jueves, 27 de marzo de 2014

Nós éramos a pseudo-banda !

Definitivamente acabouse o que se daba e descubrín que a pseudo-banda era o Real Madrid, ollo ! a miña opinión do Barça non cambia.  Un servidor sempre tan pesimista andaba ca mosca detrás da orella, a espera dos partidos que amosaran realmente o noso nivel,  pero resultou ser un elefante o que se escondía.


En tres días, máis ben nuns  120 minutos , que foron os que pasaron dende que íamos con 3-2 fronte “os inventores do fútbol” e con 7 puntos de vantaxe ata o final do partido co Sevilla que vamos con 2 de desvantaxe desmoronouse un novo proxecto do Real Madrid e xa van non sei cantos. Average co Atleti e Barça perdidos de regalo.  Na vez de falar dos árbitros algo de autocrítica non viría mal que despois pasa o que pasa.

E  vense abaixo, xunto co físico de Xabi Alonso. Díxeno dende o primeiro día que era o xogador clave e que había que coidalo. Que Illarramendi e Casemiro tiñan que xogar máis minutos para descansalo, había partidos no que podían facelo,  pero non , o adestrador mira polo seu cuíño e pasou o de sempre. Está morto e con el o Real Madrid. Xa levaba un mes errando pases inexplicables para el, esa era a sinal inequívoca.

Onte perdemos a Liga por un erro infantil de Xabi, se lle xuntamos un balance defensivo nefasto pois , adeus. Dende este momento  Real Madrid non foi quen de controlar a ansiedade da situación, incapaz de acadar un gol que lle dera tranquilidade, de máis a menos co paso dos minutos fóronse tomando cada vez peores solucións, ata rematar nun desquicie colectivo.

Os  erros do segundo gol tamén son  guapos, e con Bale cambiando as botas de regalo. Unha pena que non poda ver os deportes hoxe, que seguro que saltan  imaxes das que os “Sáfame” se alimentan.

Chegamos así o seguinte punto, Carlo o que vai camiño de ser o novo Queiroz. Chegaron os partidos decisivos e mostrouse incapaz. Demasiado lento de movementos, facendo os cambios demasiado tarde e sen sentido coma onte.  Cun equipo que da a impresión de pouco traballado. Onte o Sevilla desactivounos con dúas contras que fomos incapaces de parar e con xogadores fora de sitio.

Agora nos bares  poñen de menos a Arbeloa, Coentrao, Khedira …. coma sempre dixen hai partidos para todos e hai que mesturalos, do adestrador é a labor de saber en que partido debe utilizar a cada un. Equilibrio como pedía meses atrás. As baixas de Di María e Jesé.  Como é o fútbol e tan pronto cambiamos de opinión eu incluido.

O “pacificador” chegou o Real Madrid ca bula da prensa,  tema Casillas aparte,  a gañar títulos non a facer amigos e despois de tirar ca Liga, xa solo lle queda a Copa, xa que este equipo teño medo de que non pase o Dormund na Champions, nin que falar ten que un Bayer, PSG ou Chelsea non deixa nada de nós.

Para rematar o tema da portería eu sempre defendín que si Diego López xoga será por algo, pero nos últimos partidos está a mostrar un nivel moi baixo, non pasa polo seu mellor momento. Chéganlle moi claro, pero non fai unha parada das que cambian partidos e iso é unha lousa. Creo que a sombra de Iker lle está a pesar, desmoronouse el tamén ?

O que vou, ca Liga perdida e sen a ilusión de remontada no ambiente, creo que Carlo se vai marcar un perdidos o río, o sábado ou en San Sebastián cambia de porteiro, seguro. Utilizar a volta de  Casillas, cal “Cid Campeador” , a día de hoxe é o único revulsivo que vexo para ilusionar a boa parte do Bernabéu e do madridismo, e salvar o cú uns días,  iso si para o mourinhismo sería unha traizón. A ver si o santo amosa que ten anxo e fai o miragres, aínda que o mal balance defensivo , o físico de Alonso, a mala lectura dos partidos…. ….. non se arranxan con iso, penso.

Eu non atopo solución, non nos vale Mou, non nos vale Carlo, non nos vale ningún, ou o palco ou os xogadores onde está o culpable ?, iso si o desánimo chegou a min. Estaba esperando este tipo de partidos para escribir & analizar  e tristemente a realidade é moi cruda.

P.d. : As escalofriantes palabras de Pardeza onte : “ El partido ha salido como ha salido. No hemos podido conseguir goles de ventaja “  &  “ Bueno eh, … si. Hay que pedir perdón no veníamos a esto ni mucho menos “.  Sublime !






No hay comentarios:

Publicar un comentario