martes, 9 de abril de 2019

Pajiplantillear.

Onte tocou sacar uns datiños e hoxe toca falar un pouco do posible plantel para a próxima tempada.

Somos conscientes de que Zidane non é un adestrador superlativo no táctico, pero si parece un bo xestor de vestiario. A próxima tempada vai ser a máis difícil que lle tocou vivir xa que vai ter que crear un equipo, algo para o que os máis críticos coma un servidor non o vemos moi capacitado. Ademais vai ter que cargarse xente ou iso esperamos algo complicado tamén. Pero si hai alguén que merece esa oportunidade e que amosou que debemos confíar nel é Zizou.

Foise como futbolista cando pensou que xa non daba, perdoando contrato. E foise coma adestrador polo mesmo. Polo tanto merece a oportunidade. Ademais a Mou neste momento si que non o vía. E no mercado aparte de Poche ou quizais Allegri non vía moito no que mesturara ben plantel, egos, xestión e confianza de Flo que é o máis importante.

Dito esto e despois das dúbidas de entrada cas alineacións e demais, por exemplo por poñer ao fillo que é moi limitado, xa comezamos a entrar en razón. Quizais puxo ao fillo porque Tibú estaba lesionado e para darlle un toque a Keylor que se está ikerizando como predixen no seu día xa que me parecían moi parecidos, así que chegaron os anos as súas pernas pois baixaría, e si ademais se ikeriza no de filtrar mal vamos.

Agora vamos a pajiplantillear logo :

As prioridades do plantel deberían ser gol , desborde , fame para competir todo e o adestrador debería axudar cun entramado táctico defensivo e ofensivo. Ademais hai que limpar algo o aire do vestiario por iso igual hai que trocar cromos dunha vez.  O Real Madrid ten serio problemas para manter a concentración en competicións como a Liga ou a Copa. Como di Sorel e un servidor comparte ," o Barça gozou dun clima favorable mediático institucional, ¿ Por que o Madrid consentiu iso ? O gran debe de Florentino".

Ollo vou falar obviando os cupos de nacionais e canteirans que piden Liga e Uefa porque non sei como serán de cara a próxima tempada.

Na portería un servidor quedaríase con Tibú, sempre do gusto dun, pero dame medo que sea tan coñecido nos ambientes nocturnos e sobre todo que miña nai sepa quen é, por a quen se chimpa, si miña nai o coñece mala sinal, pero ao Keylor ikerizado non o quero. De suplente a Lunin e de terceiro o que queiran da canteira.

Na defensa quedaría cos dous laterais dereitos, Carvi e Odri. Nos centrais ca chegada de Militao, pois menos dúbidas. Con Ramos hai que quedar , para o bo e o malo é o que nos marca a defensa, cos seus días Churu e os seus días DSRG , de Zizou dependerá domesticalo. Un servidor non dubida de Varane a pesares da súa lamentable tempada, pero parece que el quere irse ou quere máis diñeiro. Desprenderse de Varane no difícil mundo dos centrais non sería sinxelo, asique ou millonada ou que quede. Con Nacho o que antes sempre cumpría tamén teño dúbidas, sustituilo por un central de rotación que non teña moitas lesións, quizais Hermoso, pero como dixen anteriormente o tema de centrais e complicado, tarefa de Zizou. Vallejo necesita xogar e non lesionarse, cesión de manual. No lateral esquerdo creo que Regui merece unha oportunidade coma lateral suplente con bastantes minutos , ademais tamén temos a Fran García abaixo por si acaso. E o problema é Marcelo é un lateral tan incrible coma indisciplinado en defensa tácticamente, pero é moi difícil de sustituir, tema tamén para Zizou. Os cedidos, parece que Theo non da o nivel así que igual hai que vendelo xa. Achaf ten dous anos de cesión e unha inoportuna lesión este mes, se segue así debería voltar cando remate a cesión, ademais está funcionando mellor na esquerda algo interesante.

No centro do campo algo hai que trocar , porque a sala de máquinas non funcionou este ano. O meu fichaxe sería Eriksen sen dúbida, quédalle un ano de contrato e é o máis parecido a Modric que vexo. Pogba non me encanta pero se quere Zizou pois alá el, o igual ca Rabiot que viría gratis aínda que entre o indisciplinado o igual que Paul e a pouca sangue que ten non sei. Nas saídas aceptaría calquera pero non a calquer prezo. Por exemplo hai que ter dous mediocentros defensivos coma Llorente ou Case, así que si se fora calquera deles habería que sustituilos e non o vexo factible. Dito esto Case leva dous aniños que por deus. Xa non da e os medios xa non axudan o que axudaban por iso hai que trocar cousas e posiblemente xogar con catro no medio. Pogba non defende por exemplo e Rabiot tampouco quere xogar de medio defensivo, que non pense a xente que van abarcar a ostia de campo se os fichamos, máis ou menos coma Kroos e Modric e xa sabemos o que pasou con eles.

Kroos outro que tal baila é un gran xogador pero leva tamén uns aniños, é dos que mellor mercado ten e ca chegada de calquera dos que pido igual hai que vendelo a el, pero sempre con gran prezo ou para limpar o aire. O mesmo pasa con Lukita aínda que con el sempre quedaría, iso si para X partidos solo, dosificando bastante.

Ceballos e Isco parécenme xogadores dunha inmensa calidade e dos que non me desfaría, preferiría incluso chimpar a Kroos a bo prezo , pero igual todos non caben e algo hai que cambiar porque estes dous anos non funcionamos. Según necesite cousas Zidane pois quedarían ou non.

Valverde e Brahim quizais deben ir cedidos, tamén en función dos que entren e saían, aínda que a de Brahim parece clara , necesita xogar.

Os dous cedidos da medular son o noruego Ody e Kovacic. Teño gañas de que o noruego teña unha oportunidade coma xogador de rotación e a Kova xa o teño un pouco cruzado pero coma os outros dependerá de entradas e saídas.

Despois entre aguas de medio e arriba temos a Lucas e Asensio. A Lucas xa o teño moi visto e leva unha tempada que vaia por deus tamén. Pero miras estatística e é o xogador máis utilizado por Zizou e axuda aos laterais, un servidor vendíao pero non creo. Con Asensio pasa que por aquí opinamos que debería xogar por dereita , para ser importante. Tampouco rompeu como esperábamos este ano, pero quizais necesite unha última oportunidade.

Para súa zona para xogar por esquerda o fichaxe debería ser Hazard e con Vini para dar descansos.

Arriba os nomes deberían ser Kane ou MBappé pero claro vense imposibles, superclases en boa idade . A bo prezo Lewan, Dzeko ou Cavani tamén valían, incluso Aspas aínda que xa vamos un ano tarde, vai un pouco maior.

Fálase moito de Jovic pero da un pouco de medo. Non é un nove - nove, nas dúas campañas en Benfica fixo nove e dous goles, e ademais era moi coñecido pola noite lisboeta, a saber como respondería a de Madrid. Ten calidade pero é un gran risco , xa que incluso con Serbia non é o nove único titular. Por 30 ou 40 aínda se arriscaba pero xa anda polos 80 kilos, e cada vez aparecen máis dúbidas, dos primeiros informes bastante bos que se tiñan del.

Pero está claro que necesitamos gol si ou si e é a papeleta máis difícil a atopar. O Madrid para aspirar a títulos necesita que Benzema manteña o nivel goleador desta tempada e fichar a un que meta 35 ou 40 goles . Non podemos creer que todo se vai arreglar cun Karim coma o deste ano e un fichaxes atrás porque necesitamos gol e moito que se nos foi Cristiano e xa sin el fai un ano demos pena. Así que a chave vai ser acertar co goleador. Pero nunca fialo todo a Karim.

De terceiro dianteiro pois vale con Mariano ou RdT pero hai que ter un terceiro dianteiro. O tema Rodrigo pois a ver , pero non sei igual necesita unha cesión o igual ca Borjita.

A saída de Bale é inevitable, foi un xogador importante e está amortizado por moito que digan os periolistos, marcou en tres das catro últimas finais de Champions , pero leva dous anos penosos e non dou o nivel de líder. Grave erro non telo vendido o verán pasado.

Ala xa podedes opinar.

Anteriormente :

Datos que doen.

Search caeu Zizou  e Volve ZZ.

Xogo de Tronos.

Así analizamos as anteriores summeranias, para que vexades que nos equivocamos en cousas pero non nos escondemos que para eso temos o blog .

Summerania e intro summerania.

Ciao Cr.

No hay comentarios:

Publicar un comentario