lunes, 27 de mayo de 2019

Un curmán de Curtis.

Pois un servidor ten un curmán en Curtis que resulta que é moi amigo de Luquiñas o cal lle contou todo o que vai suceder este verán no Real Madrid , así que alá vamos ca exclusiva.

No tema da portería está claro Tibú vai ser o porteiro titular  e Keylor vai fora. Navas vaise ir para o Porto a ocupar a praza de Íker. O segundo porteiro vai ser Luca, por expresa petición de Veronique a muller de Zizou, que quere ter o fillo preto e con bo soldo. Polo tanto Lunin vaise ir cedido , ou o Xetafe ou o Valladolid de Ronaldo, aquí reside a dúbida. O Valladolid de Ronaldo vai ser un club amigo de cedidos esta tempada según nos conta o meu curmán o amigo de Luquiñas.

Na defensa os laterais dereitos quedan os dous. Nos centrais vamos ter un troco total, Militao e Varane quedan pero a sorpresa vai ser con Sergio Ramos que non vos enganen non está disgustado por como o trataron e todas esas vainas, todo é cousa de René que quere máis cartos e que se lle van Keylor e Luquiñas os seus amigos da alma. Flo cansouse del e vai rematar na Juve con Ronaldo por outros cen quilos. Con eses cen quilos o Madrid xa ten fichado a De Ligt que vai na operación Pogba con suculenta comisión para Raiola. Tamén se vai Nacho a pesares de renovar e o seu sustituto vai ser Diego Llorente e non Hermoso como cabía esperar.

No lateral esquerdo tamén vamos ter trocos, vanse os dous. Marcelo vaise tamén a Juve xunto con Ramos para xuntarse con Cris. O seu sustituto vai ser Mendy. Pola súa banda Regui vaise cedido o Valladolid e o Madrid ten fichado a Grimaldo do Benfica. Regui ten mala relación con Zizou dende que lle quitou unha moza a Luca e o pai defendeuno , por eso tivo que facer as maletas antes xa.

No centro do campo saen Llorente outro que ten mala relación con Zizou por cando lle dera a capitanía no filial a Enzo e non a el. Ademais o club pensa que o entorno moratesco de Llorente é moi malo, si é cesión será ao Espanyol en venda non ten destino claro pero sería fora de España. Ceballos tamén sae e vai entrar ou na operación Eriksen ou na operación Jadon Sancho que se está a desenvolver na sombra. Chegaran Eriksen e Pogba. Isco tamén se vai e ou entra na operación Pogba ou por cen quilos ao City.

Arriba tamén vamos ter trocos, Bale tamén é candidato a entrar nas operacións Eriksen ou Pogba. Mariano entrará na operación Jovic. Asensio vai saír para acadar cartos para fichaxes. O Madrid ten moi avanzado a Jadon Sancho e tamén vai entrar na operación do verán que vai ser Neymar, xa que o PSG vaise desfacer del a petición do tartaruga. Luquiñas o que contou todo tamén vai saír destino Premier posiblemente con Benítez, algo que cabreou sobremaneira a Ramos. Tamén se vai ceder a Vini ( non caben todos ) ao Valladolid xunto con Rodrygo, ademais alí van ter sesión de aprendizaxe de festa e demais con Ronaldo que tamén  servirá de formación para a volta a Madrid. Aprenderan a como chegar aos adestramentos despois dunha longa noite de festa e copas. A pedir ir para o ximnasio e a como dicir que teñen gastroenteritis por culpa de cear rodaballo ou ameixas babosas.

 Por certo Bale que fala moi ben galego debido a que vai xogar a petanca con Luquiñas dixoñe que non quere marchar nin de coña, que nas illas non se pode xogar a petanca.

O de Hazard está feito e ollo a operación Havertz do Bayer que tamén gusta moito, o Madrid quere vender a bomba HH e parella explosiva.

A James van tentar colocalo na operación Hazard si o Chelsea pode fichar , senón na operación Pogba. Na operación Hazard si vai entrar Kovacic que con ficha no Chelsea ata o 30 de xuño, si se podería quedar sin problemas cas fiestras para a Fifa.

Dependendo destas e doutras operacións van estar Ody, RdT , Brahim e incluso Theo o cal Zizou pretende probar coma central, nunca coma lateral.

Pois a grosso modo isto é o que fan os periolistos, din que coñecen a alguen e inventan os fichaxes cada día. Para ter máis novas pois van día a día soltando algo a ver si cola e aquí fixemolo todo xunto. Agora ides e credes a prensa , cando estean as cousas confirmadas falades o resto son especulacións para vender, nin máis nin menos. Zizou pasou de non querer adestrar o Madrid a ese mesmo día ser presentado, Keylor era o que quedaba e agora é Tibú....... E cada día unha nova exclusiva mundial, totalmente diferente a da semana anterior.

Anteriormente :

Cousiñas . 

No hay comentarios:

Publicar un comentario