jueves, 7 de febrero de 2019

Mini post Clásico.

Vamos facer un mini artigo post Clásico xa que non temos moito tempo. Outro día tamén teremos que falar de cousiñas que nos chaman a atención de aquel país de alí arriba coma dicía o dos perfumes, coma o tema de repeticións que censuran e o ben que ven as pancartiñas , ens robam pero aos galegos que non vos confundan.

A alineación gustaba bastante ao inicio, aínda que por este lugar discutíamos a titularidade de Marcelo, algo que se demostrou  certo. E tíñamos dúas dúbidas, con Llorente ou Case apostando máis por Case, pero neso gañounos Solari xa que Case estivo penoso , e con Kroos ou Ceballos , creo que valía calquera dos dous.

O que si temos claro é que para o Wanda fan falla outros once casi. Xa que a Liga está perdida, e xogámonos todo en Copa e Champions aínda que non pensamos que vaiamos chegar a bo porto. Polo tanto no Wanda saía con : Tibú, Odri, Nacho, o outro central a dúbida de se Varane ou Ramos, pola esquerda Regui, no medio con Case ou Valverde se o quere reservar agora pola lesión de Llorente que vai a ser dura, con el Ceballos seguro e o outro posto do medio pois moitas dúbidas para min  pero apostaba por Isco, quero recuperalo , se lle está a dar tantas oportunidades a Marcelo , Isco tamén o merece. Arriba pois Asensio, Mariano, Bale, hai que ter ben os de arriba para o partido do Amsterdam, sabendo que Vini e Karim son os que están a sustentar esto, por eso unha lesión deles sería decisiva.

Tampouco estou moi contento polo resultado xa que sen Messi , nin Dembele debemos sacar algo mellor penso. Non aproveitamos a primeira metade.  Vini foi moi incisivo pero faltoulle un pouco de tranquilidade para finalizar ben os pases, pero non me queixo , del nace case todo.

Ademais resulta que nos funcionamos mellor no Campo Novo e eles funcionan mellor no Bernabéu. Pero bueno competimos algo que non facíamos semanas atrás e parece que algo está tirando de meritocracia Solari que é o único que lle pido. Pero hai outros partidos para rescatar a Marcelo se o pretende ao igual que a Isco, aínda que Isco ten que poñer algo da súa parte tamén e non entrar ao trapo senón está / estamos perdidos.

Anteriormente :

Todo Ok.

Despropósito . 


No hay comentarios:

Publicar un comentario