jueves, 17 de enero de 2019

Despropósito.

A esta hora parece que aínda non dimitiu Solari, nin a persona que o elixiu para gobernar o barco ata fin de tempada, pero o Real Madrid actual é un auténtico despropósito onde non  se atopa a ilusión para o siareiro por ningún lado. Para os que ledes o blog é sabido que Solari nunca gustou por estes lares, pero é que non hai por onde collelo.

Podemos entrar no debate que é xogar ben, para un servidor xogar ben é desempeñar teu plan e acercar o partido ao que ti buscas, que é diferente a xogar vistoso. O Atleti de Simeone ten un plan, o que pasa é que non é nada vistoso. O Madrid de Solari acumula xogadores e que pase o que deus queira, ese non é un plan. Non se pode defender igual si o teu plan é ter o balón ou si o teu plan é acular e saír a contra, o que si debes ter xogadores para cada plan.

E outra cousa non menos importante non podes pretender xogar ao estilo do Atleti tendo xogadores que non son quen de desempeñar esas funcións, non podes ter a Isco ou Modric 90 minutos correndo por detrás do balón, terás que adaptar teu plan de xogo ao tipo de xogadores que teñas. Non podes xogar igual cos xogadores que tes no Real Madrid que cos que tes no Morquintián por exemplo.

Solari non entende o tipo de xogadores que ten, pode ser plausible que xogue coma co Betis con defensa de cinco o que xa non teño tan claro é os xogadores que elixiu para elo, igual tes que ter un pouco máis de calidade no centro para enviar balóns arriba. Ou por exemplo onte que apilou xogadores para que non lle fixeran tres goles, pero si os xogadores que tes non saben facer iso, pois desastre total, e sin xente rápida para mandar balonazos arriba pois terás que ter outro plan digo eu, como ter algo o balón por exemplo. Sistema a contracorrente do equipo e que por encima non funciona.

Está claro que solo nos queda rezar porque estamos a xogar a ir sacando partidos para diante , sin plan, nin estilo, nin intentando nada e ata onde cheguemos chegaremos pero non ten moito futuro , nin presente isto e aínda por encima estase a levar por diante a paciencia do madridismo.

Non se atisba un plan, unha intención, nada de nada, solo que pasen os minutos e que unha indiviudalidade o soca adiante o que pasa é que non están nin Figo, nin Zizou, nin Ronaldo, nin Raúl, nin Cristiano ..... e así nin iso vai funcionar.

O único bo é que están a xogar os chaveles pero nun clima e nun contexto nada beneficioso para eles, sin un esquema ao que agarrarse. Unha autentica pobreza.

Por certo o fichaxe máis importante que temos que facer é un adestrador que lidere e con mando en praza, o equipo xa non ten alma. Do das lesións xa non falamos pero no fútbol de hoxe poñer a xente a correr coma tolos, subir escaleiras .... non ten moito sentido tampouco, efecto Pintus.

Se todos están fatal igual o problema é colectivo, non indivual e Solari é incapaz de crear algo para ese colectivo, solo dicindo que posiblemente Karim sexa o mellor do ano queda todo dito. Nin os chavales van poder crecer así. Non descargo de culpa aos xogadores tampouco, nos momentos difíciles hai que dar a cariña tamén.

O home era Guti, agora xa nin ilusión nos queda. Sinceramente valíame Michel tamén, case calquera antes que Solari.Queda moito por sufrir este ano aínda xentiña. Loitar e moito por ser cuartos, en Copa non pasamos a seguinte rolda e en Champions tampouco pasamos ao Ajax, e claro en Marzo a xente tan solo mirará ao palco xa.

P.d. : Non vamos a tapar nada co todo O.K. Jose Luis pero o VAR en España é un escándalo e sempre do mesmo lado.

O Real Madrid leva 4 penaltis en contra na primeira volta o Barça ningún, para atopar 4 penaltis en contra do Barça en liga temos que tirar para atrás 145 xornadas ( xornada 27 da temp. 14/15 , nas que o Real Madrid se lle pitaron en contra 17 penals , os datos coma sempre de Maketo Lari. Dirán que non lles chegan o área e que non os fan coma sempre, pero como estamos nos pois non podemos queixarnos. Casi nada.

Anteriormente :

Carta aos Reis.

Ano novo vida igual.

Apuntes Noiteboa.






No hay comentarios:

Publicar un comentario