jueves, 20 de marzo de 2014

O partido que non verei.

Hoxe dispútase un dos mellores partidos que  a priori  se pode ver en Europa o Real Madrid vs CSKA da miña competición preferida a Euroliga, pero como este ano e os tres próximos os dereitos para España tenos Digital + pois non o poderei  ver.


Como vou criticar así a Pablo Laso, como vou alabar a Messina, como vou dicir que os nosos pivots non valen para gañar a Euroliga, que nos falta un tres, que defendemos pouco. Ou todo o contrario !
Como vou ver a Teodosic, aínda que parece que non xogará, Krstic, Pargo, Weems, Khryapa, Kaun, Hines…….., como vou soster que Laso non vale para estes partidos sen velo, vai ser duro verdade . Que se non sabemos ler o arbitraxe, a dureza da defensa rival……. Todo iso que lle critico a Laso de saída

Con Laso pasoume iso que nos pasa  moito as persoas paseando pola vida  , que dende o primeiro día non me entrou polo ollo. Da igual o que faga nos grandes días , sempre me parecerá mal. A pouco que non salgan as cousas un envelénase e apenas razoa. Os méritos sempre llos darei a outros. Inxusto xa que se o paras a pensar volveu a poñer o Real Madrid no mapa, cun xogo espectacular pero sempre terei ese pero, que si case perde a Copa, que si fomos o quinto partido na Liga , que si aínda non gañou a  Euroliga , sobre todo despois de como se nos foi a Final do ano pasado, e si vai e consegue gañala pois pedireille o triplete , a Nba…….

En cambio con Messina a pouco que fixera xa o subía os altares, que inxustos somos , así pasa na vida real os prexuízos que nos levan a veces a situacións equivocadas. Co superpresuposto que ten e non chegou a Final o ano pasado.

Volvendo o rego , para min foi unha mala noticia que a Plus se fixera con estes dereitos, a día de hoxe , como en anos anteriores , maioritariamente podo disfrutar do deporte televisado  pola semana , algún partido no finde podo pero depende moito das  horas. Por iso o a Euroliga era perfecta, unía o basket e a posibilidade de disfrutala. O ano pasado Marca Tv foi a panacea, aínda que non televisou o Real Madrid podía disfrutar doutros equipos  e iso que o cambio do mércores polo venres , foi malo para un servidor.

Entendo que as televisións públicas co que está caendo non gasten na Euroliga, de feito paréceme ben. As privadas se non compraron os dereitos será por algo, non lle ven rendemento polo tanto tamén o entendo, aínda que non o comparto, con tanto programa de dubidoso gusto pero que arrasa.
Solo queda compadecerme e tirar do teletexto e de certo amigo que me poñerá os dentes largos  para ir seguindo o partido.

Vivíamos por encima das nosas posibilidades incluso nas retrasmisións deportivas , parece que próximamente caeran outros deportes a ser de pago é a vida hai moitas outras prioridades que cubrir.

Se non o vexo, non me cabreo ( os máis grandes cabreos sempre vendo o Real Madrid de basket ) e non podo latricar por aquí,  como vou desafogar os problemas da vida real logo, jejeje.

Un saúdo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario