lunes, 24 de marzo de 2014

O meu Clásico.

Despois da " Lenda dos inventores do fútbol" vou deixar a miña visión do Clásico lonxe de falar do árbitro e de polémicas iso queda para outros, eu particularmente  estou moi cabreado xa que perdemos cunha pseudo-banda que é o que me parece o Barça a estas alturas.


O partido empezouse a perder a semana antes, ca leria de que o Barça tiña marcados a certos xogadores do Real Madrid por violentos , patatín, patatán, o mesmo de sempre vaia.

Xa pintaba mal  no túnel de vestiarios. Moita risas, moita carallada antes do comezo, odio iso.Si algo lle ensinou Mou o Madrid é que no campo non hai compañeiros de selección, nin amigos e pensei que quedara marcado , pero non. Iso sacouno en limpo o portugués o día do 5-0 dende aquela o Madrid por sorte nunca voltou a saír de amiguiño a un Clásico , gracias a deus. Hai que saír ca sangue no ollo que son o Barça , eles non perdoan pero nos sempre picamos de bobiños.

De feito o Madrid perdeu todos os partidos máis ou menos esixentes desta  tempada excepto o que saímos, intensos, agresivos, metidos sen amiguiños, cal foi ? o derbi de Copa co Atleti que lles pasamos por encima. Pero claro despois falamos que si Arbeloa non sei que, que Pepe non sei cuanto, Xabi Alonso……, como os dos outros equipos son santos e nos fan o pasillo. Como di un amigo meu, moito pureta de m…. no fútbol, canta razón ten. Así nos vai.

O Madrid para min fatal xa dende este punto de vista, se non eres intenso e agresivo ( que non violento ) nestes partidos púlenche, e iso que este Barça é un equipo en descomposición, un desastre defensivo e que xoga andando, e moitos están a un nivel deplorable, o cal di moi pouco polo Real Madrid por certo. A pouco que tiveran actitude gañaban o partido. Colle o Bayern motivado a calquera dos dous e fai unha festa.

Se a esa falta de actitude lle engadimos que Cristiano, Bale e Benzema apenas axudaban atrás, pois , problemón sobre todo en banda. Ese problema en banda agravado con que nin Carvajal, nin Marcelo son un prodixio defensivo e claro, pasou o que pasou. Despois criticamos a Arbeloa e Coentrao no Calderón, sobre todo os periodista puretas eses, non os oín onte tan críticos con esta cuestión, amiguismos?

Cun equipo tan pouco solidario e cada vez máis separado co paso dos minutos non se pode, recuando cada vez máis. Darlle espazos para pensar o Barça aínda estando mal é a morte e viuse. Cada vez que o Real Madrid foi  a presionar a defensa do Barça era incapaz de sacar o balón e foron xogadas de perigo.

A defensa do Real Madrid  fatal non leron nada ben o xogo, pero se o medio e os dianteiros non apretan vénselle aínda máis as vergonzas. Ramos no plan crack que anda últimamente i é que os eloxios da prensa son moi malos para os xogadores. E iso que a defensa do Barça é unha festa, mi madriña querida pero a nosa onte quixo emulala. O mediocampo superado en número e morto pola falta de axuda dos de arriba. Nin Xabi pasa polo seu mellor momento, nin Luka tivo o seu día , ademais sempre tendemos a xuntarnos cara atrás, cando normalmente facemos máis dano o Barça cando nos xuntamos pero arriba.

O señor Carleto, algo lento nos cambios ou case pasivo, coma toda a tempada por certo, os movementos foron xa por obrigación, non se anticipou as situacións. A lesión de Jesé , parece mentira pero elimina un moi bo recurso ofensivo e de trocar cousas no Real Madrid.

En definitiva estou sumamente cabreado por perder con este Barça, que me parece moi ganable por unha equipo coma nos  a pouco que te apliques. Pero nada sigamos facendo o que din os puretas, xogando como queren eles a ver si damos ganado algún título, polo visto onte………. O partido foi malo para min cheo de erros dos dous equipos, os puretas dirán que foi magnífico un espectáculo. 

Por sorte na Copa e na Champions xoga o porteiro dos miragres como decides moitos, os puretas  tamén o dixeron de onte, a ver se tedes razón. Sempre dixen que ten anxo Casillas, terá tanto ?

Paralelísmo ca miña opinión da era  Laso no basket ?

P.d. 1 : Pedirán agora os periodistas e dirá o “bigotes” que comportamentos como o do señor “mucho morro” non son aceptables e non debe ir a selección ou iso solo é aplicable a Arbeloa, a dobre vara de medir.

P.d. 2 : Que me digan que Higuaín é mellor que Benzema, dame a risa, Benzema é o dianteiro perfecto para este Real Madrid, da xogo a Bale e Cristiano, asociase moi ben e ten moito fútbol, se lle poñemos outro Killer o lado , un balón non da abasto para os 3, con outro tipo de xogadores arriba pois sería outro debate.  A xente xa non recorda que o Pipa erraba e bastante ante a portería tamén iso non quita que lle teño cariño o Pipa.

Ala a criticarme.





No hay comentarios:

Publicar un comentario