jueves, 14 de febrero de 2019

Mini post , Ajax.

Neste primeiro partido vs o Ajax viuse o que viña avisando nos últimos días que Solari debía rotar fronte ao Atleti xa que a Liga está perdida e tódalas nosas opcións xogaranse en Copa e Champions.

Un Ajax que encantou e o equipo un pouco mamado foron o noso pesadelo. Confiouse e moito Solari e o equipo . Solari debe coidar a Modric e Karim sobre todo porque o noso fútbol vive deles, e tamén a Varane, Ramos e Vini porque sen eles tamén mal vamos, polo que aportan atrás uns e arriba o outro. Temos xente para rotar , Odri, Marce, Isco, Ceballos, Bale, Asensio, Mariano ( un servidor é moito de Mariano porque é un rematador e poñelle gañas pero é dos que peor entende o xogo hai que saber que partidos poñelo ), Llorente cando se recupere, hai que saber mesturalos e que non lle pase nada aos centrais, Lukita, Karim, Vini.

 Onte foi un deses partidos nos que perdes a Champions, por iso é tan difícil gañala, unha mala noite e para a casa. A un servidor pareceulle que vivíamos un dejavú de noites coma a de Wols ou Dormund, con xogadores recibindo sempre de costas e no campo propio. Onte sobrevivimos pero xa gastamos a nosa primeira vida o primeiro día. Espero que Solari no próximo agobío de partidos en dúas semanas rote algo máis xa que serán Barça, Barça e Ajax nunha semana de novo. O Ajax sabía a quen apretar para que o balón chegará a Casemiro de costas e alí , zas, moi bo traballo. Ademais en ataque moitas veces saltaban liñas de presión co pelotazo dende atrás e como Nacho non gañaba unha, alí estabamos acuñados no noso campo.

Nacho fatal , leva un aniño bastante malo o que nos fai pensar a necesidade que temos dun central como levamos todo ano dicindo xa que Vallejo nin está , nin se lle espera. Carvajal tamén fatal , Solari debeu poñer a Odri no derbi para descansalo e Regui viuse superado polo partido, normal por outra banda, a presión do Ajax facía que fora un partido para Marcelo para saír tocando pero o seu estado de forma e poucas gañas non axuda a poñelo.

O partido foi imperial de Ramos salvandolle o cú a todos estes, pero claro forzou o cartón ao final, a ver se non lle cae un partido de regalo por pouco intelixente. Ademais non quero nin pensar a última vez que forzou un cartón en Champions foi vs Juve e sufrimos o indecible para pasar chegando cun 0 a 3 a favor. Xa podemos estar concentrados e descansados na volta senón queremos pasalas canutas. Últimamente funcionamos en Champions moi ben fora e fatal en casa.

O do VAR, parece fora de xogo claro xa que Tadic obstrue a Tibú, pero claro co Var de aquí do independentista seguro que non o pitan. De feito en dúas xogadas similares pitaron dúas cousas diferentes, ao Valladolid co Levante anulado, ao Sevilla co Barça dado. O mellor foi que o árbitro foi a velo, e que a UEFA explicou todo. En España chegan tódalas imaxes ao VOR ? Filtras o xefe indepen e o seu realizador ?  Sirvenos tamén para atopar madridistas disfrazados e ver os poucos periodistas madridistas que hai, moito atlético e caverna si  , pero atletico-indepen. Por certo ir a celebrar ca grada creo que é cartón, creo.

Algún día haberá que falar de verdades e mentiras de todo o ben que o teñen montado alá arriba, acordanse agora de quitarlle as condecoracións a Franco, despois de salvalos máis dunha vez e de como teñen todo a súa maquinaria de propaganda tan ben montada, non falemos dun tio supermillonario que ten que ir a outro pais ao dietista e tragarse co seu calendario tan cargado dito viaxe en vez de traelo aquí ou que lle mande a dieta vía mail, será porque foi dietista de ciclistas, en fin. A propaganda indepe tan boa sempre e os perigolfos ben pagos. Manipulación mediática chámese pero despois venden que é dende outro lado. Aquí solo se fala de autopistas, de pisos ou créditos noutros paises nada, de ser o equipo con máis gasto en salarios, ou dos que máis gasta tampouco, solo cando vestían de branco, aquel canteira vs carteira que tanto se vendía. Algún día tocaralle.

Non vos deixedes enganar , nin manipular.

Anteriormente :

Mini post Clásico.

Todo correcto.

Despropósito .

Manipulación mediática.




No hay comentarios:

Publicar un comentario