viernes, 17 de abril de 2020

Miña experiencia Covid.

Despois de máis dun mes na casa pois doume por escribir isto, estou xa nun punto que necesito escribir, debería ser o primeiro e o último sobre o tema :

No meu posto de traballo por cousas da vida tiña contacto con persoas de tódalas partes do mundo case a diario. Polo que o tema do Covid seguímolo na oficina dende o primeiro día, uns era o meu caso por exemplo  víamolo moi lonxano, outros máis precavidos non tanto. Pero todo cambiou  cando a finais de xaneiro se non recordo mal tivemos unha visita de varias persoas de Wuhan.

Dende ese día e grazas principalmente a dúas compañeiras moi preocupadas polo tema  fóronse implementando ca axuda da empresa  cada día máis medidas de prevención na oficina contra o virus. Elas foron moito por diante de nos e creo que nunca llo agradeceremos o suficiente. Xa dende o verán tíñamos xel desinfectante para o uso dos traballadores, polo cal non tívemos problemas con iso. As mascarillas e os guantes pois máis pero como íamos sempre por diante da " super demanda " pois non tíñamos "excesivos"  problemas en conseguir . Incluso conseguiron xunto ca empresa   unha charla de sanidade sobre o virus para os membros  que quixeran asistir.

Os problemas  chegaron os últimos días cando xa se vía vir o mar , nos que ademais outros departamentos da empresa se ían aprovisionando do que os " previsores " foran acumulando, " o que garda sempre ten " di miña avoa. Pero bueno non houbo problema algún de material mentras estiven na oficina.

Meu último día de traballo foi o día 12 de marzo, despois collía vacacións, das que xa  non regresei , aquí seguimos coma moitos na casa. Nos últimos días xa se extremaran as medidas de prevención  na oficina, pero sempre recordarei tres cousas dese día:

 Un enfermerio galego que traballa en GB dicir, que esaxerados esto é menos que unha gripe. Pensará o mesmo a día de hoxe ?  , cando supoño que estará en primeira liña.

 Un policia local facendo a "broma" de toser  para nos. Que dirá se llo fan a el agora ?

E os moitos que dicían, total solo morren os vellos. Non lle teñen cariño as persoas maiores ? Non teñen avós, nais, pais, seres queridos con problemas ?

O que vou, creo que sinceramente non éramos conscientes do que nos viña enriba. Tamén que temos un gran problema coma sociedade que non vai trocar co virus, non son optimista . E non me excluio, no problema, son parte desta sociedade e son parte do problema.

 Non somos unha sociedade de fiar e por esa razón non podemos saír un cacho a rúa si os cientificos o propuxeran claro, ou non poden saír os rapaces un cacho, ou non podemos ir ao monte andar un cacho. Porque nos dan un dedo e collemos todo o brazo. Poderíase  comezar a saír en zonas rurais ou en zonas pouco poboadas  con xeito,  pero protestarían uns e outros. Poderíase ir a facer deporte.  Podería montarse un sistema para saír por edificios ou rúas e cada un a unha zona diferente , pero non se pode porque a nosa sociedade non é de fiar, así de claro.  

Cada un que saque as súas propias conclusións. 

Que non crea que a sociedade vaia a cambiar, non quere dicir que non crea que vaiamos saír adiante, de cousas moito peores se saiu, Deus dea saúde que despois xa tiraremos para diante coma nosos avós, ou nosos pais que non decaeron e por iso estamos aquí, por iso non os debemos deixar atrás, eles son tan importantes ou máis ca nos, non o podemos esquencer.

Como di Julio Velasco na Teoría das excusas El mundo, para mí, se divide entre buenas y malas personas. Ésta es la división más importante. Luego entre las malas personas habrá, lamentablemente, ganadores y entre las buenas personas, claro, habrá quien pierda también.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario