Hoxe o tema vai ser soltar datos ao tolo para que os lectores saquedes as conclusións que queirades. Alá vai :
O Real Madrid tan solo está a dous puntos do Atleti e a trece do Barça. Nos números apreciamos que o Barça leva 81 goles a favor e 31 en contra. O Atleti 45 a favor e 21 en contra. O Madrid 55 a favor e 37 en contra. Quizais é un problema de gol o que temos, xa que en contra non estamos tan lonxe do Barça ?
Entre Messi con 33 goles e L. Suárez con 20 levan tan solo dous goles menos que todo o Real Madrid que leva 55 . Karim 17 e Bale 8 son os dous primeiros do Real Madrid. Por exemplo Griezmann e Raúl de Tomas levan 13 goles, coma contrapunto.
Con Lopetegui o Madrid logrou remontar 1 partido dos 8 que fomos por debaixo. Con Solari 2 de 10. Con Zizou levamos 2 de 3. Por exemplo o Barça con Valverde logrou remontar na súa etapa no Barça 21 de 24 en 68 partidos.
Goles marcados/ contra / clasificación do Real Madrid nas últimas ligas :
07/08:84 a favor, en contra 36, campión o Madrid con 85, segundo o Vilarreal con 77. Schuster.
08/09:83 a favor , en contra 52, subcampións con 78, campión o Barça con 87. Schuster/Juande.
09/10:102 a favor, en contra 35, subcampións con 96, campión o Barça con 99. Pele.
10/11:102 a favor, en contra 33, subcampións con 92 , campión o Barça con 96. Mou.
11/12:121 a favor , en contra 32, campións con 100, segundo o Barça con 91. Mou.
12/13:103 a favor , en contra 42, fomos segundos con 85, campión o Barça con 100. Mou.
13/14:104 a favor , en contra 38, fomos terceiros con 87, campión o Atleti con 90. Carlo.
14/15:118 a favor, en contra 38, fomos subcampións con 92, campión o Barça con 94. Carlo.
15/16:110 a favor , en contra 34, fomos subcampións con 90, campión o Barça con 91. Beni/Zizou.
16/17:106 a favor , en contra 41, campións con 93 segundo o Barça con 90. Zizou.
17/18:94 a favor , en contra 44, fomos terceiros con 76 , campión o Barça con 93. Zizou.
18/19: Este ano como dixemos de momento 55. Este ano levamos 37.
Expulsións en Liga :
Ramos 20 expulsións.
Costa 2 expulsións co Atleti e unha en Valladolid.
Suárez 0 expulsións.
Saldo de expulsións nas últimas cinco ligas :
Barça : 36 rivais e 9 deles . Saldo de + 27.
Atleti : 19 rivais e 17 deles. Saldo de +2.
R . Madrid : 16 rivais e 19 deles. Saldo de - 2.
Saldo arbitral juanpfrutos de marzo de 2017.
Nos últimos 100 partidos de liga :
Penaltis :
R. Madrid : 23 a favor e 10 en contra . +13.
Barça : 20 a favor e 3 en contra. +17.
Expulsións :
R. Madrid : 7 vermellos , 7 vermellos rival. 0
Barça : 5 vermellos, 17 vermellos rival. + 12
Outros datos de interese :
O VAR da Liga é cousa de Mediapro, do cal o dono e un declarado culé .
O que controla as imaxes que chegan ao VOR , Óscar Lago , outro recoñecido culé e que incluso ten fotos en redes sociais con xogadores culés , por exemplo o que nunca foi expulsado en LIGA. Ademais é o realizador dos partidos do Madrid e Barça tanto en Liga coma en Champions. Quizais por iso se filtran unhas imaxes e outras non.
O responsable de redes sociais e contido dixital da Liga foi antes CM do Barça durante 6 anos, Jaume Pons.
As ligas perdense por multitude de cousas , estes datos axudan a que saquedes conclusións. Os datos son información non opinión.
Anteriormente :
Tamén caeu Zizou.
Hechicero e Franco.
Volve ZZ.
G O T .
Teoría rara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario