lunes, 24 de marzo de 2014

A lenda dos inventores do fútbol.

Fai uns anos que veño escoitando falar dunha lenda a que eu particularmente chamo “A lenda dos inventores do fútbol”, desta lenda fálase en bares e tertulias futbolísticas de todo tipo e en todo lugar. A bo seguro moitos de vostedes tamén oíron falar dela, algún estará  de acordo e outros vivirían tan sorprendidos coma min.


A lenda chegou o seu máximo apoxeo cando o druida “inventor de colonia” chegou a dirixir a ese equipo dun país de aí arriba como el dicía e tiña como máximo opoñente a un malvado bruxo portugués que dirixía o equipo do poder e do goberno, ou iso é o que insinúa a lenda.

O equipo do druida é o que toda nai desexaría para o seu fill@ ( palabras textuales dunha nai que manda moito carallo ) como contan os trobadores seguidores desta rara secta, o de rara secta é opinión miña, cheo  de valors, humildat, canteira, saber perder………… todo o que poidades imaxinar.

Nin protestan os árbitros ( cando gañan por suposto ) , iso é de perdedores,  ofrécense para facer labores de xardinería ( regar o campo con aspersores, cortar a herba…… ), loitan contra sorteos amañados  é o máis curioso xa fai uns anos que escoitaba que non ficharían nin un xogador que tiñan unha canteira incrible da que sacaría toda a pedra necesaria. Así foron sacando os recambios para os Valdés, Iniesta, Xavi……… , iso de gastar cartos non vai con eles, iso é boa verdade no país de aí arriba teñen fama de tacaños.

Non había con quen falar os trobadores seguidores dicían que ata o fin dos días sairían os recambios desa canteira, en Ourense xa estaban preocupados con tan boa pedra, así saíron os Rubén Miño, Oier, Fontás, Nolito…………….. ,  creo que todos seguen na secta. Dende que se foi o druida penso que solo sobreviven 2 xogadores a día de hoxe marxinais, Bartra e Sergi Roberto, aínda recordo a noite que certo trobador me dixo que serían en breve todos da canteira, gustaríame que pasara por estas letras. Eses trobadores que che miran por encima do ombreiro, claramente saben máis de fútbol ca ninguén, inventaron este deporte o dos ingleses foi mera coincidencia.

Pero o druida foise, non aguantaba a presión de vivir nun mundo tan perfecto e coas súas maletas foise a ver mundo. Empezaron as dúbidas e agora son adestrados por un druida arxentino  que non sabe cociñar a súa pócima tan ben. Non comprende a ideoloxía da secta e está a ser criticado. Ese fútbol único é universal que eles crearon, o tiki-taka. Tocar e tocar  e de vez en cando marcar goles , única forma de fútbol válida o resto son outros deportes ,dicían os trobadores seguidores, algo que nunca cambiaría xa ata o fin dos días eles sempre xogaran así.

Ademais a canteira parece que non é tan boa, din  que se acabaron as pedras ou estarán máis abaixo. Teñen que importar a pedra de fora, manda carallo co que me discutían a min os trobadores seguidores  que tiñan pedra para facer un porto exterior, non había con quen falar. Parece que se equivocaban, chegaron e chegarán xogadores de fora.

Fixeron un fichaxe baratiño do  Brasil, o problema foi que unha conspiración do equipo do poder encareceullo e moito, con tan mala sorte que o  pai foi o máis listo do lugar e sacou proveito. Pero todo, todo , todo é culpa do outro equipo, sen dúbida.

En cambio o outro equipo o que dirixía o malvado bruxo portugués, practicaba un fútbol baseado na maxia negra, cos seus xogadores convertidos en hienas salvaxes golpeando unha e outra vez  protexidos polo sistema, pero nin así eran capaces de frealos  , e si o eran non valía era trampa, ou non era fútbol, ou eran os árbitros………….. ups escusas non.

Agora cambiaron de bruxo e tiraron algo  da súa canteira e parece que algo está cambiando.  Ata a mentalidade dos trobadores seguidores que empezan a criticar os seus.

Moralexa :

Teño discutido moito con moitos barcelonistas e sempre lles dixen que isto é cousa de ciclos, Valdés, Iniesta, Xavi….. unidos a Pique, Busquets, Pedro….   Eses  non nacen tódolos días , como se xuntou Butragueño, Michel, Sanchís, Martín Vázquez , quen sabe cando ou si volverá unha xeración así.

Como a forma de xogar o fútbol que non é única, nin a que practican   é a mellor. As cousas cambian e moito nesta vida como estamos a ver. Tres anos atrás non lle entraba nas cabezas, agora son os máis críticos.


Pero como son os inventores do fútbol sempre terán razón, aínda que eu non lla darei teñen moito que rascar aquí  ou eu non teño dereito a opinar e facerme forte coma eles!


No hay comentarios:

Publicar un comentario