jueves, 17 de marzo de 2022

Muxía. Marea safada.

 Fai tempo que temos pendente escribir algo sobre o Muxía, quitando a inocentada do Novo Arliña que tanto deu que falar, de feito estaba pensado como previa do Muxía vs Baíñas que ía ser televisado, pero primeiro o aprazamento e despois a caida de QpcTv fixo que demorásemos o artigo. Agora vai pero dende outra perspectiva. Sinceramente non podemos disfrutar por motivos persoais e laborais todo o que nos gusta, pero seguimos a actualidade do club por todas as fontes posibles, dende o primeiro equipo ata o último.



Para nos dende o momento que o equipo sae a competir o obxetivo da tempada está máis ca cumprido ou como din por Muxía moitos a marea está safada ou virada. Se ademais sacas equipos de base mellor ca mellor. Voltar a ter xuveniles é un enorme éxito, se o complementas con cadetes e alevíns xenial. Con xogadores de fora do concello que axudan a sacar adiante os equipos, importante detalle que sigan no club.

Cantos máis equipos de base sacas a máis nenxs e familias tes implicadas co club, e por conseguinte estaslle a dar unha razón para non estar tirados na rúa a saber facendo que, e de regalo facendo deporte, grupo e amigos. Que o pasen ben e a súa felicidade é o que debe predominar. Se xuntamos isto con que xa non saímos na prensa por cousas extradeportivas, un coma socio debe estar contento.

Como di Adrián Menor : " O adestrador en categorías formativas ademais de ser adestrador debe ser educador non solo formar xogadores senon persoas, inculcando e sobre todo demostrando os valores ao fútbol. Acadar unha boa autoestima, que se sintan importantes, eles son os protagonistas. "

Ou como nos fala Ana Mouzo " A Educación é fundamental para crear valores, conductas e hábitos que definen e constrúen as persoas dunha sociedade, para ter unha sociedade mellor será necesario ter unha educación óptima. So así sera posible seguir avanzando.".

Pero non todo é traballo da actual directiva hai que poñer en valor aos que mamaron os tempos difíciles, neses nos que non é tan fácil aguantar o nordés e o vendaval na Arliña. Sacando os equipos adiante a duras penas. 

Hai que poñer en valor sempre a xente que traballa sen ánimo de lucro, por mellorar un pobo, xa sexa en asociacións, clubs ou no que sexa. Non os valoramos o suficente, e sacan a moitos fillxs de cousas malas e danlle moitas veces unha educación e uns valores chave no resto da súa vida. Esa xente pasa moitas horas educando e facendo desfrutar aos  nosos raparigos.

Como nos contaba fai xusto dez anos Antonio González : "Foi unha época que me servío para darme conta do pouco que a xente valora os traballos non remunerados, da pouca xente que se preocupa por facer cousas boas. En realidade asumín un posto de vocal, o que pasou  foi que todo o mundo se comenzou a lavalas mans e cando nos demos conta quedabamos 4 pelagatos con tres equipos inscritos en competicións. Unha vez metido no allo seguín,  conseguimos sacar adiante a tempada, pero con moito esforzo."

Ser directivo no Muxía e na Costa en xeral o que da é dores de cabeza, preocupacións e moitos insabores

Como di M. Vilar sobre os secadoiros pero podémolo aplicar ao fútbol pola conta que nos leva: " Borrar os elementos que canalizan esta relación e borrar a historia e a vida deste lugar..........Non nos gustaría ver un pobo sen as súas referencias que o vinculan coa historia que marcou o seu xeito de vida. Queremos un pobo vivo. Ir eliminando elementos referenciais é ir matando vida, pechando o futuro."

Agora vamos falar un pouco do que ía ser a referencia do artigo que é a clasificación do Muxía para a fase de ascenso a Primeira Galicia. O máis importante desta nova é que xa estamos salvados. Sinceramente despois do inicio de tempada non as tiñamos todas connosco e quizais na directiva tampouco porque houbo maruxía abonda despois da derrota en Camariñas ou iso se notou pola Arliña. 

Pero contra o pronóstico dun servidor saiuse adiante  e con bastante boa nota, entono o  mea culpa. Un sempre pide co tipo de xogadores que temos un medio que aguante o sitio como se di, é moi necesario,  algo que viñeron facendo os Adrián ou Pereira en anos anteriores e que terminou facendo Julián este ano, ou eso entendo dende a grada. Igual eso axudou, ou poñer a Xan de lateral deulle forza ao vestiario de ver como un menos habitual cumpría, dende fora todo son conxeturas, pero o equipo mellorou, cando menos en resultados iso é innegable.

Sei o nome das vacas pero non de gandería, aínda que algún que outro título de adestrador temos, certo é.

Incluso temos serias opcións de ascenso debido o ilóxico sistema de competición que lle vai a dar a intratable Esteirana tan so dous puntos de vantaxe sobre nos despois dunha liga perfecta. Calquer contratempo, calquer mal día pode tirar por terra a primeira fase inmaculada. Con once puntos máis co Muxía pasará a seguinte fase con tan solo dous. Por exemplo o ano pasado en Prata futsal feminina pasabas co coeficiente de puntos acadados, moito máis xusto cremos.

Unha fase na que nos vai tocar xogar contra o Castriz, Cabana e a saber entre Coristanco ou San Lourenzo, a priori non son equipos que fagan boas taquillas na Arliña pero vai ser divertido para os siareiros ou eso esperamos.

Para outro debate quedaría se nos interesa ou non subir. Non é o mesmo xogar co Tordoia que co Camariñas ou co Porteño. Por exemplo a entrada do día do Camariñas foi impresionante, hipóteses nada máis.

Por certo cun equipo quitando a dous puntais importantes coma Michael e Congui, pero que dous puntais,  en idade de afrontar novos retos se están dispostos a adestrar o que iso pide.


 

E cun futuro as portas que podería axudar entre os que temos na casa e os que están polo mundo. Como sempre dicímos se están xogando en categorías superiores, tendo minutos e sendo felices, que iso tamén é primordial, alí están ben. Para voltar sempre hai tempo como lles pasou no seu día aos Manu, Mauro, Victor, Adrián, Isma, ...... por certo saidos na maioría das EDM tan importante o deporte na base para crear futuro.

Pois agora temos polo mundo en categorías superiores aos Martín, aos irmáns Pose, Lucas, Manu, Kevin, Iago, Álex........ , moitos deles incluso tendo minutos importantes xa na Primeira Galicia. Incluso temos a Raúl Lema, este aínda en idade alevín, quédalle aínda para chegar, pero recentemente convocado ca Galega de futsal e fútbol. Pero tamén temos a moita xente do concello xogando en outros equipos coma os: Santi, Martinciño, Gerardo, Ruso, Rodri, Marce, Roi .... no Camelle, Agustín no Castrelo e Samu no Ameixenda e seguro que me esquenzo dalgún, sinto. 

Pero ningún  debe esquencer que o seu futuro está na educación, nos estudos e no traballo, do fútbol vive un entre moitos  millóns, que non se desvíen dese obxetivo. O fútbol utilizalo para  : " mens sana in corpore sano."

Como nos dicía futgal:

1. Anima ao teu fill@ non lle berres.
2. Respecta ao adestrador e as súas decisións.
3. Respecta aos árbitros, tamén están en fase de formación.
4. Non compares aos teus fill@s con xogadores estrela.
5. Lembra que o deporte é so un xogo.
6. Respecta aos xogadores e adestradores rivais.
7. Se o teu fill@ non ten un bo día dalle o teu apoio.
8. Non lle deas instrucións aos xogadores, para eso está o adestrador.
9. Non perdas a calma todo é aprendizaxe.
10. Os problemas do teu día a día quedan fora do pavillón.


Anteriormente:

Decembro 2021: Novo Arliña.

Xullo 2011: Padecer ou desaparecer.

Xullo 2011: Fotogalería.


No hay comentarios:

Publicar un comentario