domingo, 3 de febrero de 2019

Search Me ! Eu non sei nada #186

" O concepto de "pico de forma" utilizouse no fútbol perante anos estando este relacionado cos ciclos de "Realización" da planificación ATR , a cal como sabemos non ten cabida hoxe en día neste deporte.


É posible predecir en agosto o rendemento que teremos en xaneiro ? É máis importante rendir máis en marzo que en outubro ? Son máis importantes uns partidos que outros ? Para min a resposta é non.

As planificacións hoxe en día non entenden de picos e si de lineal, cada semana , cada partido é tan diferente coma importante. Debemos conseguir que o xogador/a este sempre dispoñible i en óptimas condicións para que o adestrador poda sempre contar con el ou ela.

Todo isto solo será posible entendendo ao xogador coma un sistema complexo que vai máis alá do físico e inclúe o cognitivo, o táctico, o técnico , o emocional. E cada día , cada semana a través dun traballo multidisciplinar debemos lograr alcanzar "seu bo estado de forma" a través de tódolos compoñentes que forman seu sistema. " Rafel Pol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario