jueves, 31 de marzo de 2022

Barca Toba. 2022.

 

Fai uns días recordábamos a través das redes as entrevistas que fixemos fai once anos e como os seguidores o solicitaron, falamos con Barca Toba que fora a primeira daquelas entrevistas no blog aló polo 2011,  para actualizarnos e ver se lle cambiou a vida.



Unha muxiana que tanto é terceira  ou cuarta no campeonato galego de contrareloxo os últimos anos, como disputa unha volta ciclista a Portugal. A vez  é subcampiona do circuito galego duatlón de estrada. A nivel de clubs terceira no campionato de España de clubs elite de duatlón.

Gañou xa dúas veces o Gran Fondo Ézaro, sendo a primeira muller en debutar e conseguir o triunfo, tamén venceu o Gran Fondo Ancares.  E moitos outros éxitos nas diferentes disciplinas que practica.

Este ano busca mellorar postos en duatlón  tanto a nivel nacional, como acadar o campionato a nivel galego.

Unha Barca que garda a maoiría dos seus trofeos e metais en Muxía nunha habitación  na casa familiar, algunha outra  tamén na Coruña onde vive. Os dorsais gardaos xunto coas aparicións na prensa seu pai nun albun que custodia coma ouro en pano.

Dalle a todo Barca, a ver que nos conta na entrevista.

- Sabemos que busca sponsor,si xa ten algún fálenos deles, publiciteos que o merecen?

Este ano teño a sorte de ter algún patrocinio, algunha axuda, aquí na Coruña a tenda de bicis Ciclos Quintena  bótame unha man en canto a reparación da bici, cambios que poda ter, arranxos a nivel mecánico e tamén a nivel de suplementación.

Teño tamén a oportunidade de tamén poder contar co apoio do Restaurante Son de Mar e Casa do Peixe de Muxía que se interesaron e quixeron colaborar a nivel de gastos que supoñe unha tempada de duatlón e ciclismo.

Sobre todo destacar  a súa axuda, que che boten unha man aínda que sexa pequena sempre axuda e motiva a seguir e darse conta que valoran o teu esforzó, entón destacalo e moi agradecida.



-Que cousas cambiaron e que cousas permanecen da Barca de fai 11 anos?

Risas, buff, eu penso que o único que cambio foi o deporte porque permanecer, permanece ese espírito de sacrificio , superación, competitividade. Sempre me considerei unha persoa moi competitiva que lle gusta ganar, pero todo a base de traballo, esforzó… Penso que eso é o que permance  ese espírito de sacrificio, loita, constancia… todo eso é o meu ADN que foi cando xogaba o fútbol sala, fútbol e ahora mismo igual, o único que cambiou sería o deporte que practico.

 

-Vostede foi das que abrío camiño na Costa. Agora é máis fácil ser muller e deportista ou sigue sendo igual de difícil?

Si, a ver, antes era máis difícil, si que é certo que os tempos cambiaron un montón pero aínda queda moitísimo, pero moitísimo por cambiar, as diferencias son aínda moi grandes pero si que é certo que a nivel de fútbol por exemplo eu cando empecei, empecei a xogar con homes, ahora mismo xogar con mulleres  é moito máis fácil, hai moitos equipos, as axudas tamén van crecendo.

A nivel de outros deportes, pois bueno, sigo habendo moitas diferencias, ser muller e deportista non é nada fácil, vivir desto moi poucas mulleres se poden permitir o luxo de vivir do deporte. Si é certo como digo  os tempos están cambiando i esperemos que sigamos nesta liña. Sobre todo abrindo camiño, dándolle a entender a sociedade que as mulleres tamén merecemos os mesmos dereitos que un home. Ao final esforzámonos o mesmo ca eles, horas de adestramento, competicións… necesitamos que todo esto vaia crecendo.



- Pareceunos ver  nunha foto que puxeron o seu nome nunha aula, é iso verdade?

Pois si, puxeron meu nome nunha aula e a verdade que me fixo moita ilusión. Nun dos coles no que estiven fai tres anos na Coruña, no CEIP San Jurjo de Carricarte e bueno como era o día da muller intentaron buscar pioneiras dos diferentes deportes e sobre todo da zona e consideraron oportuno darme ese mérito e a día de hoxe alí sigue a aula co meu nome. Fíxome moita ilusión e sobre todo ter unha aula co teu nome e que a sigan mantendo a pesar de que xa non estou nese cole, a verdade é que fai moita ilusión que recoñezan o meu traballo.

- “Tododeportista” como é pasou polo fútbol, futsal, atletismo, ciclismo…, individual, equipo, parella,…non sei se nos deixamos algo, que lle aporta ou aportou cada un?

Pois si, “tododeportista”, fútbol, fútbol sala, atletismo, ciclismo…. pois cada un apórtame. Eu considérome futbolista, esta claro que a miña vida foi marcada polo fútbol ata os 27 anos. Ao final o fútbol deume moitos valores e sobre todo deume moitas compañeiras, amigas máis ben.

En canto ao atletismo, ciclismo, déronme a conocer moita xente e sobre todo valores de esforzo, compañerismo, superación, todo o que che sole dar o deporte en si.

Eu considero o meu estilo de vida, entón bueno, apórtame moito, non considero a miña vida ahora mismo sin o deporte. Dende pequeniña practiquei deporte e non me vexo fora del, polo menos ahora. A largo prazo supoñe que me adicarei máis dende outro punto de vista, pero sempre practicando algo.

-Recordando once anos atrás, como lembra os tempos do Orzán que de feito foi o xerme do actual Depor feminino?

Os tempos do Orzán, a ver un pouquiño de nostalxia. Foron moi bos tempos, e alégrome que actualmente sexa o Depor feminino. O final alí todo o que empezamos, pois bueno, foi difícil pois éramos un equipo que se formou  pouco a pouco. Un dos primeiros equipos da Coruña. Tivemos a sorte de atopar un adestrador  que se implicou moito como foi Manu e eu todo o que podo recordar desa etapa é maravilloso. A verdade é que foi unha moi boa etapa e como digo alégrome que despois gracias a ir empezando aquí haxa un equipo referente como é o Depor.



- Que opina da creación do Real Madrid feminino, chegou tarde para  vostede, risas?

Risas, si que chegou tarde. Si que me fai ilusión que haxa cada vez máis equipos femininos e que os clubs grandes se estean a interesar pola parcela feminina. Por outra banda si que me entra un pouquiño de nostalxia de dicir, jo, porque non antes, pero bueno é parte da vida e non toca máis que aceptar e sobre todo iso que os clubs grandes vaian apostando por sección femininas, así debería ser.

- E do Fisober, un equipo feminino da Costa que chegou a estar cinco anos na categoría de Prata en dúas etapas diferentes?

Que dicir do Fisober, para min considero unha familia. Chegamos a estar efectivamente en Prata. Dicir que fixemos cousas que están ao alcance de moi poucos equipos porque solo podíamos adestrar un día a semana. Conseguimos ser campeonas de liga  Autonómica, conseguimos ascender a Prata, ir ao campeonato de España…todo esto con moi pouquiños recursos pero con moita ilusión. O final un grupo de amigas que fixo que o nome da Costa da Morte estivera a nivel nacional e penso que moi ben representado a verdade. Para min o Fisober  foi todo, a verdade é que épocas maravillosas tamén.



- Pensou algunha vez vivir unha pandemia, unha persoa tan activa coma vostede como fixo para non parar?

Non, nunca pensei vivir unha pandemia. Sinceramente eu paseino mal porque fixo que dera conta do tanto que me gustaba a competición, sobre todo a competición. Ter que parar, non saber cando volveríamos a competir, si que é algo que me fixo ver realmente que son máis competitiva incluso do que eu creía.

Seguín adestrando, como se podía na casa pero a base de meterle moita motivación, porque non había obxectivos e fíxose moi difícil, pero como digo gústame moito o deporte e intentei seguir adestrando na casa como se podía.

- Pensa que algún día será adestradora dalgún dos deportes que practica?

Non o sei a verdade. O de adestradora a día de hoxe non mo planteo porque prefiro seguir activa uns anos máis e a largo prazo podería ser, gústame moito o deporte e gústame motivar a xente a que o practique polo tanto non descarto que igual si me poidese adicar a adestrar, pero non o sei a vida da tantas voltas.

-Que espera deste 2022?

Eu solo lle pido sobre todo saúde, porque se non tes saúde non tes nada. Solo lle pido eso, ao final os obxectivos que buscamos a nivel deportivo si te lesionas ou tes calquer problema de saúde non se poden facer. Saúde e que manteña os que teño cerca, non pido máis.



Por certo quen queira patrocinar a Barca Toba pode poñerse en contacto con ela a través das súas redes sociais.


BARCA TOBA. 2011.

TÓDALAS ENTREVISTAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario