miércoles, 14 de septiembre de 2011

Red, Why ?

Comenzou a Champions para o Real Madrid e o partido podese resumir en victoria, ocasións e mal xogo.


O Real Madrid marrou innumerables  ocasións neste partido que nos deixa a incognita das razóns de xogar de vermello. Supoñemos que o merchandaising ten moito que ver pero o Real Madrid ten que xogar de branco sempre que poda. Na noite de hoxe obviamente podía facelo,  xa que logo as cores da camiseta rival non creo que se confundiran moito co branco. Pero deixemos este tema e falemos un pouco do partido.

Para min nada cambiou, seguimos sen engancharnos o bo fútbol, ca excepción da Supercopa. Eso si ocasións temos unha tras de outra pero andamos mal na definición. Eso é o gran problema dos rapaces de Mou. Algo non habitual no equipo do Bernabeu, normalmente unha apisonadora e consecuentemente  provoca o sufrimento da delgadez do resultado nos siareiros madridistas.

A melloría de Benzema, anda extraordinario o francés, a pesares de non atopar o gol,  xuntase cun Ozil que non se atopa cómodo. Será como dixo Fernando Vázquez que Coentrao aparece no seu espazo.

 Algo que un servidor sempre dixo é que todos xogan mellor con Khedira, un medio alemán que aparentemente non aporta nada, pero de vez en cando quita e o mellor que ten non molesta nada os compañeiros. Moitos critícano por iso mesmo  parece ausente  pero a min dame a impresión que xogamos moito mellor con el. Vostedes opinarán.

A defensa non anda fina, Marcelo sólo mira para adiante, Ramos mal fatal e a parella Pepe-Carvalho non andivo fina. Para colmo Marcelo axudou moito a súa expulsión eso si, Leko puido ser expulsado por acumulación de duas a tres veces pero o arbítro saberá.

O camiño para a décima é moi compricado, queda moito camiño para chegar a Munich e aínda máis que mellorar, pero esa é a nosa ilusión. O ano empezamos tal día coma hoxe no Bernabeu contra o Ajax, cun 2-0 errando innumerables ocasións tamén e despois caemos en semis e da forma que caemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario