lunes, 20 de enero de 2020

Falemos do VAR ou sementemos dúbidas no BAR ,

Por estes lares estamos totalmente a favor da implantación do VAR o que sembra máis dúbidas é a súa aplicación, a ver se enlamamos un pouco o tema dende outro prisma.

O VAR é unha ferramenta fantástica que pode axudar en moitas situacións moi claras que antes podían pasar por alto e agora non deberían. Pero ten certos problemas, un por exemplo de interpretación xa que hai xogadas que non son fáciles de definir ou iso parecen, moi subxectivas que dependendo dos ollos que a vexan pois dirán que é ou non penalti, que é ou non expulsión ..... Non é coma no tenis que a bola entrou ou non. Ademais temos o problema de que o árbitro do VOR , a sala do VAR  creo que se chama así , a veces non quere discutir a decisión do compañeiro, ou non debe ou como queramos explicalo e por iso non se poñe no allo. Ademais os árbitros son persoas, que deben decidir en segundos , pero coma calquera de nos influenciados , polas declaracións da semana, ou do medio tempo incluso. Anular dous goles dubidosos a un equipo , vía VAR e aguantar a prensa patria toda a semana influie, ou non ?  Seguro que un árbitro costeiro do Barça e un do Madrid non se poñen dacordo en certas xogadas, o filtro co que vemos as cousas afecta moitísimo, en deporte, política,.... na vida en xeral.

Pero outro gran problema é quen sirve as imaxes, de todos é sabido de que pé coxea tanto a operadora que ten os dereitos na Liga, coma o home que dirixe esas retrasmisións, para máis info pasádevos por esta web : futbolgate.com  de @Hechi9248  , ou como nos fala do tema Franco e despois opinades. Ademais resulta que esa operadora era a que controlaba o VAR  a tempada pasada e agora está en guerra permanente ca Federa , e día si e día tamén nos seus programas e onde poden mandan o seu recadiño enlamando todo. Como se esconden repeticións se manchan a certos equipos  en partidos con miles de cámaras, aquel mítico penal de Masche a Di Ma, o golpe de S.Roberto a Marce, o fora de xogo de Mendy este ano ......, e outras doutro cor teñen a miles. Calquer xogada polémica supostamente  a prol do Madrid chega a grado superlativo, pero en caso contrario fálase de choros. Cada ano tangan algo no Campo Novo, por exemplo este ano os penals a Varane, pouco se falou deles, ou o de Brahim en Mallorca ....... A esa operadora interésalle tumbar este VAR e a esta Federa. Por certo Casillas de presidente da Federa sería malo para o Madrid de Flo , e Cardenal xa nin pensalo.

Despois está a manipulación mediática que vivimos neste país, como saltan todos cada vez que pasa algo en partidos do equipo branco e tan pouco cando ocorre por outros lares, se nos anulan un gol que debeu ser anulado marcho do campo, e temos gol para todo o mes, pero pasamos de puntiñas por certa expulsión, que tenros son algúns. Como dicíamos fai non tanto o tempo irá poñendo a cada un no seu sitio. Tan solo un dato curioso dende que voltou Zizou cinco expulsados no Madrid en liga ( Vallejo, Modric, Bale, Odriozola e Mendy ) en 31 partidos ningún do rival, en cambio Setién nun partido xa lle expulsan un o rival, curiosidade. Por iso sempre é interante pasarse polo analise do Saldo Arbitral de @juanpfrutos , ou por contas coma a de @MaketoLari tan bos sempre cos datos. Controlar a info é moi importante, unha Fake new por exemplo ten 3000 RT a rectificación 30, saber gañar a guerra da info aínda que sexa Fake é moi importante.

Tamén é interesante ver os que din que Flo controla os medios, cando cada vez da de comer a menos, cantos medios queren ver caer a Flo, non se nota nin nada Como van quererlle ben a Flo si deixou que puideran comercializar merchan branco nos seus diarios por exemplo. O manexo do entorno tan bo dalgúns e tan malo de outros, como anteriormente explicamos na manipulación mediática. Agora falamos dos tropecentos mil pases, do céspede seco , como mola iso, pero o Xetafe foi o equipo que menos pases completou este fin de semana 122 con apenas un 50% de éxito e gañou por cero a tres, formas de ver a vida claro. Sen propoñer e con expulsión fora da lei, chegou a Arabic Supercup.

Pero claro todo isto son opinións subxectivas dende un prisma branco, despois hainas subxectivas tamén dende moitos outros prismas e como sempre dicimos por estes lares a verdade está nun punto máis ou menos intermedio entre os diferentes prismas, tan solo semento  a dúbida. É moi bo e recomendable ademais observar , ler outras ideas, escoitar, ver e despois con todo na mente dun sacar as conclusións, pero non solo no fútbol, na vida en xeral. Por exemplo aquí consumimos máis os diarios culés que os supostamente brancos, por iso de ver outros prismas. Xa tedes algo de que falar esta semana no bar. Tamén podedes falar de Galicia e Cataluña, ou do PIN . Excusas para estar xuntos .

Pero tede algo claro como a polémica supostamente vaia a favor do Madrid, falarase e moito por iso recomendo pasar cada semana polas contas e páxinas recomendadas, eles sempre destaparan ao día para que teñades material para as conversas.

Anteriormente :

Arabic Supercup.

Terceiro empate seguido. 

Xa fai un ano plantexamos a Teoría Rara.

Todo correcto en xaneiro do 19, en contraposición o caso Chery ou a temas de Economía.






No hay comentarios:

Publicar un comentario