miércoles, 9 de marzo de 2022

9M#

 Pois hoxe é 9M e como sempre digo para o día das Letras Galegas, todos os días son letras galegas, e tódos os días hai que apoiar neste caso o deporte feminino, en particular hoxe ao Real Madrid Feminino.



Sinceramente nos dende aquí debemos entonar o "mea culpa" xa que sempre tivemos en mente darlle visibilidade dende o blog pero a falla de tempo non por motivos persoais non o fixo posible. De feito a parte do primeiro equipo temos o resto de categorías bastante esquencidas. Temos pendente falar da canteira e dos problemas do Castela e tamén dos do basket e do Lolaso, a ver se nestes días nos vamos poñendo ao día. Aínda que falamos algo deles no Telexornal branco tampouco o necesario.

Pero a culpabilidade é compartida, por exemplo hoxe o feminino ten un partido chave vs o Atleti para o devir da tempada a partires das 19 horas, pero todo o protagonismo lévao o primeiro equipo vs PSG. De feito ata onde sabemos solo se pode ver a través de La Otra, hoxe a prensa xa se esquenceu do feminino vendeu o seu negocio onte e hoxe volta ao ostracismo e a falla de mercado.

Realmente no blog seguimos ao equipo feminino ao igual co resto de equipos do club, a través de RMTV ou da tele que dea o partido e a través das redes grazas a: ( las blancas, marina flash cardona ou isa regate en femenino, e as contas das que elas reciben info), pero non escribimos algo que hoxe polo menos trocamos, confiemos non ser igual co resto.

Este 9 de marzo o Real Madrid xoga o terceiro dos nove encontros do mes que marcarán o futuro do club. Partido importantísimo a domicilio no Wanda de Alcalá de Henares  para seguir vivos na loita pola terceira praza e a UWCL. 

Despois chegan o domingo en Liga as 12 horas e pola 1 de tve o intratable Barça que probablemente cantará o alirón con Madrid coma invitado de pedra. Mércores 16 toca o Levante en Copa coma visitantes a partires das 18:30  por TDP , o seguinte será o Granadilla o sábado 19 a partires das 15:45 coma locais. O martes día 22 volta a UWCL ca chegada do Barça ao Alfredo Di Stéfano a partires das 21:00 horas, o sábado 26 toca recibir de novo ao Levante desta vez en liga a partires das 12:00 horas, para rematar o mes ca visita ao Camp Nou o día 30 en UWCL a partires das 18:45 horas.

O bo do fútbol feminino é que a maioría dos partidos son en aberto polo tanto si un ten tempo pode tomar contacto co deporte sen dificultade algo que se agradece nestes tempos no que todo é de pago.

Un Real Madrid que dende a chegada de Alberto Toril deu un chimpo na clasificación e parece que mellorou ao denostado por tantas anterior adestrador. Leva sete triunfos seguidos en liga pero xógase todo en marzo, tanto clasificatoriamente coma en prestixio, xa que tres partidos fronte ao todopoderoso Barça e o resto fronte aos equipos punteiros poden marcar o futuro da sección. Un equipo pegado a Misa, Zornoza e Athenea como xogadoras chave dende a chegada de Alberto Toril.

Por certo uns apuntiños aos que din porque o Real Madrid non abre o Bernabéu ao feminino coma o resto de equipos en UWCL, igual non o sabe a xente pero a partir desta rolda é necesario ter o sistema VAR no estadio que se dispute o partido e claro coma sempre o único que o ten no seu habitual do feminino é o Real Madrid co cal os outros ou gastan o carto bravamente ou teñen que xogar no campo grande, información fresca. 

Coma sempre utilizan ao Madrid para o malo sen contrastar, cando hai apupos as xogadoras do feminino todos calados, cando hai apupos a Vini todos calados, cando hai apupos a Peter todos calados, a dobre vara de medir de sempre.

Con esto non quero dicir que a política de comunicación do club sexa boa, como sabemos é bastante mala para calquera dos equipos.

Cando remata o 8M hai que seguir apoiando ao deporte feminino, recoñecendo o seu esforzo, valorando seu camiño, celebrando os seus éxitos, como facíamos no pasado. A ver se dende aquí o tempo e as gañas nos fan falar un pouquiño do feminino.

Como di Aniña: " A Educación é fundamental para crear valores, conductas e hábitos que definen e constrúen as persoas dunha sociedade, para ter unha sociedade mellor será necesario ter unha educación óptima. So así sera posible seguir avanzando.".

P.d. O xuvenil xoga as 17 horas en RMTV, para ir pasando esta tarde invernal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario