martes, 19 de febrero de 2019

Teoría rara.


Levo tempo pensando nunha teoría conspiranoíca que pasea  pola miña cabeza e a que non sei darlle nome, pero está baseada nun tema político  engadido  a  que o Real Madrid non sabe ou non é quen de gañar a batalla mediatica e dende ese punto perde tódolos demais.

O  gran compoñente  é político por certo, de feito creo que convirten  o Real Madrid como  o ogro  que necesitan algúns para vender o seu producto indepe. Triunfar ante o Madrid é o triunfo indepe. Está todo instrumentalizado para vender o Barça como a súa comunidade autónoma e realmente eo, o club máis corrupto da actualidade aínda que nos venden totalmente o contrario. Vender producto Barça como o mellor cando é algo podrido pero ben enmascarado.  Ou como di Je Vg : “ Calquer decisión en contra do Barça sería tomada pola entidade e pola comunidade como un castigo contra a maltratada Cataluña, poñendo todo o seu aparato mediático para deixar claras as formas do estado represor.”

Tan solo hai que pararse a pensar que pasaría se Ramos organizase unha competición de tenis e o capo da Liga o patrocinase. Se o xefe do deporte en España escribise un artigo falando ben do Madrid e acto seguido fose contratado pola empresa do VAR. Se Valdano dixese que cambiaron o voto a presidente da Federación para beneficiarse e que dende aquela o saldo arbitral sexa escandaloso. Que se diría se  Lukita fora a Italia para ver ao dietista que ten casiños raros con ciclistas, non pode o dietista vilo visitar aquí, non lle pode mandar a dieta por mail?

Como nos vendían esa superioridade moral do canteira vs carteira e todo aquel conto. Como creo que incluso levaron o parlamento o fichaxe de Cristiano. Agora non se fala nin mu do dispendio en fichaxes culé nos últimos anos, e do pobre bagaxe da canteira no primeiro equipo culé. De chimpar canteirans e traer  certos cedidos. Porque xa non se fala diso? Porque non se fala da masa salarial dun club e doutro ?

De como desaparecen imaxes raras culés e aparecen todas as nosas. De que un declarado culé -  indepe manexe as realizacións do fútbol, e teñamos que pillar imaxes dende outros países. Pero que sempre teñamos a perfecta imaxe da pancartiña. De que se denuncie a Bale pero nunca a Suárez.
Ou como o seu xefe da mesma eira, fai uns calendarios televisivos guapos, aínda recordamos como mandaron un clásico a un luns, foron risas.

Así é como funciona a maquinaría , e venden todo o contrario que hai caverna madridista e demais pamplinas. Venden que os medios son madridistas, cando están cheos de indios e culés.  Cando a televisión que pagamos todos ten a sede de deportes en Barcelona e está chea de culés que venden sen pudor esa idea. O medio que ten o Real Madrid a favor é a súa propia televisión os outros maioritariamente anti, aínda que nos queiran vender o contrario. Solo hai que ver como tapan o anteriormente contado para indios ou culés e como sacan todo o noso , se Isco di non sei que, que Bale non sei canto, que agora Isco titular…. Tan solo hai que ver a liña editorial que venden todos, falar do Madrid si, pero xeralmente mal. Como os que controlan boa parte da produción e das retrasmisións de deportes neste país son eses dous señores a cada cal máis mafias e perigoso. 

Non sona raro tanto interese de que o partido de Miami fora un Girona vs Barça. Porque non  un Atleti vs Valladolid ou Barça vs Betis  por exemplo. Porque eses dous equipos ? Porque tanto interese onte en vender o triunfo do Girona no Bernabéu  como apoio aos políticos presos ? Solo hai que ver certas declaracións. O Real Madrid queren facernos crer que significa imperialismo. Home por favor ide facelo entre o millo se tedes vergoña.

De como lle blanquean todo a uns, se fan algo sempre incluén ao Madrid na ecuación para enmerdar. Cando non hai nin comparación do trato en competicións nacionais duns e doutros.
Faime gracia tamén que un diario dalá arriba dixera pola polémica do basket que o Madrid non podería saír da liga por motivos políticos nun artigo de opinión cando fai meses decían todo o contrario sobre o seu querido club, un non entende. É máis un equipo que xa non se ten presentado a partidos tanto en basket coma en fútbol sen repercusión algunha.

Por certo como madridista non me importaría marchar das competicións nacionais, outra cousa é que a lei do deporte non creo que o permita, pero visto os tratos non estaría mal. A Flo é algo que lle pide o corpo saír das competicións nacionais pero  non é moi factible pola lei. Debemos  por fin ser malos tamén, ser bravos. Como exemplo no basket , porque razón nos costa tanto en competición nacional e na europea atundámolos constantemente os últimos anos. Non deixa de ser rara esta situación tamén.

Como che venden unha e outra vez  o tema Franco. Non sei pero Franco en Europa non creo que pintara moito, non sei iso parece. Incluso en basket por exemplo non nos deixaba ir xogar a URSS. O que si fixo Franco foi salvalos da bancarrota con diñeiro do estado  ou recalificacións e recibir unhas cuantas medallas de honra. Cando o Madrid gañou a primeira liga con Franco no poder o Barça xa levaba cinco, para os amantes dos datos.  Acórdanse agora de quitarllas, debían ter medo que se levantara e se cabreara.

Como che venden que Florentino manexa todo e o real é que non pintamos unha merda. Que non votamos a Villar , nin a Tebas ….. Pero todos recordamos o “ que más quieres que te dea… “.
Manexan o nobre arte de manipular a perfección cun sistema ao seu antollo e incluso me temería que os fondos dunha comunidade tamén xa que é o seu maior expoñente publicitario no exterior.
Como intentan equiparar erros, un de apreciación e outro con 11 cámaras mirando, non saben o regulamento solo enmerdar. En cambio pouco se fala de que lla foran a montar a Itudis e aos do Canarias nas semis por exemplo , dirixentes do basket do FCB, iso tápase todo.

Nalgún momento teremos que destapar a manta e ir a guerra, creo que chegou ese momento señores.  Podemos criticar as cousas que fai mal o club pero tamén protestar cando nos queiman , pódense facer as dúas cousas a un tempo. Nun país cheo de corruptos, non nos deixan crer que no deporte tamén hai corruptos. Máis ben si nolo deixan crer pero sempre si cremos que é o Madrid, que ben manexan o cotarro, así funcionan. A guerra do basket é un bo aviso para a que se aveciña no fútbol. Apareceran os antis  que falan do señorío do Madrid tamén, señorío tamén é non deixarse ultraxar.

Agora como fan sempre regalaranche un penal nun partido calquera en liga que está perdida que non valerá de nada e xa teñen o de sempre montado que axudan aos dous equipos igual, que listos son e que ben o teñen montado, en cambio cando fai falla sempre desaparece todo, imaxes, igualdade ..... estamos esperando que nos piten penals nos Clásicos, non sei cantos debeu facer Masche...

P.d. : Si alguén debería ser independente sería Galicia e o seu Reino. Si alguén ven sendo beneficiado durante séculos son eles, dende o proteccionismo ata os nosos días  e sobre todo con Franco e os gobernos de dereitas que lles deron todo, incluso falaban catalán na intimidade,  pero aquí os galegos estamos pagando o non saber elexir ao longo do tempo, sempre eleximos o bando perdedor é unha realidade.

Anteriormente :





No hay comentarios:

Publicar un comentario