jueves, 28 de febrero de 2019

Non da para máis.

Adiantabao onte nada máis rematar o partido, o fútbol trátase de marcar goles e de que non chos marquen, nin máis nin menos. Onte quedou claro que non damos para máis e con iso non chega obviamente para os grandes partidos, xa que perdemos cun Barça bastante malo e o que non lle fixo falta nin que aparecera Messi. Creo que tiraron dúas veces a portería e marcaron tres goles, xa que un gol foi noso en propia. Foron aquel Madrid de Casillas e Nazario que tanto criticaban. Polo menos o tempo sempre acaba dando a razón en todo, xogo, canteira, carteira .... os gurús. Hoxe tampouco tocará falar diso, solo cando cae do lado equivocado, ventaxismo. Co que mola gañar a contra, en fin.

Hoxe igual funcionarían as teorías que valen para outros  de que o fútbol é inxusto, de que unha pena errar tanto e demais mamarrachadas que lles funcionan aos Paco Jémez da vida. O fútbol profesional é iso, gol / non gol e punto. Desenrolar un sistema de xogo de maneira correcta para chegar ao resultado. Non creo que onte xogaramos xenial aínda que  si producimos un caudal de ocasións incrible pero hai que marcalas, a calidade e tranquilidade ante o gol págase i é capital. Dito esto nunca pensei que Vinicius producira tanto, non sei o que debe de estar pensando JLo na súa casa, se non se deixara levar polos pesos pesados e poñer os que debía igual aínda estaba traballando.

O peor Barça dos últimos anos vai facer dobrete e opta a Champions tamén sen forzar, sen apenas sufrir. Que nos goleou en dous dos tres partidos sen facer nada. Iso debe dar para reflexionar e moito en Concha Espina. Agora mesmo somos para o Barça como aquel Atleti de anos atrás era para nos, pasara o que pasara o triunfo caía sempre do mesmo lado. Iso ten un compoñente psicolóxico moi claro.

Debe darnos para reflexionar que o noso plan A deba de ser Lucas Vázquez para equilibrar o equipo, que ademais non está no seu mellor estado de forma , como deben de estar os demais. Temos a Isco, Marcelo e Bale perdidos para a guerra e Asensio así, así. Isco non é unha peza da que me desprendería pero todo pinta que si. Tampouco teño claro de quen vai liderar o seguinte proxecto, este está morto. Son moi de Poche pero non creo que sexa fácil sacalo, aveciñanse meses moi longos, co sábado e o martes de por medio que van a dar para moito. Que e a quen fichar, pois sobre todo necesitamos gol que é chungo de fichar e algo máis, pero sobre todo necesitamos alquén que dirixa a nave e con confianza dende arriba para facelo e sobre todo que se atreva a facelo. Si Regui e Vini son os mellores , fala moi ben deles e fatal do club, e de Carvi e Lucas tamén fala mal.

Onte unha vez finalizado o partido tiña claro que para o sábado debían xogar dez novos e Ramos que non pode xogar o martes. Agora xa dudo, porque dou por perdida a Champions quizais debamos queimar  naves o sábado por iso da moral e a cabeza tan importante nesto do fútbol, eso si pezas hai que cambiar que algún está para o arrastre. O sábado é unha encrucillada caralluda para Solari, queimas os barcos ou non ?

Por certo que ben fixeron a campañiña antes do partido como avisei, hoxe non toca alerta VAR nin esas merdas hoxe toca falar do xuizo, como sabe o Chuflas. Que ben o teñen montado, o VAR non aparece cando ten que aparecer cando nos xogamos os títulos nunca aparece, faino cando temos todo perdido nos partidos do patacón para poder utilizar a prensa ao seu favor. Son os reis do mambo, do ventaxismo  e da manipulación , como vola venden e como comprades. Xogar con vento a favor sempre axuda. Hoxe non toca falar nada dese tema tampouco, son risas. Nin debates, nin enquisas, nin portadas, nin tuits, nada, desapareceu todo. Si fora outro pensaría que son un visionario, pero é máis fácil chámase controlar o cotarro e a prensa como explicaba na teoría rara.

Anteriormente :

Adianto Clásico.

Teoría rara.

Mini post Gironi.






No hay comentarios:

Publicar un comentario