lunes, 17 de marzo de 2014

Fisober - Bilbo. 0-3.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F.  – BILBO : 0-3.

FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Myrella ; tamén xogaron : Nuria, Raquel e Inés.


BILBO : Jou, Vicky, Aroa, Diana e Jesica ; tamén xogaron : Andrea, Ixone, Saida, Eva e Almu.

ÁRBITROS : Rocío Ruano e Beatriz Remeseiro ; CRONO : Berta García.

GOLES : 0-1 Eva, 0-2 Eva, ( descanso ) , 0-3 Vicky.

Visitaba Vimianzo o intratable e invicto  líder dacategoría e o igual que en Bilbao tivo que sudar e moito para levarse os tres puntos nun gran partido que foi do agrado da afección local.

O igual que naprimeira volta o Fisober decidiu xogar de ti a ti o líder. Esforzo titánico para todas e cada unha das xogadoras da Costa que raiaron a un gran nivel e deixaron todo sobre a pista ante un equipo que ten como obxectivo o ascenso a División de  Honra.

Xa dende o primeiro minuto o partido tivo un gran ritmo e intensidade, as locais eran conscientes do podería físico rival e que non debían despistarse se querían sacar algo.

O partido non defraudaba e os dous equipos debían trenzar moi ben se querían sacar tallada ante as porteiras.

E as vascas fixérono, aproveitaron un pequeno resquicio para que no duelo de Eva´s a vasca superara a galega para o 0 a 1 os cinco minutos.

Foi un pequeno pau para as da Costa que tan ben o estaban facendo pero non se viñeron abaixo e atoparon espazos para as súas oportunidades pero non lograban materializalas. Algo estaban a facer ben as da Costa xa que mediado este primeiro periodo as visitantes víanse obrigadas a pedir tempo morto.

Intenso, disputado, atractivo así continuaba o partido ata que chegando o último minuto de novo Eva goleaba para as visitantes, demasiado castigo para tan boa primeira metade.

Pero antes de chegar o tempo de lecer Raquel a media volta case consigue o dous a un.

Na segunda metade mesmo guión e mesmo partido. Non se daban por vencidas as do Fisober que querían pescar algo no partido. E de novo mediada esta segunda metade víanse obrigados a pedir tempo morto as visitantes.

Co paso dos minutos as pernas das da Costa xa pesaban máis e cada vez tiñan que tomar máis riscos  para sacar algo positivo do partido e comezaban a chegar ocasións en ambas porterías.

A tres minutos para o fin a local Inés tivo unha clarísima dobre ocasión para o un a dous e dar uns últimos minutos máis vibrantes se cabe pero entre unha xogadora e a porteira vasca abortaron a dobre ocasión.

Quen non desaproveitou foi Vicky a piques de chegar o último minuto facendo o cero a tres e rematando cas ilusións locais.


En definitiva gran partido das locais que competiron  ante un equipo que solo cedeu un empate en toda a tempada.

Visión Bilbo

Máis fotos na crónica na páxina do Fisober ou no Facebook do Fisober.

No hay comentarios:

Publicar un comentario