lunes, 14 de marzo de 2022

Pandullasos eléctricos- Datos que matan o relato.

Hoxe non vamos a falar de deporte vamos deixar uns pandullasos eléctricos que fan que a cachola non pare, non sei como de certos son pero atopeinos e vou deixalos a ver que pasa, xa que me parecen do máis factibles. Máis sabendo que temos os montes cheos de virotas e os rios de encoros, e aínda nos queren encher o mar non vaia ser.



Vin un dato que di que Galicia xenera 25.000.000 Megawatios/hora e consume 17.500.000 dos cales o 76% desa producción está baseada en enerxías renovables. Datos totalmente pausibles sendo un neofito de feito é algo que sempre crín. Parece que somos autosuficientes no tema da enerxía eléctrica.  Ademais de regalo temos pois unha refinería na Coru, se non recordo mal, pozos de petroleo non temos que se sepa. Pois a semana pasada chegamos a pagar 700 euros o Mw, así sen querer. Foi unha semana de ventos e choivas para que non veñan con outras falcatruadas.

Pasa que aproveitan o que sexa para subir os prezos, neste caso foi a guerra, aínda que nos non dependemos do gas ruso xa que traemos de Arxelia principalmente. Pero claro foi avisar dende Europa que igual se interviñan os prezos da electricidade polos excesivos beneficios das eléctricas e zas comezan a baixar os prezos, que casualidade ou que causalidade, sexamos ben pensados ou mal pensados. Que seguimos en guerra pero os prezos baixaron.

Tamén saltaba a semana pasada outro dato, que era que as hidroeléctricas rexistraron un día da semana pasada un beneficio de 10.000%, será certo? pois tamén moi pausible. Dicía tamén que o prezo da luz incrementouse no último ano un 1.025%. Especulación ou realidade, a quen culpamos?

Claro vivimos nun mundo no que a credibilidade periodística sufre unhas feridas profundas. Lemos novas ca sensación constante de ter coidado co que vemos. Os intereses que hai de por medio son obscenos.

Vai a prensa publicar cousas en contra dun goberno( central, autonómico ou local) que publicita ou subvenciona seu medio. Vai ir en contra dunha empresa que gasta moitos euros en publicidade no seu medio. Vai ir en contra dunha competición deportiva que a subvenciona directa ou indirectamente. " É moi difícil que un home entenda algo cando o seu salario depende de que non o entenda" como dicía U. Sinclair, hai que  escoitar e seguir xente de diferentes ideas e despois cada un tomar as súas conclusións.

Vivimos nun mundo cheo de aparatos de propaganda despregados por Trolls,bots, perfís falsos .... en tódalas redes sociais, financiado unha estratexia para enganar e captar a atención da xente, cunha misma estratexia que nos fai dubidar de cal é a realidade. Hai temas dos que agora non interesa falar, nin protestar, pero as portas xiratorias seguen a existir, non desapareceron.

Dame a risa que nos pidan que baixemos un grado a calefacción os superpoderosos, si xa ou non podemos permitírnola en todo o ano ou fai tempo que a temos apagada, tan alonxados viven da realidade do pobo. 

Deberíamos ter un serio debate sobre a nosa política enerxética e de como nos suicidamos sen senso,  pero claro non interesa. Falar de peaxes eléctricos, impostos, beneficios das eléctricas ( por exemplo canto gaña un eléctrica cunha virota e canto o señoriño da leira? ), ou porque nos deixamos de contaminar para mercar todo máis barato a outra punta  onde se contamina máis ca antes. 

O dito toca informarse dunha e doutra beira e sacar conclusións, pasear polas redes e polas webs de segunda fila con menos subvencións e menos publicidade que limite a opinión, con "expertos" que falan por pracer e dan a súa opinión nas redes,  pero o que está claro é que quen paga somos os de sempre, sen dúbida. 

Anteriormente:




No hay comentarios:

Publicar un comentario