miércoles, 6 de abril de 2016

As leccións de Coco !

Coma sempre veñen de casa allea a darnos leccións, o señor Chuflas coma non, deben de ser as de Coco en Barrio Sésamo , non ? Pois nada debemos estar ou non felices segundo e cando  queira el vaia.


Señor Chuflas o partido máis importante desta semana para o Real Madrid é hoxe, claro meridiano, é o único título que pode gañar o Real Madrid e aquí iso é o que importa , non queira enganarnos con palabra de embaucador, discurso molón de Geriscope, avariado debe de telo, aí non que vai chegar algo máis grande, pero xusto cambiou o plan certo día.

Mira ti que tan importante é gañar os Clásicos que Mou o seu último ano gañou 3 e foi para a rúa igual. Si 3 un en cada competición e chimpouno en 2 delas , gañoulles a Supercopa, eliminounos da Copa, e gañoulles un en Liga en situación similar no medio da eliminatoria de Copa e como previa a “Shempions”, no que puxo os suplentes Mou, si os suplentes e gañoulles igual. Pero claro a vostedes o sábado non lles importaba, notouse como pasaba  do Clásico do sábado Don Lucho , rotou todo o posible e máis  e fixo unha de cambios,  pensando no Atleti, puff !

O mesmo lle pasou a Carlo o ano pasado gañoulles un dos 2 Clásicos a tempada pasada , e o average, pero chimpárono igual a pesares de salvar a tempada, como di vostede.

 Queda claro que o discurso téñeno gañado, pero o madridismo quere títulos señor Chuflas. De feito o sábado un servidor nin tan sequera celebrou o gol de Bale que posteriormente foi  anulado, algo que me aforrei, o de Cristiano si que o celebrei  porque  xa era carallada o que se vía no campo, The Net que ben lles vai dende que o “rei mago” convenceu a “non estamos tan mal” para que cambiara a disciplina de voto, o mellor movemento da historia do fútbol.

Tamén é importante xogarlle o Barça da maneira que eles queren para que che gañen , non vaia a ser , o Jemez-system é o perfecto, dano en primeiro de Guardiolismo nos instis ! Se sales do carril a mamar crónicas e artigos de vitoria vergonzante, e ter que escoitar que foi un partidazo no que nos comeron   os primeiros 60 minutos e non sei que de transicións. Menos tiros a porta que o Madrid e no primeiro gol non sei cantos toques daría o Madrid, pero uns cuantos dou, transición ! Despois miras os datos e tirou máis a porta o Madrid, que por certo é o equipo que o fai máis nesta Liga. Levamos tropecientos penaltis máis a favor porque tiramos máis a porta din, tururú.

E bueno as 4 expulsións perdoadas a Ramos ( do IQ de Churu mellor non falar ), iso que non falte, como súa tarxeta por protestar o principio para condicionar como di unha amiga. Temos imaxes desas xogadas para opinar ata na estación espacial, do que non hai é dun super-placaxe de Masche , que sería penalti,  ( Masche con cartón por certo ) a Bale creo que na NFL son máis simples ata tirado no suelo o agarrou, ou un aínda máis incrible de Messi a Pepe no corner previo o gol de Piqué, ou unha super entrada de Raki a Marcelo uns minutos antes da que si lle puxo, de esas non hai repeticións, o que si hai por sorte é internet pero claro iso non interesa a mellor Tv do mundo. Teñen o discurso gañado e as retrasmisións capadas. Eses supercomentaristas  que non saben o regulamento pero teñen todos os cursos de Guardiolismo.

Ou porque pensades que quitou a Raki o momento de levar o cartón o sábado, porque quitou onte a Busi  ? The Net señores The Net. Que rápido hai cartóns para uns e tan difícil para outros, onte viuse bastante claro. Que rápido hai imaxes duns e que tanto tardan as de outros, o señor trincatansas ca súa sele vano pillar non teño dúbida, solo hai que esperar.

Nunca tanto silencio houbo no meu TL coma onte, debían ter a conciencia intranquila ou algo, hoxe xa comezan a arrancar, está ben que senón é moi aburrido.

En cambio descubrín polas redes sociais  que en Inglaterra o partido de onte sacou a moita xente das sombras. Solo hai que ver un “tuit” do "ilustre madridista"  Gary Lineker e a repercusión que tivo : “ Suárez strikes again, but should he still be on the pitch ?” . Entre iso e que sacaron o dato de que en 106 partidos  da Era Shempions o Barça solo recibiu unha expulsión coma local   ( Sergi no 97 vs D. Kiev  ) esto será certo e 7 en total creo, solo 2 en eliminatorias e un foi o día de Ovebro, atadísimo ? En cambio os seus rivais caéronlle 30, case nada o seguinte na lista é o Bayern con 20 o RM ( 16 ) ! 38 goles a 7 de parcial cas expulsións creo recordar e en minutos case 11 partidos en superioridade na Shempios, iso seguro que o teñen adestrado . Pois montouse chico. Filipe tamén dixo algo, non ? Por saber vaia ! Dende onte a noite a teoría de Mou entrou en mentes "colchoneras" e inglesas, ollo o piollo.

 Ostras  hoxe comezou a campaña da Renda non vaia ser que vos esquezades , a páxina non vai por certo. É que parece que solo se fala de certas persoas que están nos Papers e outros non deben existir, estarán esperando a que aparezan os de Flo, que algo terá  feito por aquelas terras. Por certo os cartos son os cartos, machiño, sexas de dereitas , de esquerdas, futbolísta ou cineasta, se podes safar, paraíso fiscal. Outra cousa é que non teño tan claro que sexa delito, por algo lle chaman paraíso fiscal, moi ético non é, pero delito dependerá do caso.

Estaba pensado que falara algo do “Golf-sburgo” pero é que a veces , escoitar certas cousas e ter que calar sempre é aburrido.

Que si que son moi malos di The Orga - The Net, que van oitavos na “Bundes”, pero pasaron o grupo de primeiros , gañaron todo na casa na Shempions e  son uns dos poucos  que lle gañaron o Bayern este ano e son bastante anárquicos , estilo Madrid vaia, que cando lles apetece fan bos partidos. Que ese é o gran problema para hoxe do Madrid, en que plan saen. En plan con ganas de traballar ou no plan que defenda Casemiro.

O “Golf” ten unha serie de xogadores que me gustarían , incluso algún para o Madrid. Ricardo Rodríguez e Luiz Gustavo sempre foron futuribles nas miñas listas. Draxler e “Churre” son xogadores interesantes , iso si debemos explotar a Dante.

Como di Jabois a ver que versión vemos hoxe do Madrid : “ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”

Si queredes ser felices por unha vitoria do Madrid podedes selo e si nin fu, nin fa, tamén ! Pero nunca baixo orde do Señor Chuflas e os vosos amigos culés que son os únicos  que saben ,xa que  teñen o título de insti do Guardiolismo Futball Expert !

P.d. O termino "bolas calientes" deben de ser a dos rivais que xogan contra eles , non ? Despois do que lle preparan sempre. Cando as cousas van mal sempre aparece The Net coma no mítico capítulo dos Simpson en que Moe saca a Homer do ring con aquel artiluxio voador, que Meme tan boa é esa  foto sempre. Agora regalarannos un penalti vs o Eibar ca Liga perdida e xa está compensado. Xa sacaran a súa maquinaria , falarán de Ramos , de CR e do ano pasado Arda, atadísimo. Que "mucho morro " ande polo medio sempre, atadísimo.

En días coma hoxe penso que a falta de carácter dos nosos xogadores e The Net provocan o 1 de 8, igual despois do partido desta noite quédome solo ca primeira, pero a dúbida sempre queda. Son moi bos , por suposto, teñen a Messi por suposto, pasan cousas raras por suposto. Onte o Barça 20 faltas o Atleti 16 , OMG, o discurso atadísimo.

En capítulos anteriores :



En Maio do 2011 descubrimos por primeira vez o señor Chufas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario