lunes, 3 de marzo de 2014

Flavióbriga - Fisober . 1-3.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FLAVIÓBRIGA – FISOBER F.S.F. : 1-3.

FLAVIÓBRIGA : Claudia, Ana, Cynthia, Nuria e Vanesa ; tamén xogaron : María, Paula, Olatz e Andrea.

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Noelia e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Nuria e Myrella.


ÁRBITROS : Pablo Aspiazu e Abel Pereda ; CRONO : Mónika González.

GOLES : 0-0 o descanso ; 0-1 Patri, 0-2 Nuria, 0-3 Raquel, 1-3 Cynthia.

Sumou este sábado o Fisober a terceira vitoria consecutiva algo que nunca sucedera nesta categoría i é que Castro Urdiales sempre será especial para o clube xa que alí en Novembro do 2012 acadaran a súa primeira vitoria en Segunda División Nacional.

O partido fronte o último clasificado  foi un monólogo visitante que non acabou en goleada grazas a unha actuación extraordinaria da porteira local Claudia que parou todo o posible e moito do imposible chegando a desesperar as xogadoras da Costa.

Dende o primeiro segundo as locais decidiron esperar en media pista, pechadas atrás  confiando na súa porteira e buscando algunha contra si era posible . As visitantes que arrancaron algo imprecisas e aletargadas dominaban o xogo con tranquilidade.

E comezaron a chegar as oportunidades, unha tras outra, de todo tipo: de lonxe, de preto, dun lado , do outro, no segundo pau, despois de rexeite ….. e todas acababan con parada de Claudia en un ou dous tempos. Todas e cada unha das xogadoras do Fisober gozaron de unha ou varias oportunidades pero sempre aparecía Claudia para desbaratalas e cando non foi así, apareceu o pau coma en dous lanzamentos de Noelia.

De maneira incrible e sobrenatural o partido chegaba con igualada a cero o tempo de lecer ante a soberbia actuación da porteira local.

E a segunda metade arrancaba da mesma maneira con Claudia sacándolle un balón incrible, case imposible a Elsa. Xa era un pesadelo e nin Nuria nin novamente Elsa foron quen de batila.

Pero despois de 24 minutos de asedio por fin sucedeu,  foi Patri a que puxo fin as pantasmas e marcou o cero a un. Abríase a lata e tres minutos despois  era Nuria quen  de lanzamento de falta   marcaba o cero a dous.

Raquel a nove para o fin remataba para o cero a tres e deulle tranquilidade as visitantes. Aínda que solo un minuto despois nun rexeite tras un saque de esquina Cynthia puxo o un a tres que xa foi definitivo.

A partires de aquí o Fisober decidiu controlar máis o partido para non pasar apuros e deixar pasar os minutos. Aínda que gozou de algunha que outra ocasión o resultado xa non se moveu.

A vindeira semana a liga para polos compromisos das seleccións autonómicas e o día 15 chegará a Vimianzo o líder invicto Bilbo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario