jueves, 20 de marzo de 2014

Desmontando a Morata.

Facía tempo que non escribía sobre o Real Madrid e agora que entramos na parte chave da tempada pois alá vamos utilizando a Morata coma escusa.


Non fai tantos meses que o madridismo, o periodismo do “Sáfame” futbolístico e demais pedía a titularidade indiscutible para Álvaro e que se cargaran a Benzema. Incluido eu ?  O martes no Bernabéu  escenificouse que xa todo trocou, onde andará toda aquela xentiña.

Pois así  é o fútbol neste país, buscar polémica para encher e encher tertulias, xornais, programas, horas de radio….. o fútbol e moitas outras facetas da vida.

Morata segue sendo o mesmo, ese  dianteiro de futuro  que gusta de caer a banda, que choia bastante para o equipo, que xoga ca cabeza baixa , que necesita bastantes ocasións para facer gol e que está nese mal momento de confianza polo que moitos da súa estirpe pasan. Si aínda por encima apenas dispuxo de minutos ultimamente que lle vamos a pedir.

Pois nada pasou de ser a reencarnación de Ronaldo Nazario e Raúl xuntos a un xogador de Rexional. Tan influenciados estamos ? Penso que  si, un servidor o primeiro, arriba e abaixo nun abrir e pechar os ollos, así somos? A importancia do que escoitamos, leemos  ? O que digan Maldini, Roncero, Lama…… iso é o que vale, saben eles máis de fútbol ca min ? Uns quizais si, outros dubido moito.

Outros son iguais ou peores  cos fanáticos que atopamos no bar, na praza ou no campo de fútbol do noso pobo.  Veletas que van e veñen, que segundo sexan amigos ou non falan mellor ou peor dos xogadores, segundo coñezan o representante, lle dean entrevistas ……. 

A miña opinión sobre Morata non trocou todo este tempo, sempre pensei que non tiña a calidade de Jesé pero  mellor cabeza, aínda que como afrontaron estes meses no primeiro plantel fixeron que o dubidara. Cada un ten que saber o papel que cumpre, o seu rol, tan importante é saber iso dentro dun vestiario.

Quen sabe nunhas semanas igual volta a ser o novo Van Gol, aínda que eu sempre o verei máis próximo o papel do Pipa Higuaín. Un xogador moi necesario, máis agora ca lesión de Jesé. Igual aproveita a circunstancia como o fixo Modric ca de Khedira, colleu un papel extraordinario, amosou o gran xogador que é.  Nunca pensei dicir isto tan khedirista como son pero, sen a súa lesión penso que non chegaría Luka a tal nivel no Real Madrid. Todo é  posible neste cambiante mundo do fútbol.

Unhas anotacións para rematar, o gran traballo de Nacho, ese xogador formiguiña que fai o que ten que facer, sen unha palabra de máis, el si que sabe o seu rol e cumpreo a perfección.

Xabi Alonso non pasa polo seu mellor momento de xogo, erra pases sinxelos e perde balóns en zonas perigosas  que lle pasará ? eu  non son dubidoso con Xabi,  iso si aínda así é insustituible ,  desde que volveu o Real Madrid non coñece a derrota, esperemos que domingo siga a xeira.

Para rematar o eterno debate Diego vs Iker, Iker vs Diego, na prensa, nas redes sociais……….. xa está agora xa foi apoiemos os dous como madridistas e para a tempada seguinte que tomen a decisión correcta que xa enche o tema. Empezo a pensar que o mellor é vender os dous e mercar a  Courtois e limpar definitivamente o ambiente.

Como entrante está ben, dame que vou escribir bastante nas próximas semanas e unha impresión non unha afirmación e veño con gañas de guerra. Seguirei tan pesimista coma sempre ? Chega o clásico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario