lunes, 26 de septiembre de 2011

Muxía - Cabana. 0-5.

MUXÍA C. F. : Jose Antonio ( min 80 Cristian ), Miguel Camarón ( min 46 Carrera ), Martinciño ( min 61 Santi ) , Currás, Pataca ( min 64 Jose Manuel ), Jose Antonio, Javi,  Juni, Ziro, Albertiño, Arxires ( min 60 Raul ).

CABANA: Añón, Pancho, David, Marcos, Jose, Eloi Pereira (Rubén Rama, min.46), Sandro (Jacobo, min.62), Darío (Diego, min.57), Eloi García,  Adrián (Fran Martuxa, min.65) e Nando.



Goles: 0-1, min.8: Eloi García, de gol olímpico; 0-2, min.60: Adrián solo contra o porteiro; 0-3, min.61: Adrián de novo solo ante o porteiro ; 0-4, min.80: Diego; 0-5, min.87: Nando.

O Muxía sigue asentado na desgracia xa que os resultados perden a súa importancia cando un xogador como Miguel Camarón sufre unha grave lesión cando lle quedou a perna trabada despois de tentar  ir o cruce. O árbitro decidiu pitar o final da primeira metade aínda que faltaba algún minuto e foise para o vestiario a esperar pola ambulancia que tardou uns 40 minutos.


O partido perde toda a importancia despois dunha circunstancia así pero o resultado foi moito máis abultado do que amosou o partido, cun Muxía que tentou xogar o fútbol na primeira metade e incluso gustou. Pero o Muxía sigue sin marcar en Liga, despois de tres partidos con 15 goles en contra.

Os 5 minutos Juni tivo a oportunidade de abrir o marcador pero despois dunha boa xogada non foi quen de desfacerse do gardaredes. O Cabana respondeu e cun gol olímpico puxose por diante.


O Muxía non se amedentraba e Ziro buscaba a escadra os 11 minutos. Tentaban tocar os locais nun campo da Arliña e bastante mal estado, algo que puido axudar a lesión de Miguel Camarón.


O Cabana tivo dúas moi boas ocasións no 25 e 26 que desbaratou o porteiro local. No minuto 33 os locais Arxires e Jose Antonio tampouco acertaron co gol despois dun saque de esquina.

De novo o porteiro local frenaba o ataque local no 43 e case de seguido nunha contra do Cabana apareceu a desgraciada xogada do encontro.


A segunda metade comenzou con media hora de retraso e despois de eso o Muxía que empeza a ter pouca forza ante as adversidades saiu máis pensando na grave lesión do compañeiro que no partido. Aínda así o capitán Jose Antonio tivo a opción para o empate.

Pero ahí se acabou todo xa que Adrián marcaba dous goles seguidos en claro fora de xogo, ata os siareiros visitantes o confirmaban e facía anacos a moral local. Aínda así Albertiño tivo a mellor ocasión local no 70 e o seu tiro cruzado tampouco puido ser empurrado por Juni.


O Cabana non parou e marcou o cuarto o quinto e non quixo facer o sexto a porta baleira.

O Muxía xogou con 10 os últimos 5 minutos pola lesión de Juni.


Boa asistencia de siareiros a Arliña, tanto locais coma visitantes, cerca dun centenar de siareiros na Arliña, non é moito pero raro nestes lares.


Colabora QPC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario