domingo, 17 de febrero de 2019

Mini post Gironí.

As derrotas de Solari teñen un denominador común, sempre xogou Marcelo. Hoxe tiña que ser títular había que rotar e a liga estaba perdida antes de hoxe, pero está ben que se dean de conta algúns. Ademais foi sacar a Lucas do campo e todo un desproposito, incluido o adestrador, non sei que empecinamiento hai en poñer dianteiros e quitar medios, eso solo vale si queres mandar continuamente pelotazos senón esa non é a maneira de remontar sobre todo si o partido se estaba a perder dende o mediocampo. 

Uns datiños saborosos, nos últimos nove partidos de Marcelo en Liga solo lle gañamos ao Raio, dous empates co Bilbao e Vilarreal e derrotas co Sevilla , Levante, Barça, Eibar , Real Sociedade e Girona. En cambio os oito partidos de Regui en Liga foron triunfos.

Como dixen antes Marcelo hoxe tiña que xogar, de feito debeu rotar incluso máis, Casemiro, Toni e Karim tamén o deberon facer, xa que a liga estaba perdida antes de hoxe. En caso contrario debía ter a Lukita hoxe no banco , porque é o único con xerarquía para remontar con Vini sinceramente. Iso si se Solaria matou a Isco, quizais debía matar a Marcelo tamén por isa regra de tres. Un servidor prefire recuperalos e de momento deberá ser en Liga, que xa está perdida, si vai caendo o resto pois xa decidirá.

Na segunda metade aumentaron xente no medio os do Girona e Solari contrarrestou con quitar xente do medio, de tolos vaia. Ademais os nosos medios cansadisimos, lectura fatal de partido de Solari, algo que tamén facía Zizou ao meu entender. Cagada quitando a Lucas, máis cagada quitando a Ceballos, e nin colgamos balóns, igual o tema era poñer xente no medio Santiago Hernán. Renunciar a centrocampistas contra un equipo que se basa neles sempre é mala idea e poñer dianteiros ao tolo non suele funcionar a non ser que apliques o patadón, e aínda así non funciona. Eusebio puxo a Lozano sobre Odri e Portu sobre Marcelo, perdemos o balón e crise as nosas costas.

Estes partidos débenos sacar adiante os suplentes porque os titulares pasan bastante, rotou bastante Solari pero aínda lle faltou algún máis como dixen, Toni está para os lobos. E Solari non da, non hai máis. 

Ademais despois dos bos resultados xa se crían os reis do mambo outra vez, Churu despois do partidazo do mércores hoxe voltou as andadas, subidas a destempo xa na primeira metade e a buscar o seu goliño. Bonita volta a realidade. Dependemos de Lukita coma sempre aínda que non llo recoñezamos a veces, en fin. Hai que fichar o danés dos Spurs si ou si este verán e vender ao noso ex Spur xa vamos un ano tarde, desastroso está outro que ten máis oportunidades das que merece.

Hai que correr e presionar dende a saída do balón do contrario senón pásannos por encima como pasou, partido Lopetiguiano na segunda metade. Sin intensidade somos un autentico bluff.  Por certo o Girona non gañaba en liga dende o 25 de novembro.

Estes xogadores son insaciables non lles dan nin unha semana de ilusión aos siareiros que crían en engancharse a liga, como se pasan. Un xa non sufre.

Queda boa tarde para que perda o basket, porque hai findes que é mellor non saír da casa sobre todo se chove tanto, pero tocará ir sufrir a Arliña , mala espiña.

Anteriormente :

Mini post Ajax.






No hay comentarios:

Publicar un comentario