lunes, 31 de marzo de 2014

Fisober B - Fervenza B. 0-5.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – A FERVENZA “B” : 0-5.

FISOBER B : Anabel, Natalia, Inés, Tamara e Laura ; tamén xogou : Noelia.


A FERVENZA B : Carla, Andrea de Paz, Raquel, Andrea Rodríguez e Raquel Felpete ; tamén xogaron : María, Natalia e Sara.

Árbitro : Vicky Mosquera ; CRONO : Maryluz Mendoza.

GOLES : 0-1 Andrea de Paz, 0-2 Andrea Rodríguez, ( descanso ) , 0-3 Andrea de Paz, 0-4 Andrea Rodríguez, 0-5 Andrea de Paz.

O domingo pola mañá xogábase  no Pavillón de Ponte do Porto  un duelo de filiais que caeu con todo merecemento e de forma contundente para o filial de A Fervenza.

Non era o día para as do Fisober, quizais afectoulles o cambio horario, o xogar domingo de mañá, as numerosas baixas ( incluída a de Paula no quencemento ), a superioridade do rival, o que quedou claro foi que estiveron moi lonxe do nivel que viñan ofrecendo nas últimas semanas e volveron a irregularidade que as caracteriza.

As visitantes saían moi metidas no partido e dominando o xogo dende o primeiro momento. Así os catro minutos Andrea de Paz a que adiantaba as de Ferrolterra.

Este gol deu maior control e tranquilidade as visitantes e puxo nerviosas as locais que non eran quen de entrar no partido. Tal foi que os adestradores das da Costa víronse obrigados a pedir tempo morto mediada esta primeira metade para tentar voltear a situación.

Pero non foron quen todo seguía igual ,  estaba máis preto o segundo visitante que o local. Algo que sucedeu a dous para o fin desta primeira metade nunha xogada chea de rexeites na que a máis lista foi Andrea Rodríguez que facía o 0 a 2 co que se chegou o tempo de lecer.

Na segunda metade o guión foi o mesmo e nada cambiou, incluso o dominio foi maior das visitantes. Ante unhas locais levadas pola ansiedade de ver que non lles saían as cousas.


Os tres minutos da reanudación de novo Andrea de Paz facía o 0 a 3 que lles deu unha maior tranquilidade, se cabe,  para controlar o partido. Os minutos foron pasando e nada cambiou. E así foron chegando dous novos goles visitantes. O cero a catro obra de Andrea Rodríguez e o quinto obra de novo de Andrea de Paz, co que se chegou o fin do partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario