manipulación. 

Falemos do Var. 

O Chuflas. 

Leccións de Coco. 

Pandullasos de Hechi. 

O comodín de Franco. 

Teoría rara

Pensa mal e pandullaso. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario