viernes, 29 de abril de 2022

Madridistas no blog. Carlos Alonso Santillana.

 Hoxe estrenamos unha nova sección do blog, unha enquisa a madridistas colegas que nos siguen, que contestarán baixo seudónimo, hoxe un amigo que elixio a  Carlos Alonso Santillana como nome. Confiamos que sexa a primeira de moitas:



Madridista dende o berce ou a posteriori?

Pois solo sei que sempre fun madridista, non sei si dende o berce ou me fixo meu pai pero solo teño recordos animando ao Real Madrid. Recordo como de pequeno miña tía me cosía o número sete ou nove nas camisetas de fútbol, era moi de Juanito e de Santillana.

É difícil ser madridista en Galicia?

Non o creo hai moitos madridistas en Galicia, supoño que hai moitos madridistas por todo o mundo, é un sentimento moi pracenteiro ser do equipo ao que todos queren gañar  e ao que todos odian.

O partido que máis recordas da túa infancia en fútbol?

Pois quizais sexa a derrota en semis da Copa de Europa fronte ao PSV ese día pensei que nunca vería ao Real Madrid gañar unha Copa de Europa, foi incrible non gañar aquel partido.

En basket?

A Liga da tripla de Herreros, quizais nunca volva vivir algo así en basket como madridista.

O xogador histórico que máis recordes en fútbol?

Carlos Alonso Santillana, veñenme ao recordo aqueles partidos de Uefa ou Copa de Europa que escoitaba na radio, cun sonido que se ía e viña, que parecía de ultratumba e ao lado do meu pai, son recordos moi bonitos que nunca esquencerei. Como voiaba Santillana, un crack. Penso que nuns anos pensarei o mesmo de Luka Modric, canto o vamos botar de menos.

De basket?

Pois dous xogadores raros para aquela época como foron Quique Villalobos que apenas xogaba minutos, pero era o “matador” daquela xeración. E tamén Pep Cargoll o primeiro tres alto español que eu vía.

Cal é o maior sacrificio que fixeches polo Real Madrid?

Non son de moitos sacrificios que eu recorde, quizais deixar de ver partidos ca esperanza de que remonte, jajaja.

Un periodista do que te fíes?

Non me fío da prensa, así de simple.

Madridistas na rede que recomendes?

En twitter hai que seguir a Sison, @RealSeasonNT1 , imprescindible, da moito xogo.

Un blog de basket a seguir é o de Karusito.

En YouTube a Ramón Álvarez de Mon, sempre ten boa información.

E por suposto Luigi na Costa.

Se poideras aconsellar a Florentino que consellos lle darías?

Que busque defender ao Real Madrid fronte ao Relato e que modernice a información, creo que é seu maior erro, cando o atacan a el logo resposta pero ao club non o defende ca mesma forza ao meu entender.

Que opinas da labor de Flo na sección de basket?

Pois creo que lle custou moito entrar con forza nela e ao principio pasaba bastante. Pero da man do Lolaso e din que dun neto enganchouse. Quizais foi tamén o fichaxe de Rudy, dame que foi a chave de todo.

Deberíamos ter sección feminina en basket?

Penso que si, pero sinceramente abogo pola economía, e neso Flo é o mellor, o basket masculino xa é deficitario, outra máis non sei que opinará Florentino.

Que opinas da creación da sección de fútbol feminino do Real Madrid?

Creo que chegamos tarde, pero polo menos chegamos. Téñolle moita fé ao proxecto pero a cinco anos vista mínimo, non debemos tolear, solo temos que ver ao PSG masculino, piano, piano.

E de Toril?

Non daba un peso por el ao chegar do fútbol masculino, así de claro, pero cando menos en resultados estao facendo xenial. Solo perdeu co Barça, competíndolle bastante ben por certo e un inesperado pinchazo en Huelva, si consegue entrar en Champions sería incrible. Aznar non me gustaba nada.

Purga e fichaxes para o fútbol?

Chimpaba a Vallejo, Marcelo, Asensio, Hazard, Isco, Bale, Jovic, Mariano, eses seguro e despois pois depende, creo que Lunin debe xogar e para iso hai que cedelo. E de Lucas ou Carvajal quizais había que chimpar un pero debemos ter ollo cos cupos.

Fichaxes pois hai que fichar un lateral esquerdo e outro dereito, un central, e despois a MBappé ou a Haland, fai uns meses pensei que viñan os dous e agora dubido de que veña algún dos dos dous. Se Lunin sae hai que traer un suplente, tiraría por un veterano xa que na canteira non temos nada para a portería. A min gústanme dende Miguel Gutiérrez, Fran, Blanco,  Arribas, Kubo, Reinier, Brahim ou Peter, a Rafa Marín non o tiña moi pillado pero está a facer un anazo. Hai que darlle unha oportunidade a algún e a outros cedelos pero con sentidiño, que xa estamos a ver o pouco que xoga Reinier e é un xogador ao que lle teño moita fé ao igual que Vini e Rodry pero se non o sabemos colacar pasa o que pasa.

Purga e fichaxes para o basket?

Chimpaba a NWG, Heurtel, Taylor, TT, Randolph e dubido de Hanga.

Fichaxes en basket é un tema moi difícil porque a NBA troca todo, pero Larkin para o base e algún descarte NBA, tipo Facu, Juancho ou algo así.

Traballamos ben a canteira?

Sinceramente creo que a traballamos moi ben para outros clubs de Primeira pero fatal para nos mesmos, temos xente moi boa no Castilla e outros penosos, aos bos non lles damos unha oportunidade no primeiro equipo o que fará cada vez máis difícil fichar talento nacional, e os penosos tapan a posibles xogadores de abaixo que deberían ter oportunidades.

Como celebras os títulos?

Pois depende de quen a vexa, pero algunha caña pode caer. Sempre recordarei a celebración da Sétima xa que nunca pensei gañar unha Copa de Europa en fútbol.

A túa maior celebración como madridista?

Como dixen antes a Sétima foi e será insuperable.

Algún madridista que che decepcionara?

Pois moitos madridistas disfrazados como dicía Mou. Sobre todo os que recalan nas retrasmisións  que parecen máis antis que madridistas.

Que opinión tes sobre Carlo?

Pois paréceme un adestrador anticuado e que traballa pouco ao equipo pero o tío ten a Liga a tiro e chegou a semis da Champions, así que caloume a boca.

Cando retornou que pensaches?

Que collían ao primeiro que pasaba por alí e que non preocupará moito nin a xogadores, nin a directiva. E defeito polo que se filtrou despois foi algo así, din que incluso foi el o que chamou para ofrecerse.

Debe seguir?

A non ser que perda a Liga  debe seguir. Non é o Cholo, nin Emery, nin a Xavineta pero lévalle quince puntos ao segundo.

Que opinión tes de Pablo Laso?

O home que cambiou a historia moderna do basket do Real Madrid.

Cando se anunciou a súa contratación que pensaches?

Que fichaban un colega dos que mandan, viña de San Sebastián sen pena nin gloria e despois de facelo fatal en Valencia.

Debe seguir?

Laso ten carta branca ata que el queira.

Cantas pachangas xogaches cunha camisola do Real Madrid?

Pois de pequeno moitas e de maior menos xa que as gardaba como ouro en pano para días especiais, uso máis os pantalóns curtos para pachangas, as camisetas máis para vestir.

A que xogador che gustaba imitar?

Era moi de quedarme cos xestos e celebracións raras, pero molaba a forma de tirar as triplas de Chechu Biriukov.

Cal é o xogador rival que máis che puxo dos nervos?

Pois aínda que pareza mentira foi Drazen Petrovic na Cibona, era un rival insoportable, facíame tolear de raparigo vendo os partidos na 2, e despois con tan solo unha tempada fíxose mítico do Madrid quizais sen merecelo.

Tamén os da falsa humildade da Era Mou, nin os  bos son tan bos, nin os malos son tan malos.

Hai corruptela e Relato en contra do Madrid?

Claramente e obviamente, calquer madridista que non o vexa é un madridista disfrazado.

Once ideal e quinteto ideal que viras xogar?

Once: Tibú, Salgado, Camacho, Hierro, Ramos, Redondo, Modric, Michel, Hugo, Cristiano, Santillana. Pero é moi difícil porque deixo uns cantos fora que poderían selo tranquilamente. Casillas, Illgner, Roberto Carlos, Sanchis, Marcelo, Butragueño, Karim…..

Quinteto: Drazen, Llull,Rudy, Tavares, Sabonis. Outro tanto pasa aquí pero creo que foron os máis desequilibrantes que vin xogar.

Reflexión final ou algo que queiras salientar?

Pois creo que a enquisa é divertida, pero quizais un pouco longa. Penso que  debería centrarse máis no pasado e menos no presente pero claro eso digo como viejuner, igual os máis xóvenes pensan o contrario.


Carlos Alonso " Santillana", 17 tempadas, 9 Ligas, 4 Copas, 1 Copa da Liga, 2 Copas da Uefa, 290 goles.

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario