lunes, 6 de mayo de 2019

Search Me ! Nomes e críticas.

Vou deixar un resumo do mellor da semana en tuister, perdoade pero non vamos poñer o autor xa que o vamos traducir ao galego e darlle un toquiño, pero moitos son do gran Emil Sorel . Alá vai :

Cada partido do Madrid que pasa entran gañas de chimpar un xogador novo, tan solo Brahim mostra algo, e por exemplo a actitude de Isco e Asensio deixa moito que desexar, por iso vamos deixar no Face unha foto para que marquedes a quen chimpariades. Un desafio !! Por certo a foto creo que foi sacada de madridisme, non recordo.

O Madrid leva sufrindo a Messi dende fai máis dunha década e sabe que solo hai unha maneira de intentar contrarrestalo. Crear un plantel incrible e ser tremendamente ambicioso. Alguén por algunha razón que aínda non nos explicaron decidiu que iso xa non era boa idea. Que empeorar ese plantel sucesivamente e abandoar esa ambición máxima era o mellor camiño para seguir gañando. Este verán despois dun máis que posible triplete do máximo rival, ao cal o Madrid lle achandou o camiño, estamos obligados a crear algo novo, con seis ou sete xogadores de máximo nivel. E aínda haberá quen diga que non é para tanto.

Sería interesante que alguén con capacidade de revertir a situación, si teñen inteción de darlle a volta e como. Pero o primeiro sería recoñecer que hoxe estamos moi lonxe de poder competir. Recluirse en excusas e realidades paralelas solo postergará a solución.

A Zidane recomendarialle , si puidera, que se preocupase xa de organizar un sistema defensivo propio dun equipo de elite e non o que ten. Aínda que un sistema eficaz sexa imposible con algún dos xogadores que lle gusta moito.

Aos xogadores entendos, moitos ven a gadaña preto e reaccionan como poden. É posible que a este grupo se lle faltara ao respeto, pero o que é seguro é que eles lle faltaron o mesmo ao siareiro branco con este ano lamentable.


Un dos principales artífices de que o Barça vaia gañar o triplete somos nos que non os sometemos a ningún desgaste nas competicións domésticas. Por exemplo o Liverpool perde a Firmino, Salah ....  polo desgaste en Liga , Champions. Si gañan , fastidiamonos e aguantamos como fixeron eles estes tres anos. Que o club e os xogadores fixeran ben o seu traballo.

Do estilo Barça xa solo queda o de xuntarse rodeando ao árbitro.

O Barça domina as áreas, eche o que hai, xa ninguén se queixa da "pegada" que fai anos utilizaban coma algo despectivo con respecto ao Madrid. Ese tabú do que ningún periodista quere falar. Algo que se lle criticaba o Madrid, algo que chamaban Flor.

Cando falades de que o Barça controla o mensaxe , estamentos e demais, estádelo alabando. É traballo do club tratar de influir en todo o seu favor e fano con matrícula de honra.


Anteriormente :

Pajiplantillear .

Uns datiños.



No hay comentarios:

Publicar un comentario