domingo, 2 de enero de 2022

O ano do vinculantismo.

 Moitas contas de redes sociais madridistas levan tempo falando do vinculantismo e do que elo conlevará, as fichaxes de Mbappé e Haaland, perante este ano confirmaremos se son todo patrañas ou unha xenialidade de Flo. A ilusión do madridismo reside no fin do Covid, estas fichaxes, o Novo Bernabéu e sobre todo títulos.



Pero de que vai o vinculantismo, pois moi simple, supostamente cando Flo deixou a presidencia para presentarse as eleccións, aproveitou para facer a de Figo, é dicir firmou uns contratos "vinculantes" coma candidato  con Kily e Erling de cara a este 2022 para presentalos no Novo Bernabéu como o alegato final do seu mandato que quedaría para a historia, outro galo son as contas destas operacións. 

Será o terceiro intento polo  sapoconcho ,o  primeiro en xullo do 2017 e despois o segundo  este último verán. Mbappé e libre de negociar con quen queira, se hai algunha posibilidade é agora.

Por Haaland supostamente o primeiro, nestes lares tiñamos esperanza e xuntalo co noso outro noruego pero xa non vai ser posible. Con Erling temos cero dúbidas, unha besta parda para triunfar no Novo Bernabéu. O BVB é club amigo e din que ten unha cláusula posible. Somos moi do bicho aquí. Parece que o club prioriza ao sapoconcho.

Fálase do posible encaixe dos dous con Vini, Karim e todos os demais. Pois moi simple Karim xa vai polos 34, un mito do Madrid para xogar un aniño ensinándolle a estes dous e rotar con eles. O terceiro do tridente sería Vini e xa sabemos ca de lesións e baixas que temos ano tras ano, sitio para todos. Con Rodry tamén quedaría, outro do noso gusto. Os brasinenos supoño que en breve terán a dobre nacionalidade.

Para cadrar as contas beneficia que Bale, Isco e Marcelo rematan contrato cos seus soldazos. A cuestión sería colocar aos Hazard, Jovic e Mariano, algo que non nos parece nada sinxelo. Asensio pois se non renova posiblemente tamén salga, coñecendo ao presi. E despois pois temos polo mundo aos Kubo, Brahim...., e a xente do filial os Arribas ou Peter.

Masa salarial( nunca por enriba do 60% de ingresos) , amortizacións, os salarios dos xogadores, a chave da xestion de Flo e destas operacións. A xestión económica do Madrid e o control de gastos e ingresos.

O Real Madrid é sempre gañar, gañar e gañar, pero a veces olvidasenos que isto é para disfrutar e ver a xente como disfruta.

Porque fai uns días  vimos en basket o partido vs Cska pragados de baixas. Non hai maior exemplo do que fai a ilusión e defender un escudo. Conseguindose un triunfo pola ilusión dunha chavalada que lonxe de encollerse  e darse por vencidos, tiraron para diante disfrutando dunha noite que nunca esquencerán. Xunto cun grupo de veteráns que polo seu corazón dixeron que non se perdía.

Polo tanto  se non chegan o caso é centrarse en disfrutar no que temos e deixemonos de penar polo que puidera ser e non é. Porque como dicía Don Santiago : " O club está por enriba de dirixentes, empregados e xogadores."

Que veña quen queira, pero que veña con gañas de defender o escudo.

Anteriormente:

As solucións de sempre.

Política de comunicación.

Hateaando ao Carletto.

Outros tamén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario