martes, 25 de marzo de 2014

Portosín-Fisober B.3-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : PORTOSÍN – FISOBER “B” F.S.F. : 3-1

PORTOSÍN : Noelia, Nancy, Diana, Lorena e Sara ; tamén xogaron : Judit, Julia, Rebeca, Virginia e Xulia.

FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Inés, Laura e Tamara ; tamén xogaron : María Lijó e Natalia.


ÁRBITRO : José Rey  , CRONO : Alejandro López.

GOLES : 1-0 Julia , ( descanso ) , 1-1 Inés, 2-1 Virginia, 3-1 Xulia.

Rendía visita o segundo clasificado o filial do Fisober e a pesares das baixas mostrou un gran nivel e fixo un moi bo partido, moi compacto e solidario dende a primeira ata a última das xogadoras incluída a infantil  María Lijó que voltaba a unha convocatoria do filial e  axudou o equipo coma unha máis.

A saída das do Fisober  foi moi bo, e nos primeiros minutos tiveron moi boas ocasións para adiantarse no electrónico, pero erraron nos últimos metros. Nos primeiros minutos Inés e Paula Fandiño tiveron dúas ocasións cada unha para adiantar o filial, pero non foron quen.

Despois dos dez primeiros minutos as locais foron desperezándose conscientes que non podían errar se queren seguir no camiño do título e foron aparecendo as súas primeiras ocasións por parte de Julia e Judit.

Ata que a once para o fin desta primeira metade era Judit a que poñía en vantaxe as súas. Unha Judit moi activa que era a que máis perigo creaba por parte local.

Preto de rematar a primeira metade un lanzamento lonxano de Virginia topaba co pau.

Con este resultado chegouse o tempo de lecer.

Na reanudación de novo un lanzamento lonxano, unha das armas do Portosín,  desta vez de Nancy bicaba o pau. Pero as visitantes non se rendían e Inés erraba un man a man ante a porteira, un minuto despois a segunda non errou e cun lanzamento poñía a igualada para o Fisober.

Grandísimo traballo  das xóvenes xogadoras visitantes, que co paso dos minutos comezaban a notar  o esforzo.

A quince para o fin era Virginia a que poñía de novo en vantaxe as súas para o dous a un. Pouco despois a  capitana local Sara topouse co pau novamente e a visitante Tamara gozou dunha dobre ocasión para igualar de novo o electrónico.

Pero foi Xulia a once para o fin a que puxo o tres a un que a postre foi definitivo.

Dende aquí ata o final as visitantes loitaron por voltar a entrar non partido pero non foron capaces. De todas formas excelente traballo das pequechas do Fisober que deron a medida ante un dos equipos punteiros da categoría, deixando  unha gran imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario