viernes, 10 de mayo de 2019

Cousiñas.

Bueno a semana trouxo unhas cousiñas interesantes e vamos a falar tan solo un pouquichiño non vaia ser.

Podemos pensar que a tempada do Madrid foi realmente desastrosa, unhas das peores que recordemos e a vez alegrarnos de que o Barça se fora ao garete en Champions, como sempre digo ambos equipos están interconectados. Por exemplo a tempada pasada a nosa tempada foi case igual de lamentable e o Barça fixo dobrete pero a nosa vitoria en Champions tirou por terra a súa, sobre todo nas súas cabezas. Algo que creo que tamén pasou a primeira tempada de Zizou. Non vamos chorar por ver perder ao Barça, e debemos alegranos , non consola moito que sexa a nosa maior ledicia da tempada, pero  si alivia a dor.

Manda truco que vaian facer dous dobretes seguidos e lles deixe mal sabor de boca, xa que non conseguen gañar a Champions. De feito poden dinamitalo todo , incluso chimpar o mister que pode acadar dous dobretes seguidos por non levarse a Champions. Recórdame, un pouquiño,  a obsesión que tiñamos nos na época da Quinta do Buitre que acadamos cinco ligas seguidas pero o non acadar a Copa de Europa fóronse facendo  cousas raras  , ata que todo se perdeu e a Quinta languideceu. Chimpamos a Leo a pesares de gañar Ligas ou a Antic indo líderes, con iso digo todo. Pero o 5 a 0 de Milán foi o principio do fin.

De feito un servidor ao igual ca eles pensou que xa nunca gañaríamos voltar a gañar a Copa de Europa, e por iso foi tan celebrada a ansiada Sétima. Arrancouse a miña época con Seis Copas de Europa, as seis de vantaxe que tíñamos co Barça, cas míticas frases de en branco en negro e todas esas trapalladas que nos dicían ...... Quen diría que a día de hoxe , despois da súa época dourada, de Cruyff, de Messi, de Eau de Pep, de inventar o fútbol , do supostamente mellor equipo e xogador da Historia, lles saquemos incluso dúas máis de vantaxe, oito. Creo que iso é o que tanto lles doe e por iso están dispostos a trocar tantas cousas porque non acadan triunfar en Europa con todo o que supostamente son. Quizais é porque en Europa non teñen o vento a favor coma por aquí, quen sabe.

O mellor foi como caeron eliminados e o cuarto gol, unha risa vaia,  xa que logo que Kloop detectase que os xogadores do Barça pasen os partidos queixandose o árbitro e grazas a esa debilidade cascarlles un gol foi mítico. En España quizais non pasaría pero en Europa non perdoan. Un servidor que non sole ver Barça se non xoga co Madrid, pero unha situación especila propiciouno. Quizais a teoría de que o segundo de Unicef daquela era o que controlaba os arbis Uefa quen sabe ?

Por iso debemos aproveitar o momento, a próxima tempada vai ser transcendental, debemos por fin competir en Liga e Copa, e loitar en Champions non queda outra que volver a empezar e aproveitar as dúbidas que terán despois de caer co Pool. Aínda que con De Jong xa comezan a rearmarse e confiemos que non caia tamén De Light.

Como sempre digo , gañar a Champions é moi difícil xa que unha mala noite e todo ao garete. Unha expulsión, un penal, a sorte , un gol en propia......, e por iso Zizou e as tres seguidas serán míticas, pero hai que ir a polas Ligas , moito que mellorar no Madrid senón queremos vivir de desgrazas axenas e ver como nos están a coller en Ligas por moito que sigamos aumentando ventaxe en Europa.

Bonus track :

Como dí Aitor Lagunas : " Hoxe que afloran dilemas estilísticos , o fútbol hoxe premia :

1- Cabeza fría para aguantar trances complicados durante os encontros.
2- Pernas para presionar moito, tanto si defendes alto como si defendes na túa área.
3- Versatilidade táctica, por moi convencido que esteas da túa idea, haberá partidos que che obligarán a reaccionar.
4- Xenial si tes estrelas pero rodeas de suplentes competitivos i enchufados.
5- Últimas novas : O balón parado é parte do fútbol.

Ningún punto é incompatible co xogo de posición ou con ningunha outra idea futbolística.

Anteriormente :

Nomes e críticas .

Pajiplantillear . 

Uns datiños . 

A 13 . 

Da 12 : Bilis , reflexións , que pouco sei de fútbol .

Chámalle X .

Rarezas do 2011.




No hay comentarios:

Publicar un comentario