miércoles, 21 de septiembre de 2011

Cinco pola popa!

Dende aquí xa o viñamos comentando que o xogo non era nada bo nos últimos partidos, pero os resultados ían acompañando,  ahora  xa  nin eso.



Tirar con 5 puntos nunha semana a estas alturas da Liga con equipos da parte baixa, da moi pero que moi mala espiña. Sin xogo, sin ocasións e con todo un equipo desaparecido, cara a onde camiñamos?

Era a misión a mellorar do ano pasado,tiramos a Liga con equipos da parte baixa cos que perdemos 17 puntos dos 22 que se perderon en toda a tempada. Os 5 restantes foron contra o Barsa.

Hoxe as caras no campo non auguraban nada bo, cun Cristiano ( obsesionado co público?) lamentable coma todo o equipo, e con Ozil e Xabi Alonso desaparecidos, este equipo non carbura.

Lonxe queda xa o arranque da pretempada e o bo fútbol da Supercopa. Estaraselle indo o equipo das mans a Mou?, fútbol  nunca propuxo pero resultados si.


E por mal que xogaramos , as ocasións caian unha detrás de outra. Desaparecen  as estatísticas, nunca pinchara entre semana, creo que tampouco dous partidos seguidos……

Ahora xa non poden ser Pedro León ou Canales os culpables. Fai un ano un equipo sin Cristiano e con Granero e Alonso o mando bordara o fútbol no Sardinero. Este ano , un equipo penoso deambulou polo mesmo campo. Non digo  que con Granero melloraría o partido de hoxe, pero igual algo si. Teno totalmente olvidado o igual que Albiol, será por ser españoles. Callejón durou unha parte, el fixo o mesmo que os seus compañeiros , nada.


Kaká ten que saír, non sei para que, cando entra cae solo, non se vai de nadie, vaia pufo. Non podo negar que era un xogador que sempre me gustou, pero dende o día que se fichou dixen que non triunfaría no Real Madrid , necesita espacio e pradera para realizar o seu xogo e no clube blanco si algo escasea son espazos, normalmente.

Ahí chegamos , provocamos nos mesmos un embudo, si non funcionan os que nos solucionaban os problemas afundimos. Alonso non ve o pase, Ozil non ve os ocos e Marcelo parece contaxiado por Pepe e anda desquiciado. Para eso chegaba Sahin, aínda inédito, en caso extremo pois temos a Granero, sobre todo se nos empeñamos en xogar polo medio.


Fixo dano o pinchazo fronte o Levante e notouse esta noite, o ambiente daba tufo dende lonxe  e máis nos vale ir espabilando e empezar a xuntar resultados senón quere Mou aguantar a prensa de Madrid tamén, e a nos os siareiros, que algo de fútbol tamén sabemos.

Outros artículos :

Red , Why ?

Inside the Supercup.

Mou vs Valdano.

The End.

E todos sobre o Real Madrid na etiqueta Real Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario