sábado, 19 de enero de 2019

Todo correcto.

Dos creadores de : " Todo OK , Jose Luis . " , chegou esta semana : "Chumi nada" e antes do desastre que vai ser a tarde  fronte o Sevilla vamos a deixar unhas letriñas antes.

Vaia por diante que me parece incrible que equipos super profesionais anden con este tipo de pifias de alineacións indebidas e demais cousiñas, en fin. Un servidor ve cada semana como equipos e rexional ou de autonómica descubren alineacións indebidas por todo tipo de cousas e os profesionais non. Outra cousiña é o tema da Federación que lles dixo ao Leganés cun caso similar o de Chumi que era mellor que non alinearan ao chaval. A ver ou pode ou non pode a Federación debería telo claro. Se o Levante denuncía en tempo que pasa. Que esa é outra , cando remata o tempo co partido ou ca eliminatoria. O que se teño claro é que se chega a ser o Madrid non queda titere con cabeza pero con Independence boys nunca pasa nada.

Que recordos aqueles de cando foi Chery e como nos trataron, como esconderon o da alineación ata que empezara o partido para fastidiarnos a prensa. Pero mira ti esa mesma radio recoñeceu que sabían o de Chumi e non dixeron nada, algo que si fixeron co Eibar. Pero claro a caverna din, deixade que me ría.

Non falemos do que mandaba en materia deportiva daquela e o rara que  a resolución do TAD por Chery. Sen presentarse unha das ponentes para ter o tema atado, ou como agora o señoriño traballa para a tele do VAR, ou como esa tele acadou os dereitos de certo Mundial grazas a el. Moi típico neste pais tamén, o das portiñas xiratorias.

Ese equipo que está por encima de todo que pode chegar unha hora tarde a un partido, xogar con alineación indebida, tirar cabezas de porquiños e botellas de "juiski", non presentarse a un partido de Copa, mover un Clásico a un luns, finxir lesións para ir a sele pero xogar unha final de Supercopa nese prazo, pero nada sen sanción, así de acostumados están alí arriba e despois pasa o que pasa noutras cousiñas do país. Polo carallo en Galicia nos deixaron vivir así, canto nos fastidiaron co proteccionismo pero que pouco se acordan.

Aquelas portadas de "Expulsado de la Copa" , agora eran " La Copa se gana en el campo", a caverna, jajaja, para caverna a súa. Controlan todo, e teñenlles medo. Xa pedirían de novo a final no Bernabéu supoño. Esa prensa que poñe ao Madrid no medio sempre, falando do caso Tejero contra a Cultural, por certo non gañamos esa Copa. E polo que estiven investigando Tejero podía xogar xa que aínda non anunciaran a súa sanción, polo tanto non estaba notificado. Algo que pasa moitas veces en partidos entre semana na Costa por exemplo. Pero hai que enlamar co Madrid sempre. Como co taconazo de Pajarito  o outro día, a tele do fútbol co tuit gracioso de cando o pides , cando chega de AliExpress, gracioso si, pero con outros non se atreven. De novo o blindaxe mediático ao Barça co caso Chumi está a ser de dez. O culpable aínda vai ser o Madrid ao tempo, se xa non o é.

Algo está a facer mal o Madrid se como din os estudos ten sobre o 35% de siareiros en España pero os medios se decantan pola liña de ir contra o Madrid. Supoño que é rentable , pero algo facemos mal. E o tema de ir contracorrente ca Federación tamén, mira que ben lles foi a outros dende que cambiaron o voto.

Un datos de Maketo en Copa e Supercopa dende que cambiaron o voto : 2003-2019 !

Real Madrid en 98 partidos :

251 cartóns amarelos nos e os rivais 231 , levamos máis cartóns amarelos que os nosos rivais ollo  un saldo de - 20.
21 cartóns vermellos  nos e os rivais 11, tamén máis vermellos saldo de - 10.
Nos penaltis melloramos con 15 a favor e 10 en contra, saldo positivo de 5.

Pero chegan os datos demoledores do Barça en 136 partidos :

237 cartóns amarelos por 391 dos rivais, saldo de 154 case nada.
Nos vermellos igual 8 eles por 30 os rivais , saldo de 22 case nada tamén.
Nos penals 23 a favor por 13 en contra, saldo de 10.

Os datos non enganan.

Como di Maketo : " A persecución mediática que está a sufrir o Independence Team pola alineación indebida de Chumi, estudiarase nos libros, nos de ciencia - ficción , concretamente. " A caverna, volvo a rir.

Como rapidamente sacaron o tema de , vannola sacar nos despachos, sería gravisimo que ....., van por diante no tema das relacións públicas e o venderse, teñen esa guerra gañada.

Esa superioridade moral que sempre teñen , que sacaron co tema de Chery, esa actitude de ir de listos, esas aparicións do Chuflas, non sacou tuit desta ? , porque daquela rápido que estivo.

Como di Kojiro : " Sendo o Barça un club dos máis altos valores e das máis divinas virtudes ( e seus siareiros os maiores ben pensantes e expertos do mundo ) e xa que se beneficiaron , por suposto, sen querer dunha trampa, non deberían retirarse da competición ? . Deus me libre de pedirlle tal honestidade e rectitude a un club menor , pero tratándose do Barcelona, guardián das virtudes e sendo exemplo tantas veces de tan extraordinario proceder e sendo os seus seguidores os máis feroces homes de lei e moral, non sería esto razonable ?

Que grande é Kojiro !

En definitiva a culpa de que xogara Chumi do Madrid e do centralismo que quere tapar o independentismo, que ben venden a burra rapazada, victimismo forever. Señores cagárona o que pasa é que o Levante non andivo listo e a prensa non lle interesou, fin.

Do VAR, dos señoriño que o controla, do realizador e demais falaremos noutra ocasión si se da.

Anteriormente sobre estes temas :

Caso Chery decembro de 2015.

Economía e outras cousas de maio do 17.

Adultera o do Boom tamén dese maio do 17.

Troll de abril do 17.

Volve Chuflas de xaneiro do 17.

As leccións de coco de abril do 16.

Enlama que algo queda de agosto do 15.

E os que hai dentro de cada un deles.






No hay comentarios:

Publicar un comentario